Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF302E
Modificación das condicións da explotación dos contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
As empresas titulares dunha concesión administrativa para a prestación dun determinado servicio público de transporte regular permanente de viaxeiros por estrada poden solicitar, para lograr unha mellor xestión do servizo, a modificación dalgunha das condicións de explotación establecidas no título concesional.
As modificacións poderán consistir en:
- Ampliacións de tráficos mediante a incorporación de anexos ou prolongacións do itinerario concesional.
- Realización de tráficos con itinerarios parciais non previstos.
- Supresión ou segregación de tráficos establecidos no título concesional.
- Substitución total ou parcial do traxecto polo que discorra o itinerario por outro distinto.
- Modificacións de calendario, horario e/ou expedicións.
- Modificacións do número de vehículos, de prazas ou das condicións técnicas e de seguridade destes que deberán estar adscritos á concesión.
Nas modificacións concesionais deberá respectarse o equilibrio económico preexistente.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Alcalde Pérez Arda, 4
15006
Teléfono: 881881003
Fax: 881881000
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Mobilidade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294421
Fax: 982294389
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Mobilidade de Ourense
R/ Valente Docasar, 2 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687307 / 988687308
Fax: 988687303
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Mobilidade de Pontevedra
Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206015 / 886206016
Fax: 886206026
Prazo de presentación: PECHADO
02/05/2016 00:00 - 14/07/2019 23:59
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Documento xustificativo de ter aboada a taxa.
SE A MODIFICACIÓN NON IMPLICA CAMBIO NOS TRÁFICOS:
Memoria xustificativa.
Información completa relativa á explotación do servizo (liñas, rutas, calendario e horarios).
Plano en soporte cartográfico.
SE A MODIFICACIÓN IMPLICA CAMBIO NOS TRÁFICOS:
Memoria xustificativa, que inclúa os datos de poboación das localidades e da área afectada que se pretenda incluír ou suprimir.
Plano en soporte cartográfico.
Información completa relativa á explotación do servizo e descrición dos novos percorridos, con indicación dos servizos coincidentes.
Modificación prevista no número de usuarios, repercusión económica e tarifaría.
Xustificación da dispoñibilidade dos medios materiais necesarios para a explotación.
Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321C. Recurso en materia de mobilidade"
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182 do 31 de xullo de 1987).
-
Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, suspensión e cancelación da inscrición.
Aberto todo o ano
Modificación de datos inscritos no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Prórroga de transporte regular temporal a praias.
Aberto todo o ano
Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.
Aberto todo o ano