Guía de procedementos e servizos

IF302A

Concentración de contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2016 - Prazo pechado: 02/05/2016 00:00 - 14/07/2019 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

As empresas dedicadas ao transporte de viaxeiros poden solicitar da Xunta de Galicia a concesión administrativa dun servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada. Así mesmo, se a empresa é xa titular de varias concesións, pode solicitar a súa unificación.

A duración da concesión establecerase no título concesional, de acordo coas características de servizo e atendendo aos prazos de amortización dos vehículos e instalacións. Nunca será inferior a seis anos, nin superior a quince. O outorgamento da concesión realizarase por concurso.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544581

Fax: 981544351

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

02/05/2016 00:00 - 14/07/2019 23:59

A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Documento xustificativo de ter aboada a taxa.

  • Proxecto de explotación a concentrar con identificación dos itinerarios que se van percorrer, cadro de horarios, calendarios e expedicións e vehículos que se van utilizar.

  • Estudo económico.

  • Plano de situación.

Despois de presentar

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 16/1987, do 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 182 do 31 de xullo de 1987).

    • Real Decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1990).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF300A

Inscrición no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, suspensión e cancelación da inscrición.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF300B

Modificación de datos inscritos no rexistro de entidades de certificación de conformidade municipal da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301K

Prórroga de transporte regular temporal a praias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF301L

Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano