Guía de procedementos e servizos

PR925A

Axudas económicas individuais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 11/02/2025 00:00 - 31/03/2025 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

De  conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o día 7 de abril de 2025 ás 23:59 h. Esta ampliación é exclusivamente para que as delegacións e as entidades autorizadas poidan dixitalizar e presentar na sede as solicitudes entregadas polas persoas interesadas dentro do prazo establecido, que remata o 31/03/2025.

Establecer as bases dun programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social, para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido ás persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro en que o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria e que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a acadar recursos económicos que contribúan a satisfacer as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria para as cales non dispoñan de cobertura suficiente.

Poderán ser beneficiarias destas axudas:

1. As persoas emigrantes nacidas en Galicia maiores de idade e residentes nalgún dos países do estranxeiro para os cales o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria.

2. Os/as seus/súas fillos/as maiores de idade (coa excepción prevista para o caso das axudas por violencia de xénero) que teñan a nacionalidade española e se encontren vinculados/as a un concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.

3. No caso do falecemento das persoas arriba indicadas, poderán ser, por unha vez, persoas beneficiarias as seguintes:

a) O cónxuxe viúvo/a ou parella de feito ou relación análoga de afectividade dunha persoa beneficiaria na última convocatoria deste programa, que falecese nos doce meses anteriores ao último día do prazo para a presentación de solicitudes en 2025, que acredite esas condicións e o cumprimento dos requisitos do artigo 3.1.e) e f), de conformidade co disposto no artigo 9.2.

b) Un membro da unidade familiar dunha persoa solicitante desta axuda que reúna as condicións para ser beneficiaria e faleza despois do último día do prazo de presentación de solicitudes e antes da proposta de resolución do órgano instrutor, sempre e cando o solicite por escrito dentro dese período, teña 18 anos feitos e acredite esas condicións e o cumprimento dos requisitos do artigo 3.1.e) e f), de conformidade co disposto no artigo 9.2.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral da Emigración

Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais

Servizo de Programas Sociais

Praza de Mazarelos, nº 15

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545882/ 981547291

Email: acción.social.emigracion@xunta.gal

https://emigracion.xunta.gal

Secretaría Xeral da Emigración
Requisitos e documentación

De  conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o día 7 de abril de 2025 ás 23:59 h. Esta ampliación é exclusivamente para que as delegacións e as entidades autorizadas poidan dixitalizar e presentar na sede as solicitudes entregadas polas persoas interesadas dentro do prazo establecido, que remata o 31/03/2025.

Prazo de presentación: PECHADO

11/02/2025 00:00 - 31/03/2025 23:59

11/02/2025 00:00 - 07/04/2025 23:59

De  conformidade coa Resolución publicada na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración (http://galiciaaberta.com), prolóngase o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica ata o día 7 de abril de 2025 ás 23:59 h., a fin de que as Delegacións da Xunta de Galicia e as entidades colaboradoras, en exercicio da autorización outorgada polos solicitantes da axuda, poidan dixitalizar e presentar na sede os expedientes de solicitude entregadas polos interesados dentro do prazo establecido pola Resolución de convocatoria, do 14 de xaneiro do 2025.

Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes empezará a contar a partir dos oito (8) días naturais seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de marzo de 2025, ás 23.59 horas (hora peninsular española), sen que en ningún caso poida ser inferior a un mes.

Malia o anterior, e de conformidade co establecido no artigo 32 da LPACAP, a Secretaría Xeral da Emigración, por razóns xustificadas, poderá ampliar o prazo de presentación de solicitudes mediante resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Se é preciso, poderase prolongar uns días o prazo de permanencia deste procedemento na sede electrónica da Xunta de Galicia, exclusivamente para os efectos de que as delegacións e demais entidades autorizadas, en exercicio da autorización outorgada polas persoas solicitantes para facelo, poidan introducir os datos das solicitudes recibidas en prazo. 

1. Sen prexuízo da necesidade de cumprir e acreditar os requisitos específicos que se indican para cada un dos supostos de axuda nos seguintes artigos, para accederen a estas axudas as persoas solicitantes deben reunir os requisitos xerais que se sinalan a seguir:

a) A condición de persoas beneficiarias de acordo co disposto no artigo 2.

b) Residir nun país do estranxeiro para o cal o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación económica por razón de necesidade no ano anterior cunha antigüidade mínima de tres meses, contados desde o día de publicación da convocatoria.

c) Carecer de rendas ou ingresos suficientes.

Considerarase que existen rendas ou ingresos insuficientes cando aqueles de que dispoña a persoa solicitante ou se prevexa que vai dispoñer en cómputo anual sexan iguais ou inferiores a 1,8 veces a base de cálculo da prestación económica por razón de necesidade establecida polo Estado español para o país de residencia, nas contías que se determinen para o ano desta convocatoria.

Malia o disposto no parágrafo anterior, se a persoa solicitante carece de rendas ou ingresos suficientes segundo o previsto nel, pero convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da dita cifra polo número das persoas que convivan menos unha.

Para os efectos do establecido neste punto, consideraranse rendas ou ingresos computables todo tipo de rendas, mesmo as axudas públicas ou privadas, os bens ou dereitos de que dispoña anualmente a persoa beneficiaria ou a unidade económica familiar, derivados tanto do traballo coma do capital, así como calquera outro substitutivo daqueles.

d) Carecer de patrimonio inmoble suficiente.

Considerarase que existe patrimonio inmobiliario suficiente cando o valor patrimonial ou equivalente dos inmobles, na unidade económica familiar, agás a vivenda habitual, supere en 2,5 veces as contías previstas nese punto en cómputo anual.

e) Non percibir a prestación por razón de necesidade do Estado español.

f) Carecer de impedimentos para a percepción desta axuda segundo a lexislación de subvencións aplicable en Galicia.

2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase como unidade económica familiar a integrada pola persoa solicitante e, de ser o caso, polo seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga de afectividade, así como polos/as fillos/as e parentes por consanguinidade, afinidade ou adopción ata o segundo grao, sempre que convivan coa persoa solicitante.

Forma e lugar de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico poderán presentar a solicitude e a documentación complementaria nas entidades colaboradoras que se indican a seguir:

• No Brasil:

– Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.

– Sociedade Hispano-Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo.

– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos.

– Asociación Cultural Hispano-Galega Cabaleiros de Santiago en Salvador de Bahía.

• En Cuba:

– Federación de Sociedades Galegas en La Habana.

• En Venezuela:

– Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.

A utilización desta vía requirirá que a persoa solicitante autorice a persoa responsable da entidade colaboradora que se detalle no modelo normalizado de solicitude para que remita a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, e non exime as persoas solicitantes da obriga de cubrir e asinar a solicitude segundo o anexo I.

No caso de utilizar esta vía, é recomendable que as solicitudes se presenten cunha antelación suficiente respecto ao remate do prazo de presentación das solicitudes.

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. No caso de que a persoa solicitante estea incapacitada, a solicitude farase ao seu nome e será asinada polo seu representante legal.

Documentación complementaria.

1. Para acreditar o cumprimento dos requisitos xerais, as persoas solicitantes achegarán coa solicitude, segundo o modelo do anexo I, a seguinte documentación:

a) Documento de identidade do país de residencia.

b) Documento acreditativo da representación legal, actualizado para o ano da convocatoria, de ser o caso.

c) Certificación ou xustificante acreditativo dos ingresos, rendas ou pensións de calquera natureza que perciban a persoa solicitante e os membros da súa unidade económica familiar ou, de non percibirse, declaración responsable da persoa solicitante de que ningún membro da súa unidade económica familiar, incluída ela, percibe ingresos, rendas ou pensións de calquera natureza.

d) Documento acreditativo da percepción da prestación por razón de necesidade (PRN).

e) Documentación xustificativa oficial na cal conste o valor patrimonial dos bens inmobles, agás a vivenda habitual, de que dispoñan os membros da unidade económica familiar da persoa solicitante, ou unha declaración responsable, asinada por todos os membros da unidade familiar maiores de idade, conforme o anexo II.

f) De ser o caso, documentación que acredite a convivencia dos membros da unidade económica familiar.

g) No caso de separación legal ou divorcio, achegarase unha copia da correspondente sentenza xudicial firme ou da certificación do Rexistro.

2. Para os efectos de acreditaren o cumprimento dos requisitos específicos dos distintos supostos de axuda, as persoas solicitantes presentarán a seguinte documentación:

2.1. Para acceder ás axudas orientadas a paliar a situación de precariedade no seo da unidade familiar do artigo 4.2: un informe social emitido por persoa profesional colexiada ou organismo oficial de ampla traxectoria no eido asistencial, no cal se detallen os membros da unidade familiar e os seus ingresos (mencionando, de ser o caso, o relativo á PRN), as condicións de vida, unha valoración acerca da suposta situación de precariedade e unha conclusión –favorable ou non– relativa á concesión da axuda solicitada.

2.2. Para acceder á axuda prevista no artigo 5: un informe social emitido por persoa profesional colexiada, no cal se concreten os membros da unidade familiar, os seus ingresos e unha valoración xeral da súa situación, e un informe médico segundo o modelo normalizado do anexo III, expedido por un facultativo dun centro de saúde público oficial do país de residencia ou dunha entidade galega ou española que preste servizos na área de saúde. Será causa de exclusión a presentación de informes médicos distintos ao do modelo do dito anexo.

2.3. Para os casos de violencia de xénero do artigo 6: unha sentenza, orde xudicial de protección, informe do Ministerio Fiscal ou informe social emitido por un organismo oficial que acredite o padecemento da situación de violencia no ano anterior e/ou no mesmo ano da convocatoria.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. A falsidade ou ocultación de datos na documentación presentada para obter a axuda comportará a exclusión do proceso de valoración e, polo tanto, a imposibilidade de ser persoa beneficiaria das axudas establecidas nesta resolución.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2025 (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2025).

    • Extracto da Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2025 (DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2025).

    • Corrección de erros. Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2025 (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2025).

    • Corrección de erros. Corrección de erros. Resolución do 14 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2025 (DOG nº 28 do 11 de febreiro de 2025).

    • Resolución sobre a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes do PR925A na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PR940A

Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940B

Revogación do recoñecemento.

Aberto todo o ano

PR940C

Inscrición no rexistro da galeguidade.

Aberto todo o ano

PR940D

Modificación de datos inscritos no rexistro da galeguidade.

Aberto todo o ano