Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI101A
Axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional das persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Convócanse as axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional, derivados da sinatura dun contrato de alugamento nunha vivenda polas persoas cuxas vivendas resultaron danadas pola explosión de material pirotécnico producida en Tui, o día 23 de maio de 2018.
As subvencións teñen por obxecto o outorgamento de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional, derivados da sinatura dun contrato de alugamento nunha vivenda polas persoas cuxas vivendas resultaron danadas pola citada explosión.
Persoas físicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central, s/n - Polígono de Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
R/ Alcalde Hevia, 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805601
Fax: 986805258
Email: xt.civ.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
07/06/2018 00:00 - 06/08/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contado a partir do mesmo día da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, rematando, en todo caso, co esgotamento da dotación orzamentaria da convocatoria, que se fará constar no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
1. Ter a súa residencia permanente e habitual nunha vivenda danada como consecuencia da citada explosión.
2. Ser titular ou estar en condicións de asinar, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda. A persoa arrendadora non poderá ter vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendataria. Tampouco poderá ter vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendataria. Esta mesma esixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios e partícipes.
3. De conformidade co disposto no artigo 3 do Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, as persoas beneficiarias das axudas están exentas do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 10.2. da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás o requisito sinalado na letra a) deste artigo.
A solicitude de subvención concesión realizarase mediante a presentación do modelo que se incorpora como anexo I a esta orde e deberase dirixir á Dirección Xeral do IGVS.
No modelo de solicitude realizaranse as seguintes declaracións:
a) Declaración de non ter solicitado ou obtido outras axudas, ingresos e/ou recursos procedentes doutro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, ingreso e/ou recurso deberá indicarse cales son e o seu importe.
b) Compromiso de comunicar calquera outra axuda, ingresos e/ou recursos procedentes doutro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, que lle sexan concedidos para a mesma finalidade e o seu importe.
c) Declaración de non estar incurso na inhabilitación para a obtención das axudas prevista no artigo 10.2.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración de que a vivenda danada pola explosión constituía a súa residencia permanente e habitual.
e) Declaración de que non ten vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, non ten vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grao, coa persoa arrendadora nin con calquera das súas socias e partícipes, no caso de que a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica.
f) Declaración de que todos os datos da solicitude e dos documentos que se achegan son certos.
Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
b) Anexo IV, de declaración de datos da persoa arrendadora e arrendataria.
c) De ser o caso, título ou documento admisible en dereito que acredite a súa condición de persoa propietaria, usufrutuaria ou inquilina da vivenda danada.
d) Certificado municipal de residencia ou calquera outro documento que acredite a súa residencia permanente e habitual na vivenda danada, no caso de non estar empadroado/a na vivenda ou non poder comprobar o certificado de empadroamento.
e) De ser o caso, copia do contrato de alugamento da nova vivenda.
f) Copia da póliza de seguro ou, de non ter seguro, declaración xurada de que os danos na vivenda non estaban asegurados.
g) Certificado técnico municipal favorable da necesidade de aloxamento noutra vivenda derivado da situación en que quedou a vivenda que constituía o seu domicilio permanente e habitual.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
a) Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) Certificado de empadroamento na vivenda danada da persoa solicitante.
c) Datos catastrais correspondentes á persoa solicitante.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente, sempre que non se modificasen as súas circunstancias e a persoa interesada outorgue o seu consentimento expreso para que sexan consultados ou obtidos os ditos documentos, segundo o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas, no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos, DOUE do 4 de maio).
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I.I)
- Fase de Solicitude
- Declaración de datos da persoa arrendadora e arrendataria (anexo IV)
Prazo de resolución: Un mes
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 (DOG nº 104 do 1 de xuño de 2018).
-
Corrección de erros. Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 (DOG nº 106 do 5 de xuño de 2018).
-
Orde do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui, o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual (axudas de aloxamento provisional) (DOG nº 108 do 7 de xuño de 2018.
-
Resolución do 15 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidos ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2018 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.
Aberto todo o ano
Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.
Aberto todo o ano