Guía de procedementos e servizos

SI427D

Subvencións a entidades locais para a construción, rehabilitación e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM).

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 21/01/2025 00:00 - 20/02/2025 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2025 as subvencións dirixidas ás entidades locais de Galicia para a construción, ampliación, rehabilitación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM).

Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as entidades locais de Galicia titulares de centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Servizo de Planificación e Mellora da Coordinación

Edificio Advo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545361

Email: vx.igualdade@xunta.gal

Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

21/01/2025 00:00 - 20/02/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Para poder acceder ás subvencións, as entidades beneficiarias deberán cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións.

2. Non poderán ser beneficiarias as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. Para poder acceder ás subvencións as entidades beneficiarias deberán ter presentado a memoria anual do CIM correspondente ao ano inmediatamente anterior ao da publicación desta orde ante a Consellería de Política Social e Igualdade, segundo os termos e prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

4. Para poder ser beneficiaria destas axudas, a entidade local deberá ter cumprido con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, coa súa obriga de remisión das contas do exercicio orzamentario 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

5. No suposto previsto no artigo 2.6 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro, cando se trate da prestación conxunta do servizo de CIM por varias entidades locais, todas elas teñen que cumprir os requisitos indicados nos puntos anteriores, así como as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta orde, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Neste caso, as entidades locais que presten conxuntamente o servizo de CIM nomearán unha persoa como representante única, que actuará como coordinadora e interlocutora ante a Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, e que será quen solicite, reciba e xustifique a subvención no nome do CIM de xestión compartida.

6. As entidades locais que se agrupen ou asocien deberán presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.

Se non achegan o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega, logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desisten da súa solicitude.

7. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.

8. Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes ou ben na data en que remate o prazo para a contestación do requirimento para a documentación sinalada nos números 3 e 4.

Forma e lugar de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), conforme o anexo I desta orde, debidamente cuberto e asinado pola persoa que exerce a representación da entidade solicitante.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A presentación da solicitude implica o coñecemento e aceptación incondicionada destas bases reguladoras.

3. Será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II: orzamento desagregado do proxecto de construción, ampliación, reforma, rehabilitación ou para o equipamento do CIM, asinado pola persoa que teña a representación legal da entidade solicitante.

b) Documentación acreditativa da remisión das contas xerais do exercicio 2023 ao Consello de Contas.

c) Memoria descritiva das actuacións que se van realizar. No caso dos CIM con xestión compartida, deberán indicar con que concellos comparten os servizos.

d) As entidades locais que se agrupen ou asocien deberán presentar un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación.

e) As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar unha certificación expedida pola súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio.

f) Calquera outra documentación pertinente para unha mellor valoración da solicitude.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de xeito motivado o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención.

b) NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente, habilitado no formulario de inicio, e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Solicitude
  • Solicitude

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2025).

    • Extracto da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2025).

    • Resolución do 17 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a entidades locais de Galicia para a construción, rehabilitación, ampliación, reforma, adquisición e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM) acreditados ao abeiro do Decreto 130/2016, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 194 do 08 de outubro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF206B

Informe de usos especiais da estrada

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF505A

Acceso, modificación e baixa, ás instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT975Y

Axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos, así como a actuacións de identificación e adecuación de refuxios climáticos para a biodiversidade

Tramitar en liña

Prazo aberto: 27/02/2026 12:00 - 27/03/2026 20:00

PR870A

Outorgamento de licenzas para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica por entidades locais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano