Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR358D
Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A concesión de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través do seguinte programa de axuda:
Programa II - Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción .
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións de centros especiais de emprego que asocien unicamente centros inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, así como as asociacións de empresas de inserción que asocien unicamente empresas inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544784
Prazo de presentación: ABERTO
04/02/2026 00:00 - 03/03/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. As entidades solicitantes, para ser beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Teren personalidade xurídica propia e independente.
b) Estar inscritas no rexistro público correspondente da Comunidade Autónoma de Galicia e ter actividade acreditada.
c) Ter o seu domicilio social e a sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.
d) Estar ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos rexistros competentes, segundo o establecido na normativa de aplicación.
e) Obter un mínimo de 30 puntos nos criterios de valoración do artigo 37 desta orde.
2. Non poderán solicitar as subvencións reguladas neste programa aquelas entidades que formen parte de confederacións, federacións e unións de asociacións que igualmente presentasen unha solicitude de axudas ao abeiro deste programa.
Forma e lugar de presentación das solicitudes e documentación complementaria.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación recollida nos artigo 36.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
6. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiaria da axuda, así como a aceptación da axuda.
Documentación complementaria.
A documentación que deberá acompañar a solicitude (anexo IV) é a seguinte:
a) Memoria asinada pola persoa que exerza a representación legal da entidade e que conteña:
1. Relación nominal das entidades socias. Especificaranse, se é o caso, as entidades resultantes dun proceso de integración.
2. Centros de traballo con que conta a asociación, o seu domicilio e horario de apertura, así como o número de persoas traballadoras adscritas, con indicación para cada unha delas do sexo, tipo de contrato e número de horas traballadas.
3. Breve descrición das actividades realizadas durante o ano 2025, así como das previstas para a súa realización no ano 2026.
b) Certificación do Rexistro público competente que acredite a súa inscrición nel e as inscricións efectuadas, así como que están ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos.
c) Copia dos estatutos sociais e as súas modificacións, se é o caso.
d) Libro de rexistro dos centros ou empresas asociados á entidade, debidamente actualizado.
e) RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e RNT (relación nominal de traballadores/as) do mes anterior ao mes de publicación da convocatoria, relativo ao persoal adscrito aos centros de traballo declarados na memoria, así como os documentos acreditativos da condición de persoa con discapacidade ou de persoa en situación ou risco de exclusión social, se é o caso.
f) Documentación acreditativa do plan de acción e implantación das medidas de responsabilidade social empresarial.
g) Balance social do ano 2025, se é o caso.
h) Relación individualizada dos gastos de funcionamento para os cales se solicita a axuda, cuantificados economicamente en todos os seus conceptos e co IVE desagregado.
i) Documentación acreditativa de que a entidade solicitante non pode recuperar o IVE soportado, se é o caso.
j) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Atriga.
e) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
f) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os ditos documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 22 do 03 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 22 do 03 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59