Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR930C
Conecta co Voluntariado en Galicia
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Convocar 40 prazas destinadas á mocidade de orixe galega residente no estranxeiro para participar no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, o cal lles ofrece a posibilidade de acadar un maior coñecemento do territorio e a situación actual de Galicia, a través da realización dun traballo desinteresado e comprometido co patrimonio natural e cultural de Galicia e outras actividades complementarias
Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais
Praza de Mazarelos, 15
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545882
Email: accion.social.emigracion@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
02/04/2026 00:00 - 04/05/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.
Poderá optar a unha das prazas obxecto desta convocatoria para participar no programa Conecta co Voluntariado en Galicia a mocidade que cumpra os seguintes requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 22 e os 30 anos o día 1 de xaneiro de 2026.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior.
c) Posuír a nacionalidade española.
d) Atoparse vinculada con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de tres (3) meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
e) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
Solicitudes
1. Cada persoa que pretenda participar só poderá presentar unha solicitude, asinada e completamente cuberta. A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican deseguido, nas cales existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes:
• No Brasil:
– Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
– Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.
– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.
– Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía.
• En Venezuela:
– Irmandade Galega en Venezuela.
– Irmandade Galega de Valencia.
– Centro Galego de Maracaibo.
– Centro Galego de Puerto La Cruz.
– Asociación Fillos de Galicia dos Estados de Aragua e Lara.
• En Cuba:
– Federación de Sociedades Galegas.
A utilización desta vía requirirá que a persoa solicitante autorice a persoa responsable da entidade colaboradora que se detalle no modelo normalizado de solicitude para que remita a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e non exime as persoas solicitantes da obriga de cubrir e asinar a solicitude segundo o anexo II.
Para o caso de utilizar esta vía, é recomendable que as solicitudes se presenten cunha antelación suficiente respecto ao do remate do prazo de presentación das solicitudes.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación da persoa solicitante:
a) Documentación acreditativa do seu nacemento en Galicia ou da ascendencia galega que inclúa a documentación acreditativa do parentesco, cando proceda.
b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade: documento de identidade do país de residencia e pasaporte español en vigor ou, excepcionalmente, outros documentos en que consten os datos persoais e a nacionalidade.
c) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia continuada no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.
d) Unha fotografía recente tamaño carné.
e) Informe médico, conforme o modelo oficial que figura como anexo III, de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin ter discapacidades que lles impidan participar con normalidade en actividades recreativas e deportivas.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– Datos do Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), para acreditar que a persoa participante se atopa vinculada a un concello galego cunha antigüidade mínima de tres (3) meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- Informe médico (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 18 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas que resida no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 61 do 01 de abril de 2026).
-
Extracto da Resolución do 18 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas que resida no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 61 do 01 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Carné Xove
Aberto todo o ano