Guía de procedementos e servizos

MT312A

Probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 30/07/2018 00:00 - 21/08/2018 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Convócanse, para o ano 2018, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

Calendario.

a) No ano 2018 realizaranse dúas convocatorias que terán lugar (preferentemente en sábado, domingo ou festivo) entre os períodos abranguidos entre:

– Primeira convocatoria: entre o 31 de marzo de 2018 e o 3 de xuño de 2018.

– Segunda convocatoria: entre o 6 de outubro de 2018 e o 2 de decembro de 2018.

b) As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentárense ás probas poderán facelo a calquera das convocatorias, ou ás dúas sucesivamente; igualmente, en calquera delas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995053 / 881995077

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.es

http://civ.xunta.gal/mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/07/2018 00:00 - 21/08/2018 23:59

Os prazos de presentación de solicitudes establécense do seguinte xeito: a) Primeira convocatoria: no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia / b) Segunda convocatoria: do 30 de xullo de 2018 ao 21 de agosto de 2018, incluídos ambos os dous días.

A non presentación da solicitude e a falta de pagamento da taxa en tempo e forma suporá a exclusión da persoa aspirante; igualmente, a consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación presentada polas persoas aspirantes dará lugar á súa exclusión, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O enderezo que se faga constar na solicitude considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva da persoa solicitante tanto o erro na súa consignación como a comunicación á Dirección Xeral de Mobilidade de calquera cambio del.

Para poder participar nas probas de xestor de transporte será preciso ter residencia habitual en Galicia antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Para tal efecto, presumirase que a residencia habitual da persoa aspirante está no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:

– Que a persoa aspirante acredite que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios.

– Que a persoa aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigada por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

    • As persoas interesadas deberán achegar, dentro do prazo previsto no punto 5 desta Resolución, coa solicitude (axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución) a seguinte documentación:

      • Impreso de autoliquidación de taxas polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

      • Documentación xustificativa de padecer unha discapacidade, para efectos de solicitar posibles adaptacións para realizar as probas, no caso de que o órgano que realiza tal recoñecemento non dependa da Xunta de Galicia.

      • De ser o caso, documentación que acredite que se viu obrigada a cambiar de residencia en Galicia por razóns familiares ou profesionais (por exemplo, achegarase certificado do centro de traballo ou copia do contrato de traballo).

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  •  Comprobación de datos.

a) Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • Certificado de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

  • Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia.

b) No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

c) Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 27 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (DOG nº 51 do 13 de marzo de 2018).

    • Resolución do 26 de abril de 2018, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios (DOG nº 88 do 8 de maio de 2018).

    • Resolución do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se anuncia a exposición das listas definitivas de admitidos e excluídos para realizar as probas.

    • Relación DEFINITIVA de ADMITIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.

    • Relación DEFINITIVA de EXCLUIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.

    • Relación DEFINITIVA de ADMITIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.

    • Relación DEFINITIVA de EXCLUIDOS na 2ª CONVOCATORIA das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, convocadas pola Dirección Xeral de Mobilidade mediante resolución de data 27 de febreiro de 2018.

    • Resolución do 2 de novembro de 2018, do tribunal designado para cualificar as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización dos exercicios (DOG nº 215 do 12 de novembro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano