Guía de procedementos e servizos

SA431D

Inicio de actividade nunha piscina ou variación de datos previos declarados.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

1. A persoa titular da piscina de uso público ou de uso privado tipo 3A, excepto as das comunidades de persoas propietarias, deberá declarar o inicio da actividade á xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade correspondente segundo a localización xeográfica da instalación nos seguintes casos:

a) Antes da súa entrada en funcionamento por primeira vez.

b) Antes da súa entrada en funcionamento tras obras de construción ou reformas.

c) Cando se produzan variacións nas circunstancias ou datos previamente declarados.

Na declaración responsable recolleranse os datos da instalación, titularidade, existencia ou non de empresa xestora, tipo de instalación, número de socorristas ou persoas tituladas en primeiros auxilios (se procede) e datos da actividade.  

Tamén se declararán os datos da actividade relativos á data prevista do inicio da actividade, o período previsto no que a instalación permanecerá aberta e o horario de apertura.

2. A presentación da declaración responsable por parte das persoas físicas ou xurídicas interesadas titulares considerarase condición suficiente para o inicio da actividade e o seu exercicio por tempo indefinido, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que se poidan levar a cabo con posterioridade.

3. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe ou incorpore á declaración responsable, ou a non presentación ante a Administración competente da declaración responsable, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Persoas titulares de piscinas localizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Control de Riscos Ambientais de A Coruña

R/ Durán Loriga 3

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155832

Fax: 981155813

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292087

Fax: 982292128

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Ourense

Avda. Zamora, 13

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066325

Fax: 988066331

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885878

Fax: 986505610

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 28 de outubro de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Declaración responsable segundo o Anexo I.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade declarante.

  • DNI/NIE da persoa declarante.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia (DOG nº 191 do 8 de outubro de 2019).

    • Corrección de erros. Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia (DOG nº 204 do 25 de outubro de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 244 do 11 de outubro de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 271 do 12 de novembro de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 156 do 27 de xuño de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano