Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI438A
Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Esta resolución ten por obxecto convocar, para a anualidade de 2017, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (en diante, Fondo de cooperación), así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el.
Características das actuacións que se van financiar.
1. Con cargo ao Fondo de cooperación poderán financiarse, total ou parcialmente, as seguintes actuacións:
a) As promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a lexislación urbanística en relación cos deberes de conservación e rehabilitación.
b) As de rehabilitación e rexeneración urbanas realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construído.
c) A adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación.
2. Poderanse financiar as actuacións iniciadas con carácter previo á presentación da solicitude de acceso ao financiamento, sempre que estean en execución nesa data.
3. As actuacións obxecto de financiamento deberán executarse no prazo máximo de catro (4) anos, nos supostos previstos nas letras a) e b) do número 1, e de dous (2) anos, para os casos establecidos na letra c). Estes prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da data de sinatura do correspondente convenio de financiamento.
Poderán acceder ao financiamento a través do Fondo de cooperación os concellos de menos de 50.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do Padrón municipal de habitantes no 1 de xaneiro de 2017, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Secretaría Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda
Área Central, s/n. Polígono Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981 / 981541982 / 981957529
Fax: 981541927
Prazo de presentación: PECHADO
12/07/2017 00:00 - 31/10/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
1. Ningún concello poderá presentar unha ou varias solicitudes de disposición de fondos que, individualmente ou conxuntamente, excedan o 25 % do total do importe con que está dotado o Fondo de cooperación. Non se admitirán aquelas solicitudes que superen o dito límite.
2. O prazo para a reposición das cantidades percibidas con cargo ao Fondo de cooperación será o establecido na resolución de aprobación do financiamento, sen que poida exceder oito (8) anos, contados desde o día seguinte ao da data da formalización do correspondente convenio.
3. O importe que vai repoñer o concello en cada anualidade non poderá ser inferior ao 10 % do importe total transferido.
Os concellos que desexen acceder ao Fondo de cooperación deberán presentar unha solicitude que deberá ir dirixida á Dirección Xeral do IGVS, segundo o modelo que figura como anexo I a esta resolución.
No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas.
As solicitudes deberán presentarse por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Nestes casos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Xunto coa solicitude, achegarase a seguinte documentación:
a) Certificado do acordo municipal de solicitar o acceso ao Fondo de cooperación, en que se indique a actuación obxecto de financiamento, o importe solicitado, unha proposta do prazo de reposición da cantidade solicitada, o importe que se vai satisfacer con cargo ás distintas anualidades e a designación da persoa habilitada para realizar os trámites ante a Administración.
b) Memoria descritiva da actuación para a cal se solicita o financiamento, asinada polo correspondente responsable municipal, na cal se detalle o orzamento total, desagregado coas correspondentes partidas de obras; o seu prazo de execución ou, de ser o caso, a data para a adquisición do inmoble, así como toda a información que permita constatar que a actuación constitúe un dos supostos de financiamento previstos no ordinal cuarto.
c) Xustificación do órgano municipal competente da proposta do prazo de reposición da cantidade solicitada, de acordo co principio de sostibilidade financeira.
d) Compromiso asinado polo órgano municipal competente de permitir a compensación e retención das achegas vencidas e non ingresadas con cargo ao Fondo de Cooperación Local, para o caso de que non se reintegren as cantidades nos prazos previstos na resolución e no posterior convenio de financiamento.
e) Compromiso asinado polo órgano municipal competente de incluír nos orzamentos dos exercicios seguintes, con cargo aos ingresos correntes, os importes das anualidades previstas na resolución e no posterior convenio de financiamento.
f) Compromiso asinado polo órgano municipal competente de non compensar as amortizacións pendentes coas contías que, por calquera outro concepto, puidese deberlles a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou as entidades públicas instrumentais pertencentes ao seu sector público.
g) Para o caso de adquisición dun inmoble, compromiso asinado polo órgano municipal competente de que aquel vai ser obxecto de rehabilitación.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para o caso de que algún dos concellos presente a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que o faga electronicamente. Nestes casos, considerarase como data de presentación da documentación complementaria aquela en que fose presentada por vía electrónica.
Para o caso de que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
Os concellos interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o IGVS poderá requirirlles a exhibición dos documentos orixinais para o seu cotexo coas copias electrónicas presentadas.
No caso de que os documentos que se presenten superen os tamaños máximos establecidos na sede electrónica ou teñan un formato non admitido por esta, deberán seguirse, para os efectos da súa presentación, as instrucións que figuran no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/documentacion-de-gran-tamano.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os seguintes datos elaborados polas administracións públicas:
a) Número de identificación fiscal (NIF) do concello.
b) Datos de identidade da persoa representante (documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro), no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Función Pública.
2. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3. Cando as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar no correspondente cadro habilitado para tal efecto na solicitude e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).
-
Resolución do 20 de setembro de 2016 pola que se crea o Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (DOG nº 182 do 23 de setembro de 2016).
-
Resolución do 3 de xullo de 2017 pola que se convoca, para a anualidade de 2017, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (DOG nº 131 do 11 de xullo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Participación no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.
Aberto todo o ano
Incorporación de parcelas ao Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.
Aberto todo o ano
Obter a condición de concello colaborador no Programa Fogar Vivo
Prazo aberto: 11/07/2025 00:00 - 31/12/2028 23:59
Procedemento especial de innovación tipolóxica e construtiva.
Aberto todo o ano