Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

PR483A - Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva a concellos.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 21/01/2017 - 20/02/2017.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • DOCUMENTACIÓN XERAL
    • Certificación do acordo da entidade polo cal se solicita subvención (anexo VI)
    • Certificado do/a secretario/a da entidade local da remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia (anexo VI)
    • Memoria xustificativa, asinada pola persoa representante da entidade solicitante co contido do artigo 20.2.d)
  • DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA
    • SOLICITUDES PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO
      • Certificación do/a secretario/a da entidade local sobre vinculación do gasto co servizo ou servizos de protección do ambiente e do espazo natural (anexo VI)
      • Memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada pola persoa representante da entidade local, co contido do artigo 20.3.b)
    • SOLICITUDES PARA OBRAS
      • Certificación expedida polo/a secretario/a da entidade local, referida á plena disposición sobre os terreos e predios onde pretenden realizar as actuacións (anexo VI)
      • Proxecto/s ou anteproxecto/s da/s obras que se vaian realizar, co contido mínimo indicado no artigo 20.3.c)
    • SOLICITUDES PARA EQUIPAMENTO
      • Memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada pola persoa representante da entidade solicitante, co contido do artigo 20.3.d)
    • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

      Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
    • A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

      Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA COAS EE.LL.

SERVIZO DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA
Praza de Europa, 5A, 4º - Polígono de Fontiñas
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981546211 / 881997171 Fax: 981546569
Email: administracionlocal@xunta.es
Información web: http:///xunta.es/vicepresidencia-cpapx

O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.

Convócanse subvencións para o ano 2017 do Fondo de Compensación Ambiental, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Gastos subvencionables.

1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:
a) Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.
b) Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.
c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.
d) Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.

2. Considéranse tamén gastos subvencionables:
a) Os contratos de subministracións para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.
b) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.
c) Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE) son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
d) Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.

3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:
a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e máis á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.
b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.
c) Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.

Para os efectos do previsto no artigo 4 desta orde, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:
a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.
b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública ou obras en edificios municipais que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética do edificio.
c) Proxectos de utilización sustentable de enerxías renovables en instalacións e edificios municipais.
d) Vehículos eléctricos e vehículos híbridos.
e) Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.
f) Parques-escolas infantís que teñan como contido ou característica principal a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.
g) Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais, para a súa utilización recreativa e/ou didáctica.
h) Puntos limpos e centros de reciclaxe de residuos.
i) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.
j) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental.
k) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.
l) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.
m) Vehículos con equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental tales como sonómetros para efectuar as medicións relacionadas cos ruídos molestos e insalubres e/ou equipamento para toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, nos casos de residuos e verteduras.

Beneficiarios:

Os concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, aos afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación.

Requisitos:

Ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2015 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

AUTONÓMICA

Orde do 1 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 152 do 10 de agosto de 2017).

AUTONÓMICA

Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2017).

AUTONÓMICA

Orde do 22 de xuño de 2017 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 119 do 23 de xuño de 2017).

Anexos asociados

Prazo de presentación pechado (21/01/2017 - 20/02/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional