Guía de procedementos e servizos

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Período 2023-2027 - Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

Consellería do Medio Rural

Este procedemento ten como finalidade o envío por parte dos GDR da previsión de gastos anuais para as actuacións de animación, formación e cooperación, segundo o asignado nos convenios de colaboración asinados coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para a xestión, seguimento e avaliación das estratexias de desenvolvemento local.

As entidades beneficiarias son os 24 GDR seleccionados mediante a Resolución do 7 de decembro de 2023 da directora xeral da Axencia, ditada por delegación do Consello de Dirección desta, cuxos erros materiais se corrixiron mediante a Resolución do 20 de maio de 2024.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural

Lugar da Barcia, nº 56 - Laraño

15897  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547354

Fax: 981547381

Email: subdireccion.relacions.gal.agader@xunta.gal

https://agader.xunta.gal/

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Prazo de presentación: ABERTO

31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

O prazo de presentación das solicitudes de autorización de gastos (anexo II) estará aberto desde o día seguinte ao da comunicación de adhesión ata o 5 de novembro de 2027.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa comunicación ou solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación ou solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coas solicitudes a seguinte documentación:

- No caso do procedemento para Autorización de gastos dos GDR programa Leader 2023-2027 (código de procedemento MR701H), as entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

     – Acordo da Xunta Directiva.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola entidade interesada a calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da comunicación e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación do procedemento MR701H consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante, de ser o caso.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día nos pagamentos coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) De ser o caso, axudas recibidas pola regra de minimis.

h) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das comunicacións e solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación e solicitudes deberán ser efectuados electronicamente accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de outubro de 2024 pola que se regula a comunicación da adhesión dos grupos de desenvolvemento rural aos convenios de colaboración asinados con esta axencia, a autorización dos seus gastos anuais e a aprobación das súas actuacións, no marco da PEPAC 2023/2027 (códigos de procedemento MR701G, MR701H e MR701I) (DOG nº 210 do 30 de outubro de 2024).

Outros procedementos relacionados

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano