Guía de procedementos e servizos

TU984J

Modificacións ou reformas substanciais que afectan ás condicións ou requisitos conforme os cales se outorga a clasificación dos establecementos hoteleiros.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Presidencia da Xunta de Galicia

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Este decreto ten por obxecto a ordenación dos establecementos hoteleiros situados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Son cambios ou reformas substanciais os que afectan o grupo, categoría, modalidade, capacidade e calquera outra que afecte as condicións ou requisitos conforme os cales se outorgou a clasificación turística.

A realización de calquera cambio ou reforma substancial require a presentación ante a área provincial da Axencia Turismo de Galicia en que radique o establecemento da correspondente declaración responsable, segundo modelo normalizado previsto no anexo V, na cal farán constar que dispoñen da documentación xustificativa dos devanditos cambios.

Quen pode solicitalo

Propietarios de establecementos hoteleiros.

Requisitos

Cumprir os requisitos e condicións que se establecen na normativa vixente.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de declaracións responsables comezará a partir do día 20 de xuño de 2016.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

  • Declaración responsable segundo o Anexo V.

  • Proxecto tecnico legalmente exixible, asinado polo tecnico competente, que serviu de base para a presentación da correspondente comunicación previa ou, se e o caso, solicitude de licenza de obra ante o concello.

  • Solicitude de dispensa, se e o caso, e documentación acreditativa ao efecto.

  • Acreditación do pagamento das taxas correspondentes.

  • As declaracións responsables reguladas neste decreto deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves dos formularios normalizados dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das declaracións responsables será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as declaracións responsables en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando os formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa interesada solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na normativa reguladora do procedemento administrativo común e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da declaración responsable, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa interesada ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se a persoa interesada desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Anexos

Taxas asociadas

  • Clasificación e calquera tipo de cambio ou reforma substancial respecto das condicións nas que fose outorgada a clasificación de establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, vivendas de uso turístico, albergues turísticos e turismo rural. ( 31.19.01)
  • Venda de libros oficiais de Levanza Obrigatoria que non teñan tarifa específica. ( 33.01.00)
  • Dilixenciado de libros. ( 30.01.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Tres meses

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase estimada por silencio administrativo. 

Isto significa que a solicitude se considera aprobada. 

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo, pero a resolución xa só poderá ser estimatoria (aprobando a túa solicitude). 

Como recibirás a resposta da Administración?

A Xunta de Galicia comunicarache a resposta á túa solicitude mediante unha notificación é dicir, unha comunicación oficial coa resolución da solicitude.

Nalgúns casos, a notificación individual substitúese ou compleméntase coa publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web correspondente.

Esta publicación ten a mesma validez legal que unha notificación individual.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3

15896  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546360/ 981546364

Fax: 981546371

http://turismo.xunta.es

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184674/ 981184681

Fax: 981184678

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294220/ 982294227

Fax: 982889053

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Ourense

Avenida da Habana nº 81

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386043/ 988386035

Fax: 988214976

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Pontevedra

María Victoria Moreno 43 – 6º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805553

Fax: 986805575

Órgano responsable

Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 201 do 18 de outubro de 1999). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros.-Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 227 do 24 de novembro de 1999). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros.-Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2000). Ligazón á normativa

    • Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG nº 216 do 11 de novembro de 2011). Ligazón á normativa

    • Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros (DOG nº 103 do 1 de xuño de 2016). Ligazón á normativa

    • Corrección de erros. Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros. (DOG nº 144 do 1 de agosto de 2016). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano

FA008A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición.

Aberto todo o ano