Guía de procedementos e servizos

SA201A

Autorización de depósito especial de medicamentos estupefacientes veterinarios para o seu uso clínico en establecementos veterinarios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Sanidade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto deste decreto é establecer os requisitos e o procedemento para a autorización de depósitos especiais de medicamentos estupefacientes veterinarios para o seu uso clínico en establecementos veterinarios, en concreto para os efectos de seren utilizados para a analxesia e/ou indución anestésica en intervencións terapéuticas urxentes, que teñan que ser realizadas con carácter inmediato, en animais de compañía e silvestres en catividade, levadas a cabo polo propio centro.

Establecementos veterinarios.

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de A Coruña

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de A Coruña

R/ Durán Loriga, 3

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981155823

Fax: 981155869

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Lugo

Montevideo, 9

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982292106

Fax: 982292115

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Ourense

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Ourense

Avda. Zamora, 13

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988066317

Fax: 988066302

Xunta de Galicia

Consellería de Sanidade

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra

Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986885814

Fax: 986814186

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 28 de xaneiro de 2019.

Requisitos dos centros.

1. Soamente se autorizarán estes depósitos especiais naqueles establecementos veterinarios legalmente habilitados para o exercicio da actividade

2. Ademais do disposto no número anterior, os establecementos que desexen contar cun depósito especial de medicamentos estupefacientes veterinarios deberán cumprir cos seguintes requisitos:

a) Dispoñer dun depósito de medicamentos veterinarios baixo a responsabilidade dunha/dun veterinaria/o, comunicado formalmente conforme ao artigo 6 do Decreto 63/2012, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as condicións de comercialización e uso dos medicamentos veterinarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Vincular o depósito especial de medicamentos estupefacientes veterinarios a unha oficina de farmacia autorizada.

Requisitos técnicos dos establecementos veterinarios.

1. Os establecementos veterinarios que pretendan ser titulares dunha autorización para albergar un depósito especial de medicamentos estupefacientes veterinarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Contar cunha zona independente destinada a almacenar os medicamentos estupefacientes veterinarios, a cal deberá estar pechada con chave ou sistema de seguridade suficiente que garanta a exclusión do acceso de terceiras persoas sen emprego da forza.

b) Contar coas condicións adecuadas de temperatura, humidade e luz, de acordo co sinalado na ficha técnica do medicamento estupefaciente veterinario.

2. Asemade, os ditos establecementos deberan garantir en todo momento a máis rigorosa custodia dos citados medicamentos, de modo que se evite calquera posibilidade de subtracción e de dedicación a usos indebidos.

  • Autorizacións e revisións relativas ás actividades contempladas nos artigos 4, 39, 56, 76, 87 e 92 do Real Decreto 109/1995, do 27 de xaneiro, sobre os medicamentos veterinarios ( 31.07.03)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, a seguinte documentación:

    • a) Copia do documento acreditativo da representación, en caso de actuar mediante ela.

    • b) Xustificante acreditativo do pagamento da taxa:

Consellería: Sanidade CÓDIGO 11

- Delegación: Servizos Centrais CÓDIGO 13

- Servizo: Secretaría CÓDIGO 01

- Taxa: 310703

- Importe: 133,33 €

  • c) Declaración de compromisos asinada pola persoa titular do establecemento veterinario, pola/o veterinaria/o que actuará como responsable do control dos medicamentos estupefacientes e pola persoa titular da oficina de farmacia con que se propón a vinculación na cal amosen a súa conformidade, consonte o modelo que se recolle no anexo II.

  • d) Relación dos medicamentos estupefacientes veterinarios de que vai dispoñer o depósito especial, na cal se deberá detallar o número de envases de cada tipo de medicamento.

  • e) Memoria en que se recolla a información sinalada no artigo 6.2 desde Decreto.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI/NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI/NIE da persoa representante.

  • c) NIF da entidade solicitante.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes presentaranse segundo o modelo normalizado recollido no anexo I, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que a solicitude non reúna os requisitos sinalados, requirirase a persoa interesada para que nun prazo de dez días emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, advertíndolle que, se así non o fixer, se terá por desistido da petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 171/2018, do 8 de novembro, polo que se regula a autorización de depósitos especiais de medicamentos estupefacientes veterinarios para o seu uso clínico en establecementos veterinarios (DOG nº 5 do 8 de xaneiro de 2019)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR435D

Inspección periódica dos equipos de aplicación de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561A

Autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR561B

Renovación da autorización de laboratorios de autocontrol de salmonelas nas explotacións gandeiras.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR220A

Pericias forenses a pedimento de particulares.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano