Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI426G
Obter a condición de concello colaborador no Programa Fogar Vivo
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Obter a condición de concello colaborador do Programa Fogar Vivo.
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Axudas e Vivenda
Area central . Poligono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881 999 016/ 981 541 982/ 981 957 886/ 981 541 557
Email: tramites-fomento.igvs@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
11/07/2025 00:00 - 31/12/2028 23:59
Os concellos que queiran obter a condición de entidade colaboradora do Programa poderán solicitalo desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Este prazo rematará o 31 de decembro de 2028, salvo que, con anterioridade á dita data, se poña fin ao Programa mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Solicitude para obter a condición concello colaborador
Os concellos que queiran obter a condición de entidade colaboradora do Programa presentaran as solicitudes obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, (anexo VI)
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder do IGVS ou elaborados polas administracións públicas, excepto que o concello interesado se opoña á súa consulta:
a) NIF do concello solicitante.
b) DNI, NIF ou, de ser o caso, NIE da persoa representante.
2. No caso de que a persoa ou o concello interesado se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os respectivos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa ou da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar aos concellos interesados a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que o concello deba realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá do concello interesado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 3 de xullo de 2025 pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual (DOG nº 131 do 10 de xullo de 2025).
-
Extracto da Resolución do 3 de xullo de 2025 pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual (DOG nº 131 do 10 de xullo de 2025).
-
Resolución do 1 de outubro de 2025 pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas para a adecuación e a reparación das vivendas da Resolución do 3 de xullo de 2025, pola que se regula o programa Fogar Vivo e se establecen as bases reguladoras das súas axudas (código de procedemento VI426F), se regula o procedemento para obter a condición de concello colaborador (código de procedemento VI426G), se establece o réxime transitorio dos programas de mobilización de vivendas para alugamento e se procede á convocatoria das axudas do programa Fogar Vivo para o ano 2025, con financiamento plurianual (DOG nº 197 do 13 de outubro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Fondo de cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción (código do procedemento VI406I).
Prazo aberto: 06/04/2026 09:00 - 15/10/2026 14:00
Participación no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.
Aberto todo o ano
Incorporación de parcelas ao Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.
Aberto todo o ano
Inscrición obrigatoria no censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano