Guía de procedementos e servizos

VI490A

Premios de arquitectura e rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Prazo pechado: 10/01/2023 00:00 - 31/03/2023 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocar os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2023, que se rexerán polas bases que figuran no anexo I (código de procedemento VI490A).

Establécense as seguintes modalidades de premios:

1. Premio galego de arquitectura 2023.

O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura 2023 entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou unha ampliación dunha xa existente, sempre que teña suficiente entidade como para poder ser valorada de forma independente da construción orixinal.

Dotación económica: 6.000 €.

2. Premio galego de rehabilitación 2023.

O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación 2023 entre os proxectos de rehabilitacións relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.

Dotación económica: 6.000 €.

3. Mencións.

Entre as actuacións que non obtivesen premio, poderán ser obxecto de mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.

4. Premios especiais.

O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a seguir:

a) Á sustentabilidade 2023, destinado a destacar aquela actuación que supoña a implantación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.

Dotación económica: 6.000 €.

b) Á traxectoria profesional 2023, destinada a recoñecer a meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura no territorio galego nas categorías de arquitecto/a e aparellador/a ou arquitecto/a técnico/a.

Dotación económica: 6.000 € para cada unha das categorías.

Persoas físicas ou xurídicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541918

Email: premios-arquitectura.igvs@xunta.gal

https://premiosarquitectura.xunta.gal/gl

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

10/01/2023 00:00 - 31/03/2023 23:59

As entidades que, segundo a base quinta, teñan representación no xurado poderán presentar candidaturas para os premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2023. A presentación poderán realizala desde o primeiro día hábil seguinte ao de publicación desta resolución no DOG e ata o 31 de marzo de 2023.

1. Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2023, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.

2. As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.

3. Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2023 as persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.

- A presentación das candidaturas require que a través da aplicación informática que, para estes efectos, figura na páxina web do IGVS, se achegue a seguinte documentación:

a) Autorización das persoas autoras dos proxectos á entidade propoñente para presentar a súa candidatura, así como o seu consentimento expreso ao IGVS para poder publicar, difundir e dar publicidade aos proxectos e ao material achegado coa proposta, segundo o modelo dispoñible na devandita aplicación. No suposto de que se presente conxuntamente un elevado número de candidaturas, estes anexos poderán substituírse por unha declaración responsable da entidade propoñente de que conta coas ditas autorizacións de todas as persoas autoras dos proxectos propostos.

b) Imaxes: admitirase un máximo de 12 arquivos, que poderán conter fotografías, planos, diagramas, etc., en formato jpg, relativos ao correspondente proxecto.

c) Memoria descritiva e xustificativa do proxecto.

d) Lámina resumo, en formato horizontal DIN-A3, do proxecto proposto.

e) Opcionalmente, poderá achegarse un vídeo de duración máxima de 3 minutos sobre o proxecto proposto.

f) Os proxectos que se presenten para o premio especial á sustentabilidade deberán incluír, ademais, unha memoria xustificativa das estratexias de sustentabilidade aplicadas, así como dos resultados obtidos.

Co obxecto de permitir a identificación das distintas persoas que participaron nos proxectos, no proceso de presentación de candidaturas de cada proxecto deberá quedar constancia do nome, teléfono e correo electrónico de cada unha das persoas intervenientes neles.

- Cumpridas as formalidades anteriores, a aplicación informática xerará un documento resumo da documentación presentada, en formato pdf, que a entidade propoñente deberá achegar obrigatoriamente por medios electrónicos coa proposta (anexo II), a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

- De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades propoñentes presenta a documentación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da documentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das propostas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- As entidades propoñentes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, o xurado poderá requirir a exhibición dos documentos orixinais para o seu cotexo coas copias electrónicas presentadas.

- Pechado o prazo de presentación de candidaturas, a persoa secretaria do xurado redactará acta dos proxectos presentados.

- Os proxectos propostos poderán ser visualizados na ligazón que, para estes efectos, se dispoña na páxina web do IGVS.

- A documentación presentada quedará á disposición da organización dos premios, que poderá utilizala para a súa difusión en calquera tipo de formato ou soporte.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 (DOG nº 5 do 9 de xaneiro de 2023).

    • Corrección de erros. Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se convocan os Premios de arquitectura e rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2023 (DOG nº 8 do 12 de xaneiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI409B

Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI409C

Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano