Guía de procedementos e servizos

PE606A

Prazas de residencia e comedor nos centros dependentes da Consellería do Mar.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 13/07/2026 00:00 - 31/07/2026 23:59

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular a convocatoria para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Mar, así como convocar as prazas residenciais  para o curso escolar 2026/27.

Poderán ser persoas beneficiarias das prazas de residencia ou de comedor todo o alumnado que, durante o curso escolar, estea matriculado nos centros de formación dependentes da Consellería do Mar e realice os seguintes estudos náuticos e marítimo-pesqueiros:

a) Ciclos formativos de grao medio e superior da familia profesional marítimo-pesqueira.

b) Cursos de capitán/capitá de pesca, patrón/patroa costeiro/a polivalente, ampliación de atribucións para patrón/patroa costeiro/a polivalente, patrón/patroa local de pesca, aumento de atribucións para mecánico/a naval, aumento de atribucións para mecánico/a maior naval, revalidación dos títulos profesionais náutico-pesqueiros, mariñeiro/a pescador/a, mariscador/a e percebeiro/a.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos irmandiños, s/n - Salgueiriños

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546141

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

Rúa Aneiros, s/n - Serantes

15405  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981317611

Fax: 981328005

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Rúa Beiramar, nº 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986235609

Fax: 986201286

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

13/07/2026 00:00 - 31/07/2026 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes de residencia e comedor para o alumnado dos ciclos formativos recollidos no artigo 2.a) será:



Ordinario: quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta orde.



Extraordinario: do 1 ao 9 de setembro de 2026, no caso de existiren prazas vacantes.



 No caso do alumnado dos cursos recollidos no artigo 2.b), o prazo para a presentación de solicitudes finalizará o mesmo día en que rematen os prazos de matrícula de cada modalidade de curso, e sempre que haxa prazas vacantes unha vez adxudicadas as prazas do alumnado dos ciclos formativos.



As persoas que cursen un ciclo formativo e no curso académico anterior obtivesen unha praza de residencia, conservarán esta para o seguinte curso, logo da presentación da correspondente solicitude en período ordinario. Os/as repetidores/as deberán presentar a solicitude en período ordinario e someterse ao procedemento de adxudicación de prazas de residencia mediante baremo.



De acordo coa disposición adicional primeira:




  • Prazas de residencia e comedor para outros cursos que se organicen no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e non recollidos no artigo 2 desta orde


  • Sempre que exista crédito adecuado e suficiente, poderanse solicitar as prazas de residencia dispoñibles durante o curso escolar 2026/27 para os cursos relacionados coa actividade pesqueira e marisqueira que impartan o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo e a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, segundo a programación aprobada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.




De acordocoa disposición adicional segunda:




  •  Prazas de residencia e comedor no Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo para cursos de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro polivalente autorizados pola Consellería do Mar e impartidos na Escola de Formación Profesional Marítimo-Pesqueira de Bueu da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración


  • Sempre que exista crédito adecuado e suficiente, as persoas matriculadas nos cursos de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro polivalente na Escola de Formación Profesional Marítimo-Pesqueira de Bueu e que son autorizados pola Consellería do Mar poderán solicitar as prazas de residencia do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, dispoñibles durante o curso escolar 2026/27, unha vez atendida a demanda dos alumnos matriculados no centro.



Para acceder ás prazas reguladas nesta orde, as persoas interesadas deberán reunir os seguintes requisitos:

1. Ser cidadás de calquera país da Unión Europea ou persoas estranxeiras que acrediten a residencia ou estean dentro dun programa de cooperación internacional.

2. Ter feito os 16 anos de idade no ano da convocatoria.

3. Estar matriculadas no centro durante o curso escolar.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros residenciais correspondentes.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As persoas que cursen un ciclo formativo e no curso académico anterior obtivesen unha praza de residencia, conservarán esta para o seguinte curso, logo da presentación da correspondente solicitude en período ordinario. Os/as repetidores/as deberán presentar a solicitude en período ordinario e someterse ao procedemento de adxudicación de prazas de residencia mediante baremo.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II. Comprobación dos datos doutras persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.

b) Copia da certificación académica en que figuren as notas correspondentes ao curso escolar inmediatamente anterior a esta convocatoria para aqueles/as solicitantes que procedan doutro centro formativo. Estará exento de presentar esta certificación o alumnado dos cursos especificados no artigo 2.b).

c) Documentación acreditativa da condición de orfandade, se é o caso.

d) Documentación acreditativa de familia monoparental, cando sexa expedida por outra comunidade autónoma, se é o caso.

e) Documentación acreditativa de ser vítima de terrorismo, se é o caso.

f) Documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero, se é o caso.

g) Documentación acreditativa dos estudos de bacharelato, formación profesional específica ou universitaria que estean cursando os irmáns ou as irmás das persoas solicitantes fóra do domicilio habitual, se é o caso.

h) Contrato de alugamento ou matrícula nunha residencia de estudantes ou establecemento de similares características dos irmáns ou das irmás das persoas solicitantes que procedan doutro centro formativo, se é o caso.

i) Título de familia numerosa, cando sexa expedido por outra comunidade autónoma, se é o caso.

j) Documentación acreditativa do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, cando sexa expedido por outra comunidade autónoma, se é o caso.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros residenciais correspondentes.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.

c) DNI ou NIE do resto das persoas da unidade familiar, se é o caso.

d) Certificado da renda (IRPF), tanto da persoa solicitante como dos demais membros que compoñen a unidade familiar obrigados a declarar (anexo I no caso do solicitante e anexo II para os demais membros que compoñen a unidade familiar).

e) Datos de convivencia actual.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Título de familia numerosa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante e de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, cando sexa expedido pola Xunta de Galicia.

c) Títulos universitarios e/ou non universitarios das persoas que compoñen a unidade familiar.

d) Certificado de familia monoparental, cando sexa expedido pola Xunta de Galicia.

e) Inscrición como demandante de emprego.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros residenciais correspondentes.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os prezos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias marítimo-pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desta consellería (DOG nº 176 do 16 de setembro de 2013).

    • Orde do 30 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais desta consellería, e se convoca a oferta de prazas para o curso académico 2026/27 (DOG nº 128 do 10 de xullo de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED311A

Premios extraordinarios de bacharelato

Prazo aberto: 17/07/2026 00:00 - 17/08/2026 23:59

ED311B

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior

Prazo aberto: 11/07/2026 00:00 - 10/08/2026 23:59

ED311D

Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico

Prazo aberto: 23/07/2026 00:00 - 24/08/2026 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano