Guía de procedementos e servizos

SA357A

Integración das unidades de análise na rede integradada de laboratorios de diagnóstico de triquina da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas y profesionales

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto establecer:

a) As condicións baixo as cales se manterá a Rede integrada de laboratorios de diagnóstico de triquina da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a designación do laboratorio de control oficial para análise de triquina, así como as condicións que deberán cumprir as unidades de análises dos matadoiros que queiran ser integrados dentro da rede para participaren no control oficial.

b) O procedemento polo cal as persoas interesadas poderán solicitar a realización de análise para a detección de triquina en carnes procedentes de matanzas domiciliarias de animais da especie porcina para o autoconsumo.

c) Esta orde regula o procedemento administrativo SA357A (Integración das unidades de análise na Rede integrada de laboratorios de diagnóstico de triquina da Comunidade Autónoma de Galicia).

Unidades de análises localizadas nos matadoiros de Galicia que realicen controis de triquina.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Dirección Xeral de Saúde Pública

Subdirección Xeral de Xestión, Calidade e Innovación

Servizo de Calidade en Saúde Pública

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542979/ 881541835

Dirección Xeral de Saúde Pública
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. As unidades de análises integradas cumprirán os requisitos técnicos e de calidade establecidos polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, así como os protocolos, directrices e liñas de actuación emanados deste no exercicio das funcións encomendadas.

2. A súa única actividade consistirá na detección de triquina na carne, mediante os métodos a que se refire o artigo 6 do Regulamento (UE) 2015/1375, do 10 de agosto de 2015.

3. Efectuarán a detección de triquinas baixo a supervisión do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, acreditado de acordo coa norma EN ISO/IEC 17025 para a utilización dos citados métodos analíticos.

4. Participarán regularmente e con resultados satisfactorios nos ensaios interlaboratorios comparados ou en ensaios de aptitude organizados polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia para os métodos que estas unidades utilicen para a detección de triquinas.

5. Os controis realizados polas unidades integradas da sección I (para autocontrol propio) formarán parte do control oficial dos produtos, e poderán facer mención nos seus informes á súa condición de unidades integradas na rede.

6. O persoal dos servizos oficiais de saúde pública con destino nun matadoiro con unidade de análise integrada exercerá, para todos os efectos, as funcións de responsable técnico dela.

7. Na páxina web da Consellería de Sanidade figurará a listaxe das unidades analíticas integradas, coas seccións que lles correspondan, así como os días e horarios en que se recollen as mostras de porco de matanzas domiciliarias, para os efectos de realizar o control consonte o disposto no artigo 7.

8. A entidade solicitante ou representante debe presentar unha declaración responsable na que manifeste o seguinte:

a) Que a unidade de análise indicada cumpre cos requisitos establecidos no anexo I da orde pola que se regula a Rede integrada de laboratorios de diagnóstico de triquina e o procedemento para solicitar o control sanitario da triquina nas matanzas domiciliarias de animais da especie porcina para o autoconsumo.

b) Que a unidade manterá o cumprimento dos requisitos técnicos e de calidade establecidos polo laboratorio central acreditado, así como os protocolos, directrices e liñas de actuación emanados deste no exercicio das funcións encomendadas durante a vixencia da actividade.

c) Que a entidade titular da unidade de análise se compromete a comunicar calquera variación nas condicións declaradas, así como calquera incidencia que puider afectar a calidade das funcións que se van desenvolver.

d) Que todos os datos contidos nesta declaración responsable son certos.

e) Que coñece e se obriga a manter os requisitos exixibles das unidades de análises integradas:

1º. Requisitos estruturais:

Contar cun local coas instalacións e condicións ambientais axeitadas para a realización da técnica conforme a norma UNE/EN ISO 17025.

Contar cos equipamentos e materiais funxibles necesarios para a realización da técnica conforme o Regulamento (UE) nº 2015/1375, do 10 de agosto, polo que se establecen normas específicas para os controis oficiais de presenza de triquinas na carne.

As unidades analíticas serán responsables da calibración e mantemento dos equipamentos que utilicen para a realización da técnica.

2º. Requisitos de persoal:

Dispor dos medios humanos necesarios e con formación axeitada para a realización da técnica. Deberase enumerar a relación de persoal auxiliar de que dispón e súa cualificación.

Este persoal deberá realizar as tarefas que veñen descritas no Manual de calidade do laboratorio central, en relación coa unidade analítica: xestionar o almacén de material funxible, preparar os ensaios, manexar as mostras, completar as follas de traballo e cumprir as responsabilidades que se lle asignen nos distintos documentos do sistema de calidade.

3º. Requisitos de calidade:

As unidades analíticas deberán cumprir todos os requisitos exixidos polo sistema de calidade implantado no laboratorio central de que van depender.

4º. Cada unidade será responsable do seu financiamento en relación con persoal auxiliar, equipamentos e material funxible necesarios, mantemento e calibración de equipos e custos derivados da implantación do sistema de calidade, da acreditación e do seu mantemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Documento acreditativo da representación.

    • b) No caso de que o solicitante sexa unha persoa xurídica, copia certificada da súa constitución e certificación da súa inscrición no Rexistro Mercantil, de ser o caso.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica.

Para estes efectos, considerase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante.

  • b) NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Se da comprobación efectuada resultara algunha discordancia cos datos facilitados polo propio interesado, o órgano instrutor estará facultado para realizar as actuacións procedentes para aclarala.

  • O procedemento de integración iniciarase coa presentación pola entidade interesada dunha declaración responsable do cumprimento dos requisitos exixidos, segundo o modelo establecido no anexo I (código de procedemento SA357A) e cos efectos previstos no artigo 69 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). O prazo de presentación da solicitude está aberto todo o ano.

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de xullo de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Sanidade (DOG nº 147 do 4 de agosto de 2016).

    • Orde do 26 de xaneiro de 2018 pola que se regula a Rede integrada de laboratorios de diagnóstico de triquina e o procedemento para solicitar o control sanitario da triquina nas matanzas domiciliarias de animais da especie porcina para o autoconsumo (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano