Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR100A
Acceso á información pública.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Lugar de presentación segundo o artigo 2 da mencionada orde:
1. As solicitudes de información deberán dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información, segundo o modelo do anexo I da presente orde.
2. As devanditas solicitudes deberán presentarse na Secretaría Xeral da Presidencia e nas secretarías xerais técnicas das respectivas consellerías, segundo a materia obxecto da solicitude, que serán as encargadas de remitilas, se é o caso, aos órganos competentes para a súa tramitación e resolución, previstos no artigo 27.3 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
3. A presentación será preferiblemente por vía electrónica a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Para a presentación electrónica das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia así como mediante a Chave concertada 365, na dirección https://sede.xunta.es/chave365.
4. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. De acordo co establecido no artigo 26.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a persoa solicitante non está obrigada a motivar a súa solicitude de acceso á información. Non obstante, poderá expoñer os motivos polos cales solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Non obstante, a ausencia de motivación non será por si soa causa de rexeitamento da solicitude.
Requisitos
1. O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse á persoa titular do órgano administrativo ou da entidade que posúa a información. Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 desta Lei aos cales estean vinculadas.
2. A persoa solicitante ten dereito a recibir orientación e asesoramento para o exercicio deste dereito a través do Sistema integrado de atención á cidadanía regulado na Lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración.
3. Para fomentar a presentación das solicitudes por vía electrónica, a Administración ofrecerá á cidadanía, a través do Portal de transparencia e Goberno aberto de Galicia, modelos normalizados de solicitude e a posibilidade de envío á Administración pública requirida, sen prexuízo das posibilidades que cada unha delas poida ofrecer na súa páxina web propia.
Requisitos segundo o artigo 17 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo gobernó:
1. O procedemento para o exercicio do dereito de acceso iniciarase coa presentación da correspondente solicitude, que deberá dirixirse ao titular do órgano administrativo ou entidade que posúa a información. Cando se trate de información en posesión de persoas físicas ou xurídicas que presten servizos públicos ou exerzan potestades administrativas, a solicitude dirixirase á Administración, organismo ou entidade das previstas no artigo 2.1 ás que se atopen vinculadas.
2. A solicitude poderá presentarse por calquera medio que permita ter constancia de:
a) A identidade do solicitante.
b) A información que se solicita.
c) Unha dirección de contacto, preferentemente electrónica, a efectos de comunicacións.
d) No seu caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada.
3. O solicitante non está obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información. Con todo, poderá expoñer os motivos polos que solicita a información e que poderán ser tidos en conta cando se dite a resolución. Con todo, a ausencia de motivación non será por se soa causa de rexeitamento da solicitude.
4. Os solicitantes de información poderán dirixirse ás Administracións Públicas en calquera das linguas cooficiais do Estado no territorio no que radique a Administración en cuestión.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Entrou en vigor o día 7 de marzo de 2016.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Anexos
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Un mes
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.
A resolución pode ser:
- Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
- Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).
Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Secretaría Xeral da Presidencia
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541283
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545201
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544121
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Edificios Administrativos - San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995347
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544312
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria
Edificios Administrativos - San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545532/ 981545533
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544416/ 981544417
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade
Edificios Administrativos - San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881542726/ 881542727
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544699
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544718
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544038/ 981995339
Órgano responsable
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016). Ligazón á normativa
-
Orde do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude de acceso á información pública da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 44 do 4 de marzo de 2016). Ligazón á normativa
-
Corrección de erros. Orde do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude de acceso á información pública da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 95 do 20 de maio de 2016). Ligazón á normativa
-
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno (BOE nº 295, do 10 de decembro de 2013). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Aberto todo o ano
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Aberto todo o ano