Guía de procedementos e servizos

SA600B

Alta/modificación no Rexistro Galego de Exposición Laboral ao Amianto (REGELA).

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Este decreto ten por obxecto a creación e regulación do Rexistro galego de exposición laboral ao amianto (REGELA).

En particular é obxecto deste procedemento:

Alta/modificación no Regela.

1. Serán obxecto de rexistro no Regela as persoas que se atopen nos seguintes supostos:

a) Persoas preexpostas: aquelas persoas sometidas á vixilancia da saúde obrigatoria antes do inicio dos traballos con exposición ao amianto para determinar a súa aptitude específica para estes traballos.

b) Persoas expostas: aquelas persoas traballadoras con exposición laboral ao amianto en Galicia no momento actual, independentemente do seu lugar de residencia.

c) Persoas postexpostas activas na mesma empresa: aquelas persoas traballadoras con exposición laboral ao amianto nalgún momento da súa vida laboral, que non están expostas na actualidade, que sigan vinculadas laboralmente á mesma empresa en que tivo lugar a exposición e residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Persoas postexpostas activas en distinta empresa: aquelas persoas traballadoras con exposición laboral ao amianto nalgún momento da súa vida laboral, que non están expostos na actualidade, vinculadas laboralmente a unha empresa distinta en que tivo lugar a exposición e residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Persoas postexpostas inactivas: aquelas persoas con exposición laboral ao amianto nalgún momento, que se atopen en situación de cesamento na actividade laboral e residan na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As persoas con exposición laboral non incluídas no número 1, poderán ser inscritas no rexistro, sempre que acheguen as probas documentais adecuadas e suficientes que acrediten a súa exposición laboral a fibras de amianto ou de materiais que o conteñan e teñan a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria

Servizo de Saúde Ambiental

Edificio administrativo San Lázaro, s/n,

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881541882

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. As persoas que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, estivesen expostas ao amianto nalgún momento da súa vida laboral e non se atopen inscritas no Regela, poderán presentar unha solicitude de alta no dito rexistro.

2. As persoas inscritas no Regela poderán solicitar a modificación da súa inscrición.

As persoas responsables das comunicacións deberán achegar a documentación que se establece no presente artigo.

b) Xunto coa solicitude de alta/modificación no Regela, código de procedemento SA600B (anexo IV), presentarase:

1º. No caso de alta no Regela:

a. Documento acreditativo da representación, se é o caso.

b. Xustificante de ter realizado algunha das actividades reflectidas no Real decreto 1299/2006, do 10 de novembro, polo que se aproba o cadro de enfermidades profesionais no sistema da Seguridade Social e se establecen os criterios para a súa notificación e rexistro, en relación coa exposición ao amianto ou algunha das actividades do ámbito de aplicación do Real decreto 396/2006, do 31 de marzo.

c. De ser o caso, xustificante de padecer enfermidades relacionadas co amianto emitido por un servizo sanitario diferente do Servizo Galego de Saúde.

d. Calquera outra documentación que considere oportuno.

2º. No caso de modificación do rexistro do Regela: xustificante que motive a modificación.

c) Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento.

d) A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada nos supostos previstos no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da comunicación/solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

e) Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación/solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da comunicación/solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

f) No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, agás oposición da/s persoa/s interesada/s:

1º. DNI/NIE da persoa solicitante.

2º. DNI/NIE da persoa representante.

3º. Historia clínica do Servizo Galego de Saúde da persoa solicitante.

4º. Número de afiliación á Seguridade Social da persoa solicitante.

5º. Empadroamento en Galicia da persoa solicitante.

6º. Vida laboral da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución: 2 meses

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 396/2006, de 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto (BOE nº 86 de 11 de abril de 2006).

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 168/2019, do 12 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro Galego de Exposición Laboral ao Amianto (DOG nº 6 do 10 de xaneiro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR220A

Pericias forenses a pedimento de particulares.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano