Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI433B
Procedemento especial de innovación tipolóxica e construtiva.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Nos casos previstos no punto anterior enténdese por condicións de habitabilidade os requisitos funcionais que deben reunir as edificacións para que poidan ser destinadas ao uso de vivenda.
Este decreto incorpora no seu anexo I as normas de habitabilidade de vivendas (NHV-2010) que se aproban mediante esta disposición.
Ámbito de aplicación.
Todas as vivendas de nova construción, así como as que sexan obxecto ou resultado de obras de ampliación ou rehabilitación no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deberán cumprir as determinacións recollidas neste decreto.
Para os efectos do previsto neste decreto, establécense as seguintes definicións :
A) Vivenda exterior: é aquela vivenda que cumpre as determinacións do planeamento ou, no seu defecto, deste decreto no que respecta ás condicións que deben reunir os espazos exteriores a través dos cales ventilen e iluminen determinadas estancias das vivendas.
B) Edificacións de nova construción: son aquelas edificacións que se constrúan en soares baleiros. Non serán consideradas edificacións de nova construción aquelas construcións levantadas sobre un soar no cal existía unha edificación cuxa fachada se conserva, aínda que se produza o baleirado da edificación orixinal.
C) Actuacións de innovación tipolóxica e construtiva: para os efectos deste decreto, consideraranse actuacións de innovación tipolóxica e construtiva aquelas actuacións que teñan por obxecto a construción de vivendas novas que, polas especiais características dos seus futuros usuarios, requiran unha resposta alternativa aos modelos tradicionais de utilización das vivendas e/ou prevexan a utilización de materiais e solucións construtivas innovadoras, diferentes dos sistemas habitualmente empregados na construción de edificios ou vivendas.
D) Soar residual: enténdese por soar residual aquel soar que cumpre as dúas condicións seguintes:
1. Resulta imposible incrementar a súa superficie mediante a agregación das parcelas contiguas por algunha das seguintes causas:
a) Non o permite a lexislación sectorial, de protección de patrimonio ou urbanística.
b) As parcelas contiguas están xa edificadas.
2. A súa superficie ou dimensións non permiten o cumprimento íntegro das determinacións destas normas dunha forma razoable como consecuencia:
a) De que a configuración do soar non permite a condición de vivenda exterior, xa que é imposible que a estancia maior e outra estancia vivideira dean á fachada ou a espazo exterior.
b) De que a superficie edificable do soar, descontando a superficie das escaleiras e elementos comúns do edificio, non permite a construción dunha vivenda por planta de superficie útil maior ou igual a 50 m2.
Innovación tipolóxica e construtiva
Actuacións de innovación tipolóxica e construtiva.
1. Para permitir a aparición de novas solucións innovadoras dirixidas a determinados colectivos específicos e/ou novos programas funcionais, así como potenciar a creatividade arquitectónica e a investigación que dea lugar a vivendas experimentais dun alto grao de creatividade, establécese un trámite especial para as promocións de vivendas que prevexan solucións de innovación tipolóxica e construtiva, no campo tanto da obra nova como da rehabilitación.
2. Cando unha actuación teña entre os seus obxectivos algunha das premisas indicadas no punto anterior, as persoas promotoras, tanto públicas como privadas, poderán solicitar a aplicación dun procedemento especial de innovación tipolóxica e construtiva que suporá a non aplicación íntegra destas normas de habitabilidade de vivendas.
Unha vez analizada a solicitude, o director xeral do IGVS resolverá sobre a procedencia de tramitar o expediente no procedemento especial regulado neste capítulo.
Unha vez recibida a resolución de aceptación do trámite especial, o promotor disporá dun prazo de 6 meses para presentar no IGVS o proxecto básico das vivendas.
Tras analizar o proxecto, o Comité Asesor de Habitabilidade emitirá un informe relativo á procedencia de exceptuar o cumprimento da normativa de habitabilidade.
Á vista do informe do Comité Asesor de Habitabilidade, o director xeral do IGVS ditará a resolución correspondente sobre a autorización da excepción do cumprimento da normativa de habitabilidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do NIF, DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Memoria descritiva da actuación xustificativa das condicións que motivan o incumprimento do Decreto 29/2010 na que se recolla a descrición da actuación que se pretende realizar, os aspectos da normativa de habitabilidade incompatibles coa actuación, a xustificación do carácter innovador da actuación relativo a tipoloxía arquitectónica e/ou construtiva, as medidas alternativas a adoptar no proxecto para garantir axeitadamente as condicións de habitabilidade e as condicións urbanísticas de aplicación.
Planos de emprazamento, plantas, alzados e seccións (acotados).
Anexo fotográfico da parcela e entorno.
Outros documentos (fichas de materiais, características de sistemas construtivos, etc...).
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia (DOG nº 53 do 18 de marzo de 2010).
-
Correción de erros.-Decreto 29/2010, do 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia (DOG nº 122 do 29 de xuño de 2010).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Depósito de fianzas de arrendamento.
Aberto todo o ano
Cancelación de fianza de arrendamento.
Aberto todo o ano
Concesión do réxime de concerto para o depósito de fianzas.
Aberto todo o ano