Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI436D
Cese en réxime de concerto de fianzas
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Cesarase no réxime especial concertado polas seguintes causas:
a) Extinción da obriga de depósito.
b) Perda sobrevida das condicións que determinaron a súa concesión.
c) Non realización do ingreso no prazo sinalado no artigo 25º.2.
d) Incumprimento da obriga de actualizar o depósito coas liquidacións anuais, así como a constatación do incumprimento de calquera outra das obrigas previstas neste decreto.
e) Renuncia. Poderá renunciarse a este réxime en calquera momento, o que suporá a aplicación do réxime xeral, co depósito da totalidade das cantidades correspondentes ás fianzas, mediante a oportuna liquidación.
f) Pola causa prevista no artigo 29º.5.
g) Pola causa prevista no artigo 25º.2 no caso de non dispoñer o titular do concerto de fondos para a devolución das fianzas.
As causas descritas nas letras c), d), e), f) e g) serán de aplicación unicamente para os acollidos ao réxime voluntario.
O procedemento de cesamento no réxime de concerto poderase iniciar de oficio ou por instancia de parte.
Cuando el procedimiento de cese se inicie de oficio a Administración, comunicarase ao titular do concerto e, concederase trámite de audiencia por un prazo de dez días, co fin de que efectúe as alegacións que considere oportunas. Transcorrido o dito prazo, ditarase a correspondente resolución de cesamento no réxime de concerto ou ben de arquivo de actuacións.
A resolución que decida o cesamento no réxime de concerto e o cambio ao réxime xeral de depósito, implicará a liquidación definitiva do concerto e a conseguinte obriga de depósito destas fianzas no réxime xeral no prazo dun mes contado desde a recepción da súa notificación.
Nos supostos en que a inactividade dos interesados imposibilite a liquidación definitiva do concerto, procederase a acordar o cesamento de oficio no dito réxime coa incautación da cantidade depositada no organismo, unha vez transcorridos cinco anos desde a data da última actuación por parte do titular do concerto.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA
Documentación que xustifique a cancelación (no caso de venda, traspaso, etc.).
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante
DNI/NIE da persoa representante
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante
NIF da entidade representante
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2011).
-
Corrección de erros. Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 98 do 23 de maio de 2011).
-
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos (BOE nº 282, de 25 de novembro de 1994).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Cualificación provisional para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e de renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra.
Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59