Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
SA481A
Autorización de traslado de oficina de farmacia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Sanidade
Regulación tanto da autorización como do traslado das oficinas de farmacia é o de establecer os principios xerais para a ordenación das oficinas de farmacia dada a súa condición de establecementos sanitarios de interese público e a necesidade de lle garantir á poboación da Comunidade Autónoma de Galicia unha atención farmacéutica conveniente.
Somentes os farmacéuticos poderán ser propietarios e titulares das oficinas de farmacia, cada farmacéutico somentes poderá ser propietario ou cotitulare dunha única farmacia. Estes deberán de acreditar a propiedade ou os dereitos da natureza real ou personal que legitimen a utilización de local para a instalación da oficina de farmacia.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de A Coruña
R/Durán Loriga, 3
15003 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981155817/ 981155823
Fax: 981155869
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Lugo
Montevideo, 9
27001 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982292107
Fax: 982292115
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Ourense
Avda. Zamora, 13
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988066321
Fax: 988386302
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra
Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra
Fernández Ladrera, nº 43, 1º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986885880
Fax: 986814186
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra
Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios de Pontevedra (Vigo)
Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817624
Fax: 986817627
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará ou día 24 de agosto de 2016.
Personal: Licenciado en farmacia.
Local:
a) Deberá ter acceso directo, libre e permanente á vía pública, exenta de barreras arquitectónicas, debendo de reunir as condicións hixiénico-sanitarias precisas para o servizo farmacéutico.
b) Ademáis deberán de:
- Dispoñer dunha superficie útil de 70 metros
- Contar coas seguintes zonas: de atención ao usuario; de recepción, revisión e almacenamento de medicamentos e productos sanitarios; de laboratorio para a elaboración de fórmulas maxistrais e preparados oficinais; de toma de mostras, en caso de realizar análises clínicas; de atención individualizada; de descanso para gardas; aseo para uso persona da oficina de farmacia.
- Cun equipamento informático axeitado para o desenvolvemento das súas funcións.
c) Para o establecemento dunha oficina de farmacia, sexa por nova autorización ou traslado, non poderá facerse a unha distancia inferior a 250 metros doutras oficinas de farmacia ou doutro centro público de asistencia sanitaria.
Solicitude segundo o Anexo I.
Xustificación do pagamento da taxa.
Xustificación documental da dispoñibilidade xurídica do local.
Croquis que mostre a localización do local.
Certificación redactada por técnico competente e visada polo seu correspondente colexio profesional relativa ao local onde se pretende instalar a oficina de farmacia, axeitada ao disposto no artigo 16 da Lei 5/1999, do 21 de maio, de Ordenación Farmacéutica e Normativa de Desenvolvemento e na que se especifique o estado de construción do local designado, superficie útil dispoñible, distribución, plantas que ocupa e características para o seu acceso dende a vía pública, que terán en consideración a normativa sobre accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas que lle sexan de aplicación. Así mesmo, especificará a situación e distancias en relación coas oficinas de farmacia máis próximas e os centros sanitarios públicos.
Plano a escala 1:2000 do local proposto en relación co edificio do que forma parte, realizado por un técnico competente.
DOCUMENTACIÓN A MAIORES NO SUPOSTO DE TRASLADOS FORZOSOS.
Documentación acreditativa da causa que impide a continuación da actividade de atención farmacéutica no local onde se viña exercendo.
Compromiso de retorno a ubicación de orixe, coa indicación do prazo para o que se solicita o traslado, cun máximo de tres anos para o caso de traslados forzosos provisionais.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Seis meses/Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).
-
Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica (DOG nº 99 do 26 de maio de 1999).
-
Lei 4/2005, do 17 de marzo, de modificación da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica (DOG nº 62 do 1 de abril de 2005).
-
Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 125 do 28 de xuño de 2001).
-
Corrección de erros.-Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 66 do 5 de abril de 2002).
-
Decreto 193/2005, do 30 de xuño, polo que se modifica o Decreto 146/2001, do 7 de xuño, sobre planificación, apertura, traslado, cerramento e transmisión de oficinas de farmacia (DOG nº 133 do 12 de xullo de 2005).
-
Outros procedementos relacionados
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano
Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.
Aberto todo o ano