Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341Q
Bono das persoas traballadoras autónomas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Apoiar a consolidación de proxectos que superaron os tres anos de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.
1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos, computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros.
c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.
No suposto de persoas autónomas administradoras, terán a consideración de autónomo societario se forman parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % da súas participacións ou igual ou superior do 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante certificado do rexistro mercantil, escritura notarial ou calquera outro documento que recolla fidedignamente tanto a dita participación como a súa condición de persoa autónoma societaria con data anterior á presentación da solicitude.
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2024.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2024, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184).
3. Quedan excluídas do programa regulado neste capítulo:
a) As persoas autónomas colaboradoras e os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
b) As persoas autónomas administradoras, salvo que formen parte da sociedade nunha porcentaxe igual ou superior ao 25 % das súas participacións ou igual ou superior ao 33 % do seu capital, o que deberán acreditar fidedignamente mediante certificado do rexistro mercantil, escritura notarial ou calquera outro documento que recolla fidedignamente tanto a dita participación como a súa condición de persoa autónoma societaria con data anterior á presentación da solicitude.
c) As persoas traballadoras autónomas que foron beneficiarias e percibiron a axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2021 a 2025, ambas incluídas).
d) As persoas traballadoras autónomas que resultaran beneficiarias desta axuda TR341Q en 2026 e renunciaran a ela no marco desta convocatoria.
e) As sociedades que foron beneficiarias e percibiron a axuda do bono das persoas autónomas, procedemento TR341Q, nalgunha das cinco últimas convocatorias (2021-2025, ambas incluídas).
f) As sociedades que resultaran beneficiarias desta axuda TR341Q en 2026 e renunciaran a ela no marco desta convocatoria.
Requisitos xerais.
As persoas traballadoras autónomas deberán cumprir os seguintes requisitos xerais á hora de solicitar as axudas:
a) Ter feitos os 18 anos.
As persoas beneficiarias das axudas do programa I e do programa II deben figurar inscritas como demandantes de emprego desempregadas no Servicio Público de Emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e manterse nesa situación ata o momento en que se produza a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou, se é o caso, na mutualidade correspondente.
b) As persoas beneficiarias das axudas de todos os programas deberán desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos destas axudas de todos os programas, entenderase que a persoa beneficiaria desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia cando o domicilio da actividade e o centro de traballo estean situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para determinar onde se desenvolve a actividade económica, para os efectos desta orde, considerarase:
– Se a actividade se desenvolve nun establecemento físico, no domicilio deste.
– Se a actividade se desenvolve sen establecemento físico, no domicilio fiscal do beneficiario ou causante, se é o caso.
Para a comprobación do cumprimento do requisito de desenvolver a súa actividade de persoa traballadora autónoma na Comunidade Autónoma de Galicia, consideraranse os datos recollidos no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores e os datos do domicilio fiscal, ambos rexistrados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, e o informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Rúa Gregorio Hernández, nº 2-4
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881586/ 881881064
Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817034/ 986817755/ 986817073
Email: autonomos.emprego.vigo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79 - 7ª
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386810/ 988386805
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294912/ 982294326
Prazo de presentación: PECHADO
11/02/2026 09:00 - 30/09/2026 20:00
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.
Solicitudes.
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos de solicitude que figuran como anexos, xunto coa documentación e no prazo establecido para cada tipo de programa.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do formulario normalizado dispoñible na dita sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.
5. A presentación da solicitude supón a aceptación das obrigas reguladas nesta orde para ser beneficiarias da axuda, así como a aceptación da subvención de ser persoa beneficiaria dela.
6. Ao ser válida unha única solicitude por persoa en cada un dos programas que recolle esta convocatoria, no caso de que algunha persoa presente unha nova solicitude entenderase que desiste da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente. No caso das sociedades só se poderá presentar unha única solicitude por sociedade e, igualmente, no caso de que se presenten dúas ou máis solicitudes, entenderase que desisten da anterior, salvo que xa estivese resolta favorablemente.
7. No anexo I de cada procedemento vén recollida unha declaración responsable da persoa solicitante, de obrigatorio cumprimento, onde manifestará:
a) Declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis, de acordo co artigo 6 desta orde, ou, de ser o caso, de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións.
b) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Que non foi excluído/a do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46.2 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba a o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións no orde social.
g) Que coñece que as axudas solicitadas no programa I desta orde están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
h) Que posúe a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
i) Que coa presentación da axuda acepta a subvención e as obrigas reguladas nesta orde.
j) Que cumpre todos os requisitos necesarios para a concesión e o pagamento destas axudas e que, no caso de ser beneficiaria das axudas, as aplicará aos gastos subvencionables.
k) De ser o caso, que presentou ante o rexistro correspondente ou ben en aprobadas pola asemblea xeral, segundo corresponda, as contas anuais do último exercicio.
l) De ser o caso, que a entidade solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño (DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
8. Enténdese que a persoa solicitante desiste da solicitude cando causa baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade, en data anterior á resolución de concesión da axuda. A persoa solicitante está obrigada a comunicar esta situación ao órgano a que solicitou a axuda.
Documentación complementaria para o Programa III.
1. As solicitudes deberanse presentar no modelo normalizado que figuran como anexo I.3 desta orde e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona:
a) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada. Quedan exceptuadas da dita presentación as persoas ou entidades inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.
b) Facturas emitidas no período subvencionable, e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento, onde se identifiquen de xeito claro as características e o custo do investimento. As facturas que se presenten deberán ser por un importe mínimo de 100 €, IVE excluído.
c) Documentación xustificativa do volume de facturación e base impoñible: IVE, IRPF ou imposto de sociedades e modelo 184, segundo o caso, do exercicio 2024. No caso das persoas traballadoras autónomas que tributen por módulos será unha declaración responsable da facturación realizada no ano 2024.
d) Documentación xustificativa de que a persoa autónoma societaria identificada no anexo I.3 é socia da entidade que solicita a subvención, de ser o caso.
e) De ser o caso, certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.
f) No caso das persoas traballadoras autónomas societarias, declaración responsable de que ningunha outra persoa traballadora autónoma societaria fixo unha solicitude desta axuda pola mesma sociedade.
g) No caso de solicitantes aos cales se lles aplique o réxime especial de recarga de equivalencia, tributen en réxime de atribución de rendas ou a súa actividade estea exenta da tributación de IVE, certificado de situación censual, modelo 036 ou outro documento acreditativo da dita situación.
h) No caso das persoas autónomas administradoras que formen parte da sociedade nunha porcentaxe igual superior ao 25 % das súas participacións, ou igual ou superior ao 33 % do seu capital, certificado do rexistro mercantil, escritura notarial ou calquera outro documento que recolla fidedignamente tanto a dita participación como a súa condición de persoa autónoma societaria con data anterior á presentación da solicitude.
i) No caso de reforma do local, presentarase unha fotografía do local antes da reforma e outra feita despois da reforma.
j) Se é o caso, declaración responsable segundo o modelo que consta na sede electrónica da Xunta de Galicia, de que as apps/páxinas web van ser utilizadas durante varios exercicios.
Documentación complementaria para todos os programas
1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude: anexo I.1, anexo I.2, anexo I.3, anexo I.4 ou anexo I.5, segundo o programa de que se trate, a documentación específica que se recolle no capítulo correspondente a cada un dos programas previstos nesta orde.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) DNI ou NIE da persoa autónoma pola cal se solicita a subvención, no caso de persoas autónomas societarias.
c) Vida laboral da persoa traballadora autónoma solicitante dos últimos 5 anos.
d) Vida laboral da persoa traballadora autónoma pola cal se solicita a subvención, no caso de persoas autónomas societarias.
e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
g) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
h) Domicilio fiscal.
i) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
k) Consulta de concesións pola regra de minimis.
l) Consulta de todos os códigos conta de cotización.
m) Consulta da alta no imposto de actividades económicas da persoa solicitante (IAE).
n) Certificado de renda (IRPF) da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2024.
ñ) Declaración do IRPF do exercicio 2024 de todos os membros da entidade que solicita a subvención, de ser o caso.
o) NIF da entidade solicitante ou representante, de ser o caso.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro indicado no formulario e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. A persoa solicitante asinará na declaración responsable que forma parte da solicitude que dispón dos documentos asinados pola persoa ou persoas societarias en que autorizan ou se opoñen a comprobación dos seus datos, segundo o anexo II.3. Este documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento.
Así mesmo, no caso de que algunha das persoas societarias se opoña á comprobación de datos, o solicitante farao constar na dita declaración responsable e, consecuentemente, presentará os documentos que os acrediten.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos das persoas autónomas societarias (Anexo II.3)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 23 do 04 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 23 do 04 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Axudas Leader PEPAC 2023-2027
Prazo aberto: 03/02/2026 00:00 - 06/04/2026 23:59