Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR561B - Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
a) Establecer o procedemento de autorización dos laboratorios que efectúen ensaios de autocontrol para a detección de salmonelas nas explotacións gandeiras, determinando os requisitos para a súa autorización e as condicións mínimas de funcionamento destes.
b) Crear o Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados para a realización de autocontrois nos programas de vixilancia e control de salmonela nas explotacións gandeiras na Comunidade Autónoma de Galicia.
Quedan exceptuados do disposto no punto anterior os laboratorios oficiais de sanidade e produción animal da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os laboratorios que desexen obter a autorización para a realización dos autocontrois de salmonela nas explotacións gandeiras, sen prexuízo dos demais requisitos exixibles polas distintas administracións públicas, deberán cumprir, polo menos, as seguintes condicións:
a) Funcionar de acordo coa norma europea de requisitos xerais relativos á competencia dos laboratorios de ensaio e calibración, actualmente norma EN/ISO/17025, é dicir, estar acreditado ou, polo menos, demostrar que iniciou e prosegue os procedementos de acreditación necesarios conforme a lexislación, ou aplicar procesos de aseguramento da calidade acordes con ela.
A acreditación dos laboratorios de ensaio poderá referirse a ensaios illados ou a grupos de ensaios.
b) Estar situados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Dispor dun local e instalacións que cumpran a normativa que lles sexa de aplicación, e que contará, polo menos, coas seguintes áreas:
1ª De recepción de mostras.
2ª De atención ás persoas usuarias.
3ª De administración e de arquivo de documentación.
4ª De aseos e vestiarios para o persoal.
5ª De traballo propiamente dito, cos elementos necesarios para garantir unhas adecuadas condicións de seguridade e illamento, se é o caso, na manipulación das mostras. O acceso á zona de análise deberá estar perfectamente diferenciado da zona de acceso de persoas usuarias.
6ª De limpeza de material e eliminación de residuos.
7ª De almacén.
8ª De instalacións frigoríficas necesarias para a boa conservación dos reactivos, mostras e demais materiais que precisen condicións de refrixeración ou conxelación.
e) Dispor dos equipamentos necesarios para as análises que realice. Ao respecto, deberá existir un inventario destes equipamentos que inclúa como mínimo os seguintes datos: equipamento, marca, modelo, número de identificación, fabricante e data de posta en servizo. Así mesmo, existirá un plan de mantemento e calibración dos equipamentos que o precisen, que garanta o seu correcto funcionamento.
f) Contar con, polo menos, unha persoa directora técnica responsable da organización e supervisión da actividade do laboratorio, con formación e experiencia mínima dun ano na área analítica para a que solicita a autorización. Esta será a responsable da emisión dos informes de análises, e das notificacións de resultados ás autoridades competentes cando proceda.
g) Contar con persoal técnico e/ou auxiliar coa titulación, coñecementos, experiencia e competencia adaptados ás tarefas e responsabilidades que lles sexan outorgados.
h) Dispor, por escrito, do organigrama de funcionamento e da relación de persoal, coas funcións que realiza.
i) Dispor dun manual de procedementos e técnicas ou métodos de ensaio empregados nas determinacións das diferentes mostras, á disposición do persoal.
j) Dispor de procedementos normalizados de traballo, expresados por escrito e a disposición do persoal en calquera momento, elaborados sobre a base de criterios científicos xeralmente admitidos, en relación a:
-Obtención e preparación das mostras.
-Condicións de aceptación destas conforme a normativa vixente, rexeitando calquera mostra que non cumpra os requisitos de mostraxe establecidos pola normativa ou, se é o caso, polas normas técnicas correspondentes.
-Tempo máximo de almacenamento antes e despois das análises.
-Conservación e transporte das mostras.
k) Garantir a rastrexabilidade dos resultados a través dos rexistros correspondentes a cada análise. Estes rexistros deberán estar á disposición da autoridade competente en materia de sanidade animal e estarán conservados adecuadamente durante un período non inferior a tres anos desde a emisión da análise.
l) Permitir e colaborar cos servizos veterinarios oficiais nas inspeccións que se consideren oportunas.
m) Participar en exercicios de avaliación externa da calidade dos ensaios. Deberán participar, polo menos unha vez ao ano, e superar satisfactoriamente probas de detección colectivas ou ensaios de intercomparación de laboratorios organizados ou coordinados por entidades acreditadas para o efecto, participando así mesmo de forma obrigatoria en todos os organizados ou coordinados polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia e/ou o Laboratorio Nacional de Referencia para as salmoneloses animais (Laboratorio Central de Sanidade Animal de Algete), cando así se indique desde o laboratorio organizador ou a Administración competente.
n) Contar cunha adecuada xestión de residuos de conformidade coa normativa vixente.
o) Axustarse aos métodos implantados nas análises de autocontrol para os cales solicita autorización, aos métodos oficiais establecidos na normativa vixente (norma ISO 6579/2002, anexo D). Non obstante, poderanse utilizar métodos alternativos que fosen validados conforme a norma EN/ISO 16140/2003 e que ofrezan resultados equivalentes aos obtidos co correspondente método de referencia e protocolo recomendado polos organismos internacionais de normalización.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Sanidade Animal
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544782
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
PRAZA LUIS SEOANE S/N
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184685
Fax: 981182115
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Servizo de Sanidade Animal
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Decreto 389/2009, do 24 de setembro, polo que se regula a autorización de laboratorios para a realización de autocontrois nos programas sanitarios de vixilancia e control de salmonela nas explotacións gandeiras na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados para estes autocontrois (DOG nº 193 do 1 de outubro de 2009).
Resolución anual da Dirección Xeral de Sanidade da Produción Agraria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, pola que se publican os programas nacionais de erradicación, control e vixilancia das enfermidades dos animais.
Regulamento (CE) N.º 2160/2003, do Parlamento Europeo e o Consello, sobre o control de salmonela e outros axentes zoonóticos (DOUE do 12 de decembro de 2003).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
- Solicitude (Anexo III).
- Acreditación da representatividade.
- Xustificante de ter aboada a taxa correspondente.
- No caso de que non existan modificacións sobre a documentación achegada na solicitude de autorización:
- Declaración responsable de que non hai modificacións respecto á documentación achegada na solicitude de autorización.
- No caso de que existan modificacións sobre a documentación achegada na solicitude de autorización, achegar os novos documentos de entre os seguintes:
- Copia do NIF do laboratorio só no caso de non autorizar a súa consulta.
- Copia do DNI da persoa titular do laboratorio, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Copia do DNI da persoa directora tecnica responsable, só no caso de non autorizar a súa consulta no Anexo II.
- Copia do do título academico da persoa directora tecnica responsable.
- Certificación da persoa directora tecnica responsable de experiencia mínima dun ano na área analítica para a que o laboratorio solicita a autorización.
- Relación do persoal que traballa no laboratorio, indicando a súa titulación e documentos xustificativos desta.
- Memoria tecnica co seguinte contido mínimo:
- Organigrama do laboratorio, indicando o funcionamento e o persoal responsable en cada unha das funcións.
- Planos das instalacións e resumo descritivo destas.
- Relación dos ensaios para os que solicita autorización, indicando as matrices analíticas, os metodos de ensaio, e o estado da acreditación, se e o caso.
- Relación do equipamento e instrumental necesario para a realización das análises para as que solicita autorización.
- Procedementos escritos sobre os metodos de ensaio empregados.
- Procedementos escritos sobre as condicións de aceptación das mostras.
- Procedementos escritos de pautas de toma de mostras por parte dos operadores.
- Modelo de informe de resultados.
- Modelo de rexistro do laboratorio, ou descrición da información que conterá este.
- Plan de xestión de residuos.
- Xustificante de acreditación de acordo coa norma EN/ISO 17025.
- Outros (indicar).
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"