Guía de procedementos e servizos

SA701D

Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

1. O presente decreto ten por obxecto regular, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a formación do persoal que realiza actividades de mantemento hixiénico-sanitario de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, do persoal que realiza prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing así como calquera outra práctica de decoración corporal que implique a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e do persoal operador de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

2. En concreto, neste decreto se regula o réxime de declaración responsable das entidades de formación, os requisitos, responsabilidades e as obrigas destas, as condicións mínimas e o contido da formación así como a creación do rexistro de entidades de formación hixiénico-sanitaria.

Comunicación de cada actividade formativa.

As entidades de formación deberán comunicar á xefatura territorial da consellería con competencia en materia de sanidade da provincia onde se pretenda realizar a parte teórica e/ou presencial da formación, o inicio do curso de que se trate, cun mínimo dunha semana de antelación, para iso cubrirán o Anexo II, que poderase presentar nas mesmas condicións que se especifican nos dous artigos precedentes.

Entidades de formación que teñan presentado o Anexo I ou que estéan legalmente establecidas noutra comunidade autónoma ou pais da Unión Europea.

 

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria

Servizo de Saúde Ambiental

Edificio Administrativo San Lazaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542969

Email: servizo.sanidade.ambiental@sergas.es

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 25 de xuño de 2018.

1. A formación do persoal a que se refire o artigo 2 deste Decreto cumprirá os respectivos criterios recollidos nos Anexos IV, V e VI, os cales teñen carácter de mínimos.

    2. A dita formación poderase impartir de forma presencial ou semipresencial, de conformidade co contido formativo mínimo establecido no Anexo VII, sen prexuízo das necesarias prácticas presenciais correspondentes.

    • Comunicación segundo o Anexo II, acompañada da seguinte documentación:

    • Anexo III, comprobación de datos das persoas relatoras.

    • Documento acreditativo da representación. No caso de que a persoa comunicante sexa distinta da que consta na declaración responsable.

    • Cando a persoa comunicante é unha persoa xurídica, copia certificada da súa constitución e certificación da súa inscrición no Rexistro Mercantil, se é o caso.

    • Guía didáctica da persoa usuaria (só no caso da primeira edición dos cursos na modalidade de teleformación semipresencial).

    • Comprobación de datos.

    Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

    • DNI ou NIE da persoa representante, no caso de ser diferente da persoa que realizou a declaración de inicio da actividade.

    • No caso de entidades legalmente establecidas noutras comunidades autónomas ou en Estados membros da Unión Europea, a comunicación á xefatura territorial incluirá a documentación acreditativa.

    • DNI/NIE das persoas relatoras.

    • Título oficial universitario das persoas relatoras.

    • Título oficial non universitario das persoas relatoras

    Despois de presentar

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    Normativa
    • Ámbito Autonómico
      • Decreto 51/2018, do 22 de marzo, polo que se regula a formación do persoal que realiza actividades de mantemento hixiénico-sanitario de instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, do persoal que realiza prácticas de tatuaxe, micropigmentación e piercing, así como calquera outra práctica de decoración corporal que implique a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e do persoal operador de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta (DOG nº 100 do 28 de maio de 2018).

    Descargar o contido desta ficha en formato PDF

    Outros procedementos relacionados

    MR435D

    Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MR561A

    Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MR561B

    Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    PR220A

    Pericias forenses a pedimento de particulares.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano