Guía de procedementos e servizos

SA431C

Reinicio/peche de actividade nunha piscina.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

1. A persoa titular dunha piscina de uso público ou de uso privado tipo 3A, excepto as de comunidades de persoas propietarias, deberá comunicar á xefatura territorial da consellería competente en materia de sanidade correspondente segundo a localización xeográfica da instalación as seguintes situacións:

a) O peche da instalación cando teña lugar durante un período superior a dúas semanas.

b) O reinicio da actividade tras o peche superior a dúas semanas en piscinas de uso continuo e a reapertura nas piscinas de uso descontinuo.

Na comunicación previa indicaranse os datos da instalación e o tipo de comunicación que se realiza.

Tamén se indicarán os datos da actividade relativos á data prevista do reinicio da actividade ou peche da piscina e o período previsto no que a instalación permanecerá aberta ou pechada.

2. A presentación da comunicación previa por parte das persoas físicas ou xurídicas interesadas titulares no suposto da letra b) do número 1 considerarase condición suficiente para o reinicio da actividade e o seu exercicio por tempo indefinido, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección que se poidan levar a cabo con posterioridade.

3. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se acompañe ou incorpore á comunicación previa, ou a non presentación ante a Administración competente da comunicación previa, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade afectada dende o momento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que houbese lugar.

Persoas titulares de piscinas localizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Control de Riscos Ambientais de A Coruña

R/ Durán Loriga 3

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155832

Fax: 981155813

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Lugo

Montevideo, 9

27001  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292087

Fax: 982292128

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Xestión de Ourense

Avda. Zamora, 13

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066325

Fax: 988066331

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Control de Riscos Ambientais de Pontevedra

Avda. M.ª Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885878

Fax: 986505610

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 28 de outubro de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Comunicación segundo o Anexo II.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade comunicante.

  • DNI/NIE da persoa comunicante.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia (DOG nº 191 do 8 de outubro de 2019).

    • Corrección de erros. Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas de Galicia (DOG nº 204 do 25 de outubro de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 244 do 11 de outubro de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 271 do 12 de novembro de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 742/2013, do 27 de setembro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas (BOE nº 156 do 27 de xuño de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano