Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI436A
Depósito de fianzas de arrendamento.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Este decreto ten por obxecto regular, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o desenvolvemento da obriga legal do depósito das fianzas dos contratos de arrendamento de predios urbanos que se destinen a vivenda ou a uso distinto do de vivenda, así como as fianzas que por calquera concepto se lle exixan ás persoas abonadas a subministracións ou servizos, na formalización de contratos que afecten as vivendas e demais predios urbanos.
Obriga de depósito.
1. As persoas arrendadoras e subarrendadoras de predios urbanos, trátese de arrendamentos de vivenda ou de arrendamentos para uso distinto do de vivenda, deberán depositar no Instituto Galego da Vivenda e Solo as fianzas en metálico e as súas correspondentes actualizacións, percibísenas ou non dos arrendatarios ou arrendatarias, nos supostos en que sexan exixibles pola lexislación de arrendamentos urbanos e pola lexislación autonómica na materia.
2. Igualmente e de conformidade co disposto na Lei de vivenda de Galicia, as empresas, entidades ou administracións públicas que presten subministracións ou servizos, calquera que sexa o seu número de persoas abonadas e a importancia dos núcleos de poboación, deberán depositar as fianzas que por calquera concepto exixan aos abonados e/ou abonadas na formalización de contratos que afecten as vivendas e demais predios urbanos.
3. O depósito da fianza deberá manterse durante toda a vixencia do contrato tanto de arrendamento como de subarrendamento, nos termos establecidos neste decreto.
4. Exceptúanse da obriga do depósito de fianza os arrendamentos dos predios urbanos en que figure como arrendataria calquera das administracións públicas, así como os organismos autónomos, entidades de dereito público e os demais entes públicos dependentes dela, cando a renda sexa satisfeita con cargo aos seus respectivos orzamentos.
Igualmente estarán exceptuados da obriga de depósito os arrendamentos de tempada de duración igual ou inferior a un mes.
Contías para depositar.
1. As contías para depositar serán as seguintes:
a) Nos arrendamentos de vivendas de duración igual ou superior a un ano, o importe da fianza será unha mensualidade da renda pactada.
b) No arrendamento para uso distinto de vivenda, de conformidade co disposto na Lei de arrendamentos urbanos, o importe da fianza será de dúas mensualidades da renda pactada para o contrato de arrendamento.
c) Nos arrendamentos de industria ou negocio, cando impliquen tamén arrendamentos de local ou vivenda, a contía da fianza que se deberá depositar será equivalente a dúas mensualidades do aluguer estipulado.
d) Nos arrendamentos de vivendas de tempada de duración superior a un mes e inferior a un ano, o importe da fianza será a parte proporcional que corresponda en atención ao seguinte cálculo:
I. Contratos subscritos por períodos mensuais:
Dúas mensualidades de renda × nº de meses de duración : Doce meses
II. Contratos subscritos por días:
Dúas mensualidades de renda × nº de días : 365 días
Nos arrendamentos de vivendas por tempada entenderase que a fianza depositada queda automaticamente renovada por prórrogas sucesivas cun límite máximo de once mensualidades.
e) No suposto das fianzas de subministracións ou servizos, o importe será o exixido ás persoas abonadas pola empresa subministradora.
2. Unha vez transcorridos os primeiros cinco anos de duración do contrato, de actualizarse o importe da renda deberase proceder tamén á actualización da fianza. Os arrendadores ou arrendadoras deberán notificar este feito ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, e depositar a diferenza entre o importe depositado no seu día ata o importe actualizado ou, de ser o caso, solicitar a devolución do importe depositado no seu día ata a contía da actualización
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981-957791 / 541997
Email: fianzas.igvs.santiago@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981-182526 / 182234
Email: fianzas.igvs.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Oficina do IGVS en Ferrol
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 Ferrol (Coruña, A)
Teléfono: 981-337161 / 337164
Email: fianzas.igvs.ferrol@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982-294641 / 294945
Email: fianzas.igvs.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Progreso, 117, baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988-386863 / 387734
Email: fianzas.igvs.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Alcalde Hevia, 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986-805631
Email: fianzas.igvs.pontevedra@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Oficina de Vigo: Negociado, Habilitación, Fianzas e Coordinación Administrativa
Praza da Estrela, s/n
36021 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986-817577 / 817576
Email: fianzas.igvs.vigo@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Autoliquidación segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
Autorización para realizar o depósito en representación da persoa propietaria, se e o caso.
Contrato de aluguer para su comprobación por parte de la administración.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2011).
-
Corrección de erros. Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 98 do 23 de maio de 2011).
-
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos (BOE nº 282, de 25 de novembro de 1994).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59