Guía de procedementos e servizos

PL400A

Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 05/03/2025 00:00 - 04/04/2025 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Establecer axudas para fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega, para o ano 2025, en concellos ou en agrupamento de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

1. As entidades locais de Galicia, excluídas as deputacións provinciais.

2. Os agrupamentos de concellos para a realización dun proxecto común. As súas entidades integrantes nomearán unha entidade representante única que actuará como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral da Lingua e que será a receptora da asignación económica.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística

Servizo de Xestión e Promoción Lingüística

Rúa de San Roque, nº 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996325/ 881996331/ 881996323

Email: sxpl.subvencions@xunta.gal

http://www.lingua.gal

Secretaría Xeral da Lingua

Prazo de presentación: PECHADO

05/03/2025 00:00 - 04/04/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Considerarase último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Se o último día do prazo for inhábil, prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Estes concellos ou agrupamento de concellos deberán ter unha poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Solicitudes.

1. Só se admitirá unha solicitude por persoa beneficiaria, que se presentará conforme o modelo oficial que figura como anexo I da convocatoria. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Xunto coa solicitude remitirase a seguinte documentación:

a) Acreditación de que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais do último exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG núm. 201, do 20 de outubro). As entidades locais deberán ter cumprido este requisito na data do remate do prazo de solicitude. No caso dos agrupamentos deberán cumprir este requisito todos os concellos que os forman.

b) Proxecto descritivo da modalidade para a que se solicita a subvención, no cal consten todos os datos referidos a el. Debe incluír o orzamento de gastos, total e desagregado por conceptos de gasto, previsto para a realización das accións para as que se solicita a axuda. Para tal fin cubrirase polo miúdo o anexo II, ao que se achegará, de o considerar necesario, unha memoria explicativa do dito proxecto.

c) Certificación expedida polo/a secretario/a xeral da entidade local, relativa ao acordo, adoptado polo órgano competente, polo que se decide a solicitude da subvención para a dinamización lingüística e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta convocatoria.

d) No caso dos agrupamentos deberán achegar as declaracións do anexo III todos os concellos que os forman.

e) De ser o caso, documento acreditativo do acordo de agrupamento realizado polo Pleno ou pola Xunta de Goberno de cada concello agrupado, así como do nomeamento dunha persoa que actuará como representante única, como coordinadora e interlocutora coa Secretaría Xeral da Lingua.

As entidades supramunicipais xa formadas deberán presentar a solicitude desde esa entidade.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Se a solicitude non cumpre os requisitos dos puntos anteriores ou non reúne os datos de identificación ou algún dos aspectos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, requirirase a entidade ou o solicitante, de conformidade co establecido no artigo 68 da dita lei, para que nun prazo de 10 días emende as faltas ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, cos efectos previstos no artigo 21 da mesma lei.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) así como, no seu caso, no anexo III, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística (DOG nº 129 do 17 de setembro de 1983).

    • Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (DOG nº 149 do 5 de agosto de 1997).

    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 de 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (DOG nº 201 do 20 de outubro de 2011).

    • Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2025).

    • Extracto da Orde do 14 de febreiro de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

ED116A

Rede de dinamización lingüística.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED115A

Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 03/04/2018 00:00 - 02/05/2018 23:59

PL400B

Subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 11/04/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59