Guía de procedementos e servizos

VI420D

Participación no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

Regular o procedemento para a participación das entidades locais no programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Entidades locais.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Dirección Técnica de Solo Residencial

Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541915

Email: dx.igvs@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Secretaría Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda

Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999016

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e estará aberto de xeito permanente para facilitar a máxima participación no programa.

Vixésimo sexto. Eficacia desta resolución.

Esta resolución producirá efectos a partir do día hábil seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 12 de maio de 2025.

Solicitudes.

1. As solicitudes de participación no programa e de incorporación de parcelas presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa e/ou entidade interesada se opoña:

a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) da persoa representante.

b) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas e/ou entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario pertinente e achegar o documento.

3. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa e/ou entidade interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas e/ou entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude, tanto no procedemento de participación no programa como no de incorporación de parcelas, deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).

    • Resolución do 30 de abril de 2025 pola que se regula o Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida e se dá publicidade do convenio para asinar entre este instituto e as entidades locais (códigos de procedemento VI420D e VI420E) (DOG nº 88 do 9 de maio de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

VI420E

Incorporación de parcelas ao Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI426A

Inscrición obrigatoria no censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI426B

Inscrición voluntaria no censo de vivendas baleiras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI426D

Acreditación para obter a condición de entidade colaboradora no Programa de Mobilización de Vivendas para o Alugamento.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 04/10/2022 00:00 - 31/12/2025 23:59