Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA850A
Solicitude de acreditación de actividades no sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias a través de Saga.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Sanidade
Poderán ser obxecto de acreditación, de acordo cos criterios establecidos pola Comisión Nacional de Formación Continuada, as actividades relacionadas coas seguintes titulacións e profesións sanitarias:
1. Profesións sanitarias tituladas:
a) De nivel licenciado: as profesións para cuxo exercicio habilitan os títulos de licenciado en medicina, en farmacia, en odontoloxía e en veterinaria, e os títulos oficiais de especialista en ciencias da saúde para licenciados a que se refire o título II da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.
b) De nivel diplomado: as profesións para cuxo exercicio habilitan os títulos de diplomado en enfermaría, en fisioterapia, en terapia ocupacional, en podoloxía, en óptica e optometría, en logopedia e en nutrición humana e dietética, e os títulos oficiais de especialista en ciencias da saúde para tales diplomados a que se refire o título II da Lei 44/2003, do 21 de novembro.
2. Profesionais da área sanitaria de formación profesional:
a) De grao superior: os que posúan os títulos de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía, en dietética, en documentación sanitaria, en hixiene bucodental, en imaxe para o diagnóstico, en laboratorio de diagnóstico clínico, en ortopróteses, en próteses dentais, en radioterapia, en saúde ambiental e en audiopróteses.
b) De grao medio: os que posúan os títulos de técnico en coidados auxiliares de enfermaría e en farmacia.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
Avda. Fernando Casas Novoa, 37. Portal A-B, 1° andar
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881 541819
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitude normalizada segundo o anexo I de autorización de seguimento de expedientes no SAGA
Solicitude normalizada de acreditación de actividades non presenciais ou mixtas de formación continuada
Solicitude normalizada de acreditación de actividades presenciais de formación continuada
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de febreiro de 2009 pola que se establece o procedemento para a solicitude de acreditación de actividades no Sistema Acreditador da Formación Continuada das profesións sanitarias na Comunidade Autónoma de Galicia a través de Saga (DOG nº 47 do 9 de marzo de 2009).
-
Outros procedementos relacionados
Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades
Prazo aberto: 16/01/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59
Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano
Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano