Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR352A
Subvención para entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas traballadoras desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3 da orde, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítima de violencia, para a realización de servizos de interese xeral e social (procedemento TR352A) co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
*
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítima de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro.
Entidades sen ánimo de lucro inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais na data de publicación da convocatoria, que establezan accións específicas de conformidade coa súa escritura pública e/ou cos seus estatutos para a inserción, preferentemente, das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social, sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Programas de Cooperación
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544714 / 981957737
Fax: 981544659
Prazo de presentación: PECHADO
26/08/2016 00:00 - 15/11/2016 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítima de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro. *
a) Teren personalidade xurídica e capacidade de obrar e estaren debidamente inscritas no correspondente rexistro público.
b) Dispoñeren de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.
- Para os efectos do disposto na alínea b) do parágrafo anterior, presumirase que as entidades dispoñen de capacidade técnica e de xestión suficiente cando concorran, cando menos, dúas das seguintes circunstancias:
a) Que dispoñan dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sede social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que outorgasen a escritura de constitución e/ou dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.
b) Que sexan titulares dun contrato de telefonía fixa no citado local.
c) Que tivesen contratado por conta allea, por máis de seis meses, algún traballador ou traballadora nos últimos tres anos, sen que se poidan computar as persoas contratadas, nese período, mediante as axudas e subvencións correspondentes aos programas e medidas das políticas activas de emprego.
1. Xunto co formulario de solicitude, deberá anexarse a seguinte documentación que, nos casos recollidos no número 2 do artigo 8, poderá identificar a entidade solicitante como información accesible, de xeito que a Secretaría Xeral de Emprego poderá acceder á dita documentación sen que sexa presentada pola entidade solicitante:
a) Copia do NIF da entidade solicitante, no caso de denegar expresamente a súa consulta para a súa verificación a traves do servizo de interoperabilidade correspondente no formulario de solicitude.
b) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria ou acta onde se determine a dita representación.
c) Copia da escritura pública e/ou dos estatutos de constitución vixentes da entidade solicitante nos cales resulte acreditada a ausencia de ánimo de lucro.
d) Memoria global dos servizos que se van realizar co detalle do perfil das persoas desempregadas que se pretenden contratar, no modelo que se publica como anexo II.
2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que conten e que fai constar os aspectos seguintes:
a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especificamente o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
b) A ausencia de ánimo de lucro.
c) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
d) O cumprimento dos requisitos previstos para obter a condición de entidade beneficiaria da subvención a que se refire o número 2 do artigo 3 da convocatoria, relativos á súa capacidade tecnica e de xestión.
e) A disposición de financiamento suficiente para financiar os custos do proxecto que terán que ser asumidos pola entidade, de ser o caso.
f) O nivel de inserción laboral dos participantes en exercicios anteriores a que se refire o artigo 10.4.b).
g) Que a entidade solicitante se obriga a presentar ante a Secretaría Xeral de Emprego, logo de petición, a documentación acreditativa dos aspectos a que se refire a declaración responsable.
h) Que as copias dos documentos sinalados nas letras a) e c) do punto anterior coinciden cos orixinais, poranse á disposición da Administración actuante para achegales cando se lle requiran.
3. Se do exame do expediente se comprobase que a documentación non reúne os requisitos necesarios, e insuficiente ou non se achega na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, darase por desistida da súa petición, logo da correspondente resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 da citada lei.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo III
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 5 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2016).
-
Resolución do 15 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio, e se procede á convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 158, do 23 de agosto de 2016) (DOG nº 12 do 17 de xaneiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano