Guía de procedementos e servizos

SA210B

Acceso ao rexistro galego de instrucións previas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

As instrucións previas consisten nun documento, mediante o cal, unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade, co fin de que esta sexa cumprida no momento en que chegue a situacións nas cales non sexa quen de expresala persoalmente, sobre os coidados e o tratamento da súa saúde ou, unha vez chegado o falecemento, sobre o destino do seu corpo e dos seus órganos.

A persoa outorgante, o seu representante legal ou aquel designado como interlocutor co/a médico/a poderán acceder ao rexistro logo de formular solicitude, que se axustará ao modelo recollido no anexo IV e se dirixirá á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

A persoa outorgante, o seu representante legal ou aquel designado como interlocutor co/a médico/a

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Administrativo

Servizo Técnico Xurídico I

San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881542731/ 881540108

Fax: 881548629

Email: secretaria.xeral@sergas.es

Servizo Técnico Xurídico I
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (Dende o día 19 de xaneiro de 2015) .

  • Solicitude segundo o Anexo IV.

  • Documento acreditativo, válido en dereito, da representación.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 159/2014, do 11 de decembro, polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamento da saúde (DOG nº 248 do 29 de decembro de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano