Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS623D
Convocatoria subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Política Social e Igualdade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas para a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, cuxo obxecto sexa o sinalado no artigo 5 desta orde.
2. O procedemento será tramitado en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Programas e actuacións subvencionables.
As subvencións destinaranse a programas de interese xeral que teñan fins de carácter social. O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a continuación, segundo a tipoloxía de cada programa:
a) Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
b) Liña II. Actuacións de inclusión social.
c) Liña III. Actuacións destinadas á atención, promoción da autonomía persoal e apoio das persoas maiores ou a persoas con discapacidade.
d) Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou a persoas con discapacidade.
e) Liña V. Actuacións destinadas á xuventude.
f) Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social e a Cruz Roja Española.
Obrigas das entidades beneficiarias.
1. Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as entidades beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a:
a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.
c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
d) No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, destinar os ditos bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un prazo que non pode ser inferior a cinco anos, no caso de bens susceptibles de inscrición nun rexistro público nin a dous anos para o resto de bens.
e) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
f) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
i) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.
j) Ter subscrita unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.
k) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
l) Calquera outra obriga imposta ás beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta orde.
2. Os servizos da Consellería de Política Social poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade
Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Email: ceroseteirpf@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
26/09/2018 00:00 - 05/11/2018 23:59
Amplíase o prazo para a presentación das solicitudes computando o prazo dun mes a partir da publicación da Orde do 28 de setembro de 2018 no Diario Oficial de Galicia.
a) Estar legalmente constituídas con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. A/as entidade/s solicitante/s deberá/n de estar inscrita/s no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), no Rexistro de Entidades Xuvenís ou ben no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes establecido no artigo 7.3. En todo caso, a entidade deberá de estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.
b) Carecer de ánimo de lucro. Para estes efectos, acreditarase que non reparten beneficios, que no caso de liquidación ou disolución desta o seu patrimonio se destina a fins sociais e que os membros do seu padroado e/ou órgano de goberno desenvolven o seu cometido con carácter gratuíto de conformidade co disposto nos seus estatutos e co disposto nos puntos 2, 5, 6 e 10 do artigo 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Ter entre os seus fins institucionais recollidos nos seus estatutos a realización das actividades consideradas subvencionables de acordo co establecido no artigo 5.
f) As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico deberán de solicitar as axudas a través de estas.
g) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materias necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no parágrafo anterior.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención a aplicar a cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.
Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
As entidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria de cada programa respecto do que se solicita subvención (anexo III).
b) Memoria do Investimento (anexo IV), se é o caso.
c) Documento específico para valoración das entidades (anexo V).
d) Documento específico para valoración dos programas (anexo VI).
e) No caso de agrupacións sen personalidade xurídica, documento dos compromisos de execución asumidos por cada membro, e o importe da subvención que se vai aplicar a cada un.
f) Estatutos da entidade debidamente legalizados.
g) Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade para o caso de que esta se atribúa a persoa distinta á designada no rexistro administrativo da Comunidade Autónoma ou que no dito rexistro esta se atribúa a persoa distinta á designada.
h) Documentación acreditativa dos requisitos establecidos no anexo I:
1º. Para a liña II:
1.1º. Declaración responsable de atoparse as persoas beneficiarias en risco ou situación de exclusión social.
1.2º. Para os programas que se realicen en centros penais, autorización da dirección dos centros de que se trate.
2º. Para a liña IV:
2.1º. Execución de obras:
2.1.1º. Documento acreditativo de titularidade suficiente sobre o inmoble, contrato de arrendamento ou documento de cesión, segundo o caso.
2.1.2º. Proxecto ou anteproxecto de obras.
2.1.3º. Informe sobre viabilidade urbanística e acreditación da posibilidade legal de obter licenzas e permisos necesarios.
2.1.4º. En caso de proxectos de investimentos financiados en convocatorias anteriores:
2.1.4.1º. Declaración do representante da entidade de que o proxecto non sufriu reformas nin revisións ou variacións no prezo inicial.
2.1.4.2º. Certificado do director facultativo relativo á execución da obra realizada, ou do representante legal da entidade executante, se é o caso.
2.1.4.3º. Memoria sobre a execución dos investimentos e o grao de cumprimento dos obxectivos previstos, á data de publicación da convocatoria.
2.2º. Adquisición de bens inmobles:
2.2.1º. Orzamento detallado.
2.2.2º. Certificado do taxador independente debidamente acreditado, inscrito no correspondente rexistro oficial ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, no que se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado.
2.3º. Adquisición de subministracións, equipamentos ou vehículos.
2.3.1º. Orzamento da casa subministradora, con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar.
3º. Para a liña VI:
3.1º. Declaración responsable de subscribir contrato de seguro de responsabilidade civil e accidentes que cubra as persoas voluntarias durante a duración do programa.
Comprobación de datos.
1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As entidades deberán achegar a solicitude segundo o modelo normalizado que figura como anexo II dirixida á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, á que se acompañará a documentación complementaria indicada no artigo seguinte. A súa presentación implica a aceptación da totalidade de prescricións previstas nesta orde, así como na demais normativa aplicable.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Na solicitude, anexo II, asinada polo/a representante da entidade, deberán figurar datos identificativos e acreditativos de determinados aspectos sinalados nesta orde e demais normativa aplicable:
a) Identificación do solicitante, do/da representante, enderezo para notificacións, datos bancarios e identificación da persoa para as funcións de coordinación e comunicación.
b) Os datos do/dos programa/s respecto do/dos que se solicita subvención: denominación, código de prioridade, colectivo destinatario e importe solicitado.
c) Declaracións sobre:
1º. Outras subvencións solicitadas ou concedidas, veracidade dos datos, inexistencia de causa que implique prohibición para ser beneficiario, cumprimento de requisitos, coñecemento de obrigas e acordo coas actuacións de control.
2º. Condicións do persoal contratado que vai participar no proxecto: inexistencia de sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual que inclúe a agresión e o abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, en aplicación do artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil, así como que as persoas voluntarias que van participar nel e que estean relacionadas con menores de idade non teñen antecedentes penais non cancelados por delitos de violencia doméstica ou de xénero, por atentar contra a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou a liberdade e indemnidade sexual do outro cónxuxe ou dos/das fillos/as, ou por delitos de tráfico ilegal ou inmigración clandestina de persoas, ou por delitos de terrorismo en programas cuxas persoas destinatarias fosen ou poidan ser vítimas destes delitos, en aplicación do previsto no artigo 8.4 da Lei 45/2015, do 14 de outubro, do voluntariado.
d) Indicación da documentación complementaria que se xunta e, se é o caso, constancia dos datos relativos a documentos achegados anteriormente con indicación do tipo, órgano administrativo ante o que se presentou, código de procedemento e data de presentación e/ou manifestación da oposición á consulta dos documentos sinalados no artigo 9.1. desta orde.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada situada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Memoria explicativa sobre o investimento obxecto da solicitude de subvención (Anexo IV)
- Memoria explicativa sobre o programa, actividade, proxecto obxectivo da solicitude de subvención (Anexo III)
- Información para a valoración dos programas (Anexo VI)
- Información para a valoración das entidades (Anexo V)
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2018)
-
Extracto da Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 183 do 25 de setembro de 2018).
-
Orde do 28 de setembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 12 de setembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 190 do4 de outubro de 2018).
-
Extracto da Orde do 28 de setembro de 2018 pola que se modifica a Orde do 12 de setembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 190 do 4 de outubro de 2018).
-
Corrección de erros. Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 194 do 10 de outubro de 2018).
-
Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Consellería de Política Social (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2018).
-
Resolución do 31 de decembro de 2018 respecto das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, ao abeiro da Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado por esta consellería (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano