Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF304A
Visado de autorizacións de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Os titulares de autorizacións de transporte da clase MPC deben someter estas a un proceso de visado periódico, de acordo co calendario regulamentariamente establecido pola administración de transportes. O órgano competente para realizar o visado é o Servizo de Mobilidade da provincia que corresponda
As autorizacións non visadas dentro de prazo entenderanse caducadas e serán dadas de baixa.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Alcalde Pérez Arda, 4
15006
Teléfono: 881881003
Fax: 881881000
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Mobilidade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294421
Fax: 982294389
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Mobilidade de Ourense
R/ Valente Docasar, 2 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687307 / 988687308
Fax: 988687303
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Mobilidade de Pontevedra
Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206008 / 886206007
Fax: 886206026
Prazo de presentación: PECHADO
02/05/2016 00:00 - 14/07/2019 23:59
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Común para todas as clases de autorización:
- Documento xustificativo de ter aboada a taxa.
- Anexo II - Autorización dos traballadores da entidade solicitante para comprobar os datos acreditativos da alta da Seguridade Social.
No caso de non autorizar a súa consulta deberán achegar o certificado correspondente por cada traballador.
- Copia do NIF de persoa xurídica, só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Documento acreditativo da alta actual no imposto de actividades económicas, con identificación do epígrafe correspondente, da entidade solicitante só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Estatutos ou escritura de constitución da sociedade.
Autorización de MPC privado:
- Documentación do(s) vehículo(s) a adscribir á autorización (mínimo 1): ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Documento xustificativo do volume de transporte autorizable (acorde co volume de mercadorías adquiridas e producidas pola empresa, así como co número dos seus clientes e provedores).
Autorización de MDL público lixeiro (ata 3.500 kg MMA):
- Documentación do(s) vehículo(s) a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Documento acreditativo de dispoñer de dirección e sinatura electrónica, así como do equipo informático necesario para documentar a distancia o contrato e outras formalidades mercantís cos seus clientes.
Autorización de MDL público lixeiro (mais de 3.500 kg MMA) e MDP pesado:
- Documentación do(s) vehículo(s) a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Documento acreditativo de dispoñer de dirección e sinatura electrónica, así como do equipo informático necesario para documentar a distancia o contrato e outras formalidades mercantís cos seus clientes.
- Documento xustificativo da idoneidade do xestor de transporte para aportar a competencia profesional (escritura de constitución con indicación da porcentaxe mínima de participación: 15 %) ou acreditación dos poderes de representación e de disposición de fondos así como alta no rexime da Seguridade Social que corresponda como persoal directivo.
- Documento acreditativo da capacidade económica (9.000 euros o 1º vehículo, 5.000 euros cada vehículo adicional): persoa física, pódese acreditar coa certificación da entidade financeira que acredite este extremo, ou declaración responsable acompañada de documentación contable, fiscal que avale esta declaración...; persoa xurídica, acredítase coas contas anuais ou imposto de sociedades (capital social mais reservas); Libro de inventarios e contas anuais da empresa; copia do balance do último exercicio recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa; certificación expedida polo secretario do consello de administración ou órgano equivalente da empresa, co visto e prace do seu presidente, acreditativa do contido das anotacións relativas a capital social e reservas que figuren no balance recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa, referido ao último exercicio.
- Licenza municipal do local ou, se e o caso, comunicación e declaración responsable. No caso de que a empresa se atope establecida nun domicilio privado, autorización para a entrada no dito domicilio.
Autorización de OT operador de transporte:
- Documento acreditativo de dispoñer de dirección e sinatura electrónica, así como do equipo informático necesario para documentar a distancia o contrato e outras formalidades mercantís cos seus clientes.
- Documento xustificativo da idoneidade do xestor de transporte para aportar a competencia profesional (escritura de constitución con indicación da porcentaxe mínima de participación: 15 %) ou acreditación dos poderes de representación e de disposición de fondos así como alta no rexime da seguridade social que corresponda como persoal directivo.
- Documento acreditativo da capacidade económica (60.000 euros) persoa física, pódese acreditar coa certificación da entidade financeira que acredite este extremo, ou declaración responsable acompañada de documentación contable, fiscal que avale esta declaración...; persoa xurídica, acredítase coas contas anuais ou imposto de sociedades (capital social mais reservas); libro de inventarios e contas anuais da empresa; copia do balance do último exercicio recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa; certificación expedida polo secretario do consello de administración ou órgano equivalente da empresa, co visto e prace do seu presidente, acreditativa do contido das anotacións relativas a capital social e reservas que figuren no balance recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa, referido ao último exercicio.
- Licenza municipal do local ou, se e o caso, comunicación e declaración responsable.
Autorización de VT taxi:
- Documentación do(s) vehículos a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Documento acreditativo de dispoñer de dirección e sinatura electrónica, así como do equipo informático necesario para documentar a distancia o contrato e outras formalidades mercantís cos seus clientes.
- Licenza municipal de taxi.
- Follas/Libro de reclamacións.
Autorización de VS ambulancia:
- Documentación do(s) vehículos a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Certificación tecnico-sanitaria dos vehículos (mínimo 8), e contrato/precontrato de alugamento no suposto de vehículos alugados.
- Xustificación do local aberto ao público (con licenza ou comunicación previa), só en poboacións con mais de 20.000 habitantes.
- Xustificación mínimo de traballadores e de condutores: alta na Seguridade Social e certificados ou títulos acreditativos da cualificación profesional.
- Xustificante da subscrición do seguro de responsabilidade civil (mínimo 50 millóns de euros).
- Certificado ISO 9001.
- Certificado do Curso Superior en Xestión de Transporte Sanitario ou titulación superior de persoa directiva.
- Documento acreditativo de dispoñer de dirección e sinatura electrónica, así como do equipo informático necesario para documentar a distancia o contrato e outras formalidades mercantís cos seus clientes.
Autorización de VD autobús:
- Documentación do(s) vehículos a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Documento acreditativo de dispoñer de dirección e sinatura electrónica, así como do equipo informático necesario para documentar a distancia o contrato e outras formalidades mercantís cos seus clientes.
- Documento xustificativo da idoneidade do xestor de transporte para aportar a competencia profesional (escritura de constitución con indicación da porcentaxe mínima de participación: 15 %) ou acreditación dos poderes de representación e de disposición de fondos así como alta no rexime da Seguridade Social que corresponda como persoal directivo.
- Documento acreditativo da capacidade económica (9.000 euros o 1º vehículo, 5.000 euros cada vehículo adicional): persoa física, pódese acreditar coa certificación da entidade financeira que acredite este extremo, ou declaración responsable acompañada de documentación contable, fiscal que avale esta declaración...; persoa xurídica, acredítase coas contas anuais ou imposto de sociedades (capital social mais reservas); libro de inventarios e contas anuais da empresa; copia do balance do último exercicio recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa; certificación expedida polo secretario do consello de administración ou órgano equivalente da empresa, co visto e prace do seu presidente, acreditativa do contido das anotacións relativas a capital social e reservas que figuren no balance recollido no libro de inventarios e contas anuais da empresa, referido ao último exercicio.
- Licenza municipal do local ou, se e o caso, comunicación e declaración responsable.
- Libro de ruta para o seu dilixenciamento.
- Cadro de vehículos (arquivo dixital).
Autorización de VPC privado autobús:
- Documentación do(s) vehículo(s) a adscribir á autorización (mínimo 1): ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Documento xustificativo do volume de transporte autorizable (acorde co número de empregados ou das persoas que, pola súa relación permanente coa actividade que se desenvolve nos establecementos da empresa, deban asistir habitualmente a este).
Autorización de VSPC ambulancia privada:
- Documentación do(s) vehículos a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s).
- Certificación tecnico-sanitaria dos vehículos (mínimo 8), e contrato/precontrato de alugamento no suposto de vehículos alugados.
- Xustificación mínimo de traballadores e de condutores: alta na Seguridade Social e certificados ou títulos acreditativos da cualificación profesional. A Cruz Vermella e demais entidades beneficas poderán substituír o alta na Seguridade Social por documentación que acredite a relación desinteresada coa entidade benefica.
- Xustificante da subscrición do seguro de responsabilidade civil (mínimo 50 millóns de euros)
- Xustificación da necesidade o volume do transporte.
Autorización de VTC alquiler con conductor:
- Documentación do(s) vehículos a adscribir á autorización: ITV vixente; permiso(s) de circulación do(s) vehículo(s), ficha(s) tecnica(s). No caso de nova autorización VTC: mínimo 7 vehículos en propiedade, arrendamento financeiro ou arrendamento ordinario, de menos de 10 anos (non existirá limitación algunha en canto á antigüidade do vehículo, cando teña unha potencia fiscal igual ou superior a 28 CVF ou se trate dun vehículo histórico dos definidos como tales na regulamentación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria). Vehículos cunha potencia igual o superior a 12 cabalos de vapor fiscais (CVF); unha lonxitude mínima exterior, medida de extremo a extremo do vehículo, igual ou superior a 4,60 metros. Non será necesario o cumprimento destas esixencias cando o vehículo utilice como fonte de enerxía a electricidade, o hidróxeno, os biocarburantes, os combustibles sinteticos e parafínicos, o gas natural, o gas licuado do petróleo ou calquera outra que así se sinale expresamente por resultar alternativa aos combustibles fósiles clásicos.
- Documento acreditativo da subscrición do seguro obrigatorio de responsabilidade civil na circulación de vehículos a motor.
- Documento acreditativo de dispoñer dun mínimo de dous condutores por cada tres vehículos, provistos do permiso de conducir da clase BTP, en rexime de alta na Seguridade Social e contratados a xornada completa.
- Documento acreditativo de dispoñer, polo menos, dun local adicado á actividade de aluguer de vehículos, con nome ou título rexistrado e aberto ao público previo cumprimento dos requisitos legais sobre apertura de locais.
- Documento acreditativo de dispoñer de dirección e sinatura electrónica, así como do equipo informático necesario para documentar a distancia o contrato e outras formalidades mercantís cos seus clientes.
Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321C. Recurso en materia de mobilidade"
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2013).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo de 1987).
-
Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano