Guía de procedementos e servizos

PR930D

Conecta con Galicia no camiño.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 22/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

De conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o 25 de abril de 2025 ás 23:59 h. Esta ampliación é exclusivamente para que as delegacións e as entidades autorizadas poidan dixitalizar e presentar na sede as solicitudes entregadas polas persoas interesadas dentro do prazo establecido, que remata o 21/04/2025.

Establecer asbases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia no Camiño para o ano 2025, que ten por finalidade facilitar aos participantes o enriquecemento persoal a través da convivencia con outros mozos e mozas galegos de diferentes procedencias e a realización de actividades que lles procuraran un maior coñecemento do territorio e a situación socio-cultural actual de Galicia, a través do percorrido de distintos tramos do Camiño de Santiago ata chegar a Compostela e outras actividades complementarias.

Mozos e mozas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

Rúa dos Basquiños, nº 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Secretaría Xeral da Emigración

De conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o 25 de abril de 2025 ás 23:59 h. Esta ampliación é exclusivamente para que as delegacións e as entidades autorizadas poidan dixitalizar e presentar na sede as solicitudes entregadas polas persoas interesadas dentro do prazo establecido, que remata o 21/04/2025.

Prazo de presentación: PECHADO

22/03/2025 00:00 - 21/04/2025 23:59

22/03/2025 00:00 - 25/04/2025 23:59

De conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (https://galiciaaberta.com), prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o 25 de abril de 2025 ás 23:59 h, a fin de que as Delegacións da Xunta de Galicia e as entidades colaboradoras, en exercicio da autorización outorgada polos solicitantes da axuda, poidan dixitalizar e presentar na sede os expedientes de solicitude entregadas polos interesados dentro do prazo establecido pola Resolución de convocatoria, do 3 de marzo do 2025.

Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

1. Con carácter xeral, poderán optar a unha praza para participar neste programa os mozos e as mozas con residencia habitual no estranxeiro que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 21 anos o día 19 de xullo de 2025.

b) Ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega residente no exterior.

c) Ter a nacionalidade española.

d) Encontrarse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de tres (3) meses contados desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

e) Carecer de discapacidades e outros impedimentos que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

2. Ademais deses requisitos xerais, as persoas solicitantes, en función da modalidade de financiamento a que opten, deberán ter en conta as seguintes disposicións:

No caso de optaren ás prazas con financiamento do 100 %, o importe total dos ingresos e rendas que perciban todos os membros da unidade familiar do solicitante non poderá superar o límite da cantidade que resulte do dobre da base de cálculo da prestación por razón de necesidade aprobada en 2025 para o país de residencia, ou, no caso de residir en Europa, do salario mínimo interprofesional no país de residencia para o ano desta convocatoria, multiplicado polo número de persoas que convivan menos unha.

As persoas interesadas restantes, que entendan que os ingresos da unidade familiar do solicitante supere ese tope, deberán optar por unha das prazas ofertadas na modalidade de copagamento conforme o especificado no anexo I desta convocatoria, e, no caso de seren seleccionadas, aboar, no prazo dos dez días seguintes ao da publicación da resolución de adxudicación das axudas, a cantidade de 800 € se residen en América, ou de 250 € se residen en Europa, en concepto de custo da viaxe. O correspondente importe seralle aboado directamente á empresa contratada pola Xunta de Galicia para os desprazamentos.

Para estes efectos, terán a consideración de rendas ou ingresos computables todo tipo de rendas, mesmo as axudas públicas ou privadas, os bens ou dereitos de que dispoña anualmente a persoa beneficiaria e/ou a súa unidade económica familiar, derivadas tanto do traballo como do capital, así como calquera outro substitutivo daqueles. Considerarase unidade familiar aquela que estea integrada pola persoa solicitante, o seu pai ou a súa nai ou, se é o caso, o cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade de aquel/a, e demais parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao que convivan con ela.

Solicitudes.

1. Cada persoa que pretenda participar só poderá presentar unha solicitude e nela fará constar os seus datos, a modalidade de axuda a que opta (financiada ao 100 % ou copagamento da viaxe) e a preferencia para o regreso.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a seguir, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:

• No Brasil:

– Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

– Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.

– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.

– Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía.

• En Venezuela:

– Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.

• En Cuba:

– Federación de Sociedades Galegas.

A utilización desta vía requirirá que a persoa solicitante autorice a persoa responsable da entidade colaboradora que se detalle no modelo normalizado de solicitude para que remita a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e non exime as persoas solicitantes da obriga de cubrir e asinar a solicitude segundo o anexo II.

No caso de utilizar esta vía, é recomendable que as solicitudes se presenten cunha antelación suficiente respecto ao do remate do prazo de presentación das solicitudes.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación da persoa solicitante:

a) Documentación acreditativa do seu nacemento en Galicia ou da ascendencia galega, que inclúa a documentación acreditativa do parentesco, cando proceda.

b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade: documento de identidade do país de residencia e pasaporte español en vigor ou, excepcionalmente, outros documentos en que consten os datos persoais e a nacionalidade.

c) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

d) Unha fotografía recente tamaño carné.

e) Informe médico, conforme o modelo oficial que figura como anexo III, de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin ter discapacidades que lles impidan participar con normalidade en actividades recreativas e deportivas.

f) Para as persoas participantes que opten polas prazas financiadas ao 100 %: xustificantes acreditativos das tres últimas nóminas ou certificación de ingresos realizada por contador público e validada pola entidade profesional correspondente, e acreditación do resto de ingresos brutos, así como das rendas ou pensións de calquera natureza que perciban as persoas integrantes da unidade económica familiar. No caso de que non perciban ingresos, unha declaración responsable que o faga constar.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de maneira presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– Datos do Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), para acreditar que a persoa solicitante se encontra vinculada cun concello galego desde, polo menos, tres (3) meses antes do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites de maneira presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia no Camiño, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 56 do, 21 de marzo de 2025).

    • Extracto da Resolución do 3 de marzo de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia no Camiño, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 56 do, 21 de marzo de 2025).

    • Resolución sobre a prolongación do prazo de permanencia na sede electrónica da Xunta de Galicia do procedemento con código PR930D ata o día 25 de abril.

Outros procedementos relacionados

PR935A

Axudas de emerxencia social.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/03/2025 00:00 - 06/10/2025 23:59

PR937A

Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/02/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59

PR911A

Bolsas de excelencia para a mocidade do exterior co fin de cursar estudos de máster que se inicien nunha universidade pública galega.

Prazo pechado: 23/01/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

PR930A

Conecta con Galicia. Actividades de aire libre.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 18/04/2024 00:00 - 20/05/2024 23:59