Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR349V
Subvención para o financiamento do programa investigo
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento da contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, por parte de persoas empregadoras ou empresas que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación recollidas nesta norma, así como polos centros privados de I+D+i, sen ánimo de lucro e con persoalidade xurídica propia, que teñan definida, nos seus estatutos ou no seu obxeto social ou normativa que os regule, a I+D+i como actividade principal.
Poderán ter a condición de entidades beneficiarias da subvención:
a) As persoas empregadoras e empresas pertencentes ao sector privado radicadas en Galicia que estean a investir na realización de iniciativas de investigación e innovación, incluídas as empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica atendendo ao previsto no Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).
b) Os centros privados de I+D+i, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que teñan definida, nos seus estatutos ou no seu obxecto social ou normativa que os regule, a I+D+i como actividade principal.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego por Conta Allea
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957731 981544690 981544719
Email: contaallea.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
17/02/2026 09:00 - 17/03/2026 20:00
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde será dun mes que comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará ás 20.00 horas do último día.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
As entidades beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o seu domicilio social en España e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas por reintegro de subvencións, das súas obrigacións tributarias, tanto coa Administración estatal como coa Administración autonómica, e fronte á Seguridade Social.
c) As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.
d) Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades e centros que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Dispoñer, cando así se estableza conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, dun plan de prevención de riscos laborais.
f) Non ter sido sancionadas, en virtude de resolución administrativa ou sentenza xudicial firme, por falta grave ou moi grave en materia de prevención de riscos laborais, durante o ano inmediatamente anterior á data de solicitude da subvención.
g) Elaborar e aplicar un plan de igualdade, cando resultase obrigatorio de acordo co establecido no artigo 45 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.
h) Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades consideradas empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 do 17 de xuño, da Comisión.
i) Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as persoas empregadoras ou empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
Esta circunstancia acreditarase no momento da solicitude mediante declaración responsable da persoa solicitante, sen prexuízo de que as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, deberán acreditar o cumprimento dos prazos legais de pagamento mediante certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
Solicitudes
1. As solicitudes de concesión de subvencións dirixiranse á Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Presentarase unha única solicitude por entidade para todas as contratacións que se van realizar.
As solicitudes presentadas fóra do prazo previsto na convocatoria darán lugar á súa inadmisión.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Estes formularios só terán validez se están debidamente asinados por quen represente legalmente a entidade correspondente ou persoa debidamente acreditada.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación incondicionada das presentes bases reguladoras, así como a aceptación da axuda.
4. Será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna, só no caso que non estea inscrito no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia. Os poderes inscritos no dito rexistro poderán ser comprobados de oficio polo órgano xestor.
b) Documento constitutivo da entidade, onde conste a I+D+i como a súa actividade principal ou, no caso de non constar a I+D+i como a súa actividade principal, memoria descritiva en que conste o proxecto de I+D+i no cal está a investir a empresa, segundo o modelo que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia.
c) Os centros que se sinalan no artigo 4.1.b) desta orde deberán presentar copia do documento constitutivo, estatutos ou normativa da entidade, onde conste a I+D+i como a súa actividade principal.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
2. Forma parte da solicitude a declaración responsable que contén e na cal fan constar, entre outros, os aspectos seguintes:
a) O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, especificamente, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
b) O conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
c) Os datos do proxecto ou actividade de investigación ou innovación que se vai realizar en que se recollerá, así mesmo, a descrición das actividades que van realizar por cada unha das categorías profesionais que se pretende contratar, e a duración e o número de contratos; así como as previsións dos custos do programa.
d) Que dispón, cando así se estableza conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, dun plan de prevención de riscos laborais.
e) Que non ten sido sancionada, en virtude de resolución administrativa ou sentenza xudicial firme, por falta grave ou moi grave en materia de prevención de riscos laborais, durante o ano inmediatamente anterior á data de solicitude da subvención.
f) Que elaborou e aplicou un plan de igualdade, cando resultase obrigatorio de acordo co establecido no artigo 45 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.
g) Que cumpren os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
h) Que cumpre coa cota de reserva para persoas con discapacidade, nos termos establecidos no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril, cando se trate dunha empresa que teña cincuenta ou máis persoas traballadoras.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
f) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Consulta de todos os códigos conta de cotización da entidade solicitante.
h) Consulta de concesións pola regra de minimis ampliadas.
i) Servicio de consulta de concesións ampliadas.
j) Servicio de consulta de axudas do Estado.
k) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
l) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.
m) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia da persoa traballadora contratada.
n) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa traballadora contratada.
ñ) Contrato laboral da persoa traballadora pola cal se solicitou a subvención.
o) Consulta de títulos oficiais universitarios, segundo proceda, da persoa traballadora contratada.
p) Consulta de títulos oficiais non universitarios, segundo proceda, da persoa traballadora contratada.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026(DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2026 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Axudas Leader PEPAC 2023-2027
Prazo aberto: 03/02/2026 00:00 - 06/04/2026 23:59