Guía de procedementos e servizos

FA008A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Sobre o procedemento
A presente orde ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable ao cumprimento das obrigas tributarias concernentes á taxa fiscal que grava a autorización, celebración ou organización de apostas deportivas e de competición cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia e aplicarase a todos os obrigados tributarios da taxa fiscal citada nas súas relacións coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

Apróbanse os modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II e III desta orde e que se relacionan a seguir, para os efectos da aplicación da taxa fiscal que grava as apostas deportivas e de competición:

Modelo D-041. Modelo de declaración informativa de apostas deportivas e de competición.

Modelo 041. Modelo de autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición.

- Prazos para a presentación electrónica e contido da declaración informativa de apostas deportivas e de competición:

1. Nos vinte primeiros días naturais de cada trimestre natural, os suxeitos pasivos deberán presentar electronicamente ante a Atriga unha declaración, na cal comunicarán os datos seguintes:

a) Os datos correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos correspondentes aos premios pagados no trimestre natural inmediato anterior.

b) Os datos acumulados correspondentes ás apostas deportivas e de competición validamente formalizadas e os datos acumulados correspondentes aos premios pagados, desde a data de devindicación do exercicio a que se refire a declaración ata a fin do trimestre natural inmediato anterior.

c) Unha relación individualizada dos premios superiores a 2.500 € pagados no trimestre natural inmediato anterior.

Para isto empregarán o modelo D-041 que conformarán coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT, consonte coas instrucións recollidas a este respecto no modelo D-041 e seguindo o procedemento establecido nesta orde.

2. O prazo anterior entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

- Prazos de pagamento e presentación das autoliquidacións da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición:

1. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a efectuar electronicamente ante a Atriga, nos vinte primeiros días naturais de abril, xullo e outubro, unha vez transmitidos os datos da declaración D-041, os pagamentos á conta da débeda tributaria definitiva, autoliquidando e determinando o seu importe, mediante o modelo 041, que conformarán coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT, consonte coas instrucións recollidas a este respecto no propio modelo e seguindo o procedemento establecido nesta orde.

2. Os suxeitos pasivos estarán obrigados a presentar electronicamente ante a Atriga, nos vinte primeiros días naturais do mes de xaneiro, unha vez transmitidos os datos da declaración D-041, unha declaración, na cal practicarán a autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e determinarán a débeda tributaria correspondente á actividade desenvolvida no ano natural inmediato anterior, aplicarán os pagamentos á conta que correspondan e ingresarán, se é o caso, o importe resultante, mediante o modelo 041, que conformarán coa aplicación informática que a Atriga pon á súa disposición na OVT, consonte coas instrucións recollidas a este respecto no propio modelo e seguindo o procedemento establecido nesta orde.

3. Os prazos establecidos nos números anteriores entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda e que previamente fosen autorizados pola dirección da Atriga para a presentación e pagamento electrónico destes ingresos.

b) As persoas profesionais colexiadas, así como as entidades, as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias concernentes á taxa que grava a autorización, celebración ou organización de apostas deportivas e de competición, a que se refire esta orde, por medios electrónicos, sen prexuízo do disposto na disposición adicional primeira. Para isto, deberán empregar as aplicacións informáticas que a Atriga poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT), nas condicións e consonte cos procedementos previstos nesta orde.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

P/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544189

Fax: 981544169

Email: xestion.centralizada@atriga.es

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas sinaladas, deberán estar previamente autorizados. Para estes efectos, deberán presentar ante a dirección da Atriga unha solicitude de autorización xunto cunha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas a este tributo. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no artigo 3.1. desta orde.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias (DOG nº 203 do 23 de outubro de 2015).

    • Corrección de erros. Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicación e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competición e se modifican determinadas normas tributarias (DOG nº 132 do 13 de xullo de 2016).

    • Resolución do 31 de agosto de 2020 pola que se modifican as instrucións dos modelos de declaración e autoliquidación dos tributos sobre o xogo e as especificacións técnicas de determinados arquivos informáticos para a presentación deles conforme a Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2020, pola que se adoptan medidas excepcionais e temporais relativas á presentación de declaracións e autoliquidacións e ao pagamento de determinados impostos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 183 do 9 de setembro de 2020).

    • Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.(DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se modifican as instrucións dos modelos de declaración e autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, da taxa fiscal sobre o xogo do bingo e da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.(DOG núm. 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021).

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Aberto todo o ano