Guía de procedementos e servizos

SA550A

Inicio da actividade para a inscrición no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (REGASA).

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Regular o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (en diante Regasa), que ten como finalidade a protección da saúde pública e dos intereses dos/das consumidores/as, facilitando o control oficial das empresas e establecementos sometidos á inscrición, así como o procedemento para a inscrición, modificación e cancelación rexistral das empresas, locais e establecementos alimentarios no citado rexistro.

Definir as condicións de comercialización entre establecementos de venda polo miúdo e a comercialización de alimentos elaborados en locais utilizados principalmente como vivenda privada.

Trátase dun procedemento afectado pola Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo relativa aos servizos no mercado interior.

O Regasa terá carácter autonómico, existindo un rexistro unificado para todo o ámbito da comunidade autónoma.

O Regasa será complementario do Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos, adscrito á Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, e respectará o carácter de rexistro unificado de ámbito estatal que a este último lle atribúe o artigo 1.2 do Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, polo que este se regula.

Empresas, locais ou establecementos alimentarios con sede, domicilio, axencia ou que exerzan a actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Rúa Durán Loriga, nº 3 - 7ª

15003  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155800

Fax: 981155801

Email: CENALI.DLC@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Rúa Montevideo, nº 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292127

Fax: 982292115

Email: Censos.alimentaria.lugo@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Avda. Zamora, nº 13

32005 

Teléfono: 988066372

Fax: 988066302

Email: Censos.alimentaria.ourense@sergas.es

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 1ª planta

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885860

Fax: 986885802

Email: Censos.alimentaria.pontevedra@sergas.es

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de presentación: ABERTO

O Decreto 74/2025, do 4 de agosto, polo que se regula o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Inscribiranse no Regasa as empresas ou os establecementos alimentarios, sempre que reúnan os seguintes requisitos :

a) Que o operador económico teña sede, domicilio, axencia ou exerza actividade comercial na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que a actividade que realice consista en manipular, preparar, elaborar ou transformar, almacenar ou servir alimentos para a súa venda ou entrega á persoa consumidora final ou a unha colectividade, in situ ou a distancia con ou sen repartición a domicilio, así como cando estes fornezan outros establecementos destas mesmas características e se trate dunha actividade marxinal en termos tanto económicos como de produción respecto da realizada por aqueles, que leve a cabo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.. Inclúense os locais ambulantes ou provisionais, os almacéns de apoio, así como os locais utilizados principalmente como vivenda privada nos que se preparan alimentos para a súa subministración directa.

Non serán obxecto de asento no Regasa:

a) As empresas e establecementos alimentarios que teñan a obrigación de estaren inscritos no Rexistro Xeral Sanitario de Empresas Alimentarias e Alimentos, regulado polo Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro.

b) Os locais utilizados ocasionalmente para servir comidas.

c) As máquinas expendedoras de alimentos.

d) Os centros, establecementos e servizos de atención farmacéutica e sanitaria».

e) A venda directa de produtos primarios polos/as produtores/as á persoa consumidora final ou a establecementos de comercio polo miúdo para o abastecemento ao/á consumidor/a final.

f) Os furanchos

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes

1. As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)».

Documentación complementaria 

1. As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación.

a) Xustificante acreditativo do pagamento da taxa de inscrición, modificación ou cesamento da actividade económica, segundo o caso.

Poderase facer o pago das taxas na oficina virtual de Atriga empregando os seguintes códigos:

CONSELLERÍA: 11 SANIDADE

DELEGACIÓN:

10-A CORUÑA

20-LUGO

30-OURENSE

40-PONTEVEDRA

SERVIZO: 08-SAÚDE PÚBLICA

TAXA: 300200-INSCRICIÓN EN REXISTROS OFICIAIS. PRIMEIRA INSCRICIÓN.

As tarifas vixentes poderán consultarse en Tarifas vixentes de taxas, Anexo I, código 300200, primeira inscrición.

b) Plano da vivenda que reflicta as estancias ou zonas adicadas a actividade de elaboración de alimentos para a súa venda no caso de ser necesario

c) Copia do documento acreditativo da representación, no caso de actuar mediante ela.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de xeito motivado o cotexo das copias presentadas polas persoas interesadas, para o que poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del».

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa comunicante

b) DNI/NIE da persoa representante

c) NIF da entidade comunicante

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes»

Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da comunicación deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de resolución:

A comunicación de inicio de actividade será condición única e suficiente para a inscrición no REGASA

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (DOG nº 205 do 26 de outubro de 2012)

    • Decreto 173/2019, do 26 de decembro, polo que se modifica o Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios. (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2020).

    • Corrección de erros. Decreto 173/2019, do 26 de decembro, polo que se modifica o Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios. (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2020).

    • Decreto 74/2025, do 4 de agosto, polo que se regula o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos (DOG nº 163 do 27 de agosto de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 365/2005, do 8 de abril, polo que se aproba a Instrucción técnica complementaria MI-IP-05 Instaladores ou reparadores e empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos (BOE nº 100 do 27 de abril de 2005).

  • Ámbito Europeo
    • Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (DOUE nº 376 de 27 de decembro de 2006)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

SA440A

Inicio de actividade, modificación de datos declarados ou cesamento total de actividade dunha empresa funeraria, tanatorio, velorio ou crematorio actividade dunha empresa funeraria, tanatorio, velorio ou crematorio.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA441A

Traslado mortuorio.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA442A

Dilixenciamento de libros de rexistro para unha empresa funeraria, tanatorio, velatorio, crematorio ou cemiterio.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA451A

Rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano