Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE120A
Axudas dirixidas á diminución do efecto da pesca
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Regular a convocatoria para o ano 2026 das axudas dirixidas á diminución do efecto da pesca, actuacións realizadas por parte dos propietarios de buques para fomentar a pesca sustentable a a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos e acuáticos.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 540 099
Fax: 981 546 288
Email: frota.mar@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
22/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59
Para esta convocatoria de 2026 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Requisitos xerais
1. Ser propietario dun buque de 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras.
2. O buque debe ter o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e atoparse de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.
3. O buque para o cal se solicita axuda debe constituír un seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
4. Os buques pesqueiros deberán ter levado a cabo actividades pesqueiras no mar durante polo menos 60 días nos dous anos civís anteriores ao ano de presentación da solicitude. O órgano xestor das axudas comprobará o cumprimento dos días de actividade pesqueira mediante sistemas de localización de buques. Se o buque non dispón destes dispositivos, a comprobación realizarase mediante a consulta dos datos dos rexistros oficiais de vendas. Tamén se poderán consultar outros medios que, a xuízo do devandito órgano, acrediten suficientemente a actividade pesqueira e/ou a zona de faena da devandita actividade.
5. No caso de buques cuxa primeira venda dos produtos que captura sexa en fresco e, polo tanto, obrigatoria en lonxa, o volume de vendas que se obteña da suma das notas de venda durante o ano anterior ao da convocatoria deberá ser superior ao 50 % da media obtida para ese porto base e polo segmento de frota que figura no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia (RBPG).
6. No caso de buques para os que a primeira venda dos produtos que captura non sexa obrigada en lonxa, o buque debe dispoñer da autorización para realizar a devandita venda e debe transmitila ao órgano competente.
7. O buque non pode ter unha resolución desfavorable de regularización, salvo, que posteriormente se regularizase, para o que deberá asinar o anexo IV.
8. Os investimentos para os que se solicite axuda non poderán estar iniciados nin pagados antes de que se acredite o non inicio deles, nos termos indicados no artigo 12 desta orde.
No caso de que o solicitante conte cunha certificación de non inicio anticipada, os investimentos non poderán estar finalizados nin completamente pagados antes de que se acredite, unha vez presentada a solicitude, a non finalización destes por parte dos servizos da Consellería do Mar. No caso de que o barco estea fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano competente autorizará a persoa ou entidade encargada de facer esta certificación. Non obstante, o órgano competente poderá determinar que a inspección in situ se realice no porto base do buque.
9. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
10. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
11. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
12. Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no punto 1, letras a), b) do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:
– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009 do Consello, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.
– Estar, ou ter estado involucrado nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea segundo dispón o artigo 40, punto 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; estar, ou ter estado involucrado nos últimos 12 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque que enarbore o pavillón dun país incluído na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.
13. No marco do FEMP ou FEMPA, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, tal e como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.
14. Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
15. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
16. Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de persoa beneficiaria. Calquera financiamento que permita o cobramento anticipado da empresa provedora considerarase válido para os efectos do cumprimento deste punto, coa condición de que o seu custo sexa a cargo do cliente e se realice sen posibilidade de recurso ao provedor, no caso de falta de pagamento.
A documentación acreditativa do nivel de cumprimento dos prazos legais de pagamento presentarase xunto coa solicitude da axuda. Con todo, se a certificación de auditor ou o informe de procedementos acordados non pode obterse antes da terminación do prazo establecido para a súa presentación, achegarase xustificante de solicitar o devandito medio de acreditación e, unha vez obtido, presentarase inmediatamente e, en todo caso, antes da resolución de concesión.
A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:
i) As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos na epígrafe ii) seguinte e con suxeición á súa regulación.
ii) As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
1º. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou, no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.
Os informes de procedementos acordados ou as certificacións deberán realizarse segundo o establecido no artigo 215 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Para os efectos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
17. Á solicitude xuntaráselle unha declaración responsable, por parte do solicitante ou do representante, do cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 9 a 16 deste artigo.
Requisitos específicos
Sen prexuízo do anterior, segundo o tipo de axuda, deberanse cumprir os seguintes requisitos:
- Para axudas dirixidas á diminución do efecto da pesca (PE120A): só se concederán cando poida demostrarse que a arte de pesca ou outros equipos considerados posúen una maior selectividade por talles ou menor impacto no ecosistema e nas especies non obxectivo que as artes ou outros equipos estándar autorizados en virtude da normativa da Unión. A xustificación realizarase mediante informes realizados por técnicos ou expertos independentes con competencias para a súa emisión, que demostren que os investimentos que reciben apoio teñen a capacidade de conseguir maior selectividade da arte de pesca, ou menor impacto, respecto doutros equipamentos estándar en virtude da normativa da Unión. O dito informe será considerado elixible no marco deste tipo de actividade.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Só se admitirá unha solicitude por barco en cada liña de axudas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para os efectos da presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representante. A acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación, utilizando o anexo VIII da presente orde.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
– Segundo o tipo de axuda que se solicite: anexo I.A de solicitude de axudas para investimentos dirixidos á diminución do efecto da pesca, código do procedemento (PE120A).
– Anexo II da declaración responsable de non inicio do investimento, de ser o caso.
– Segundo o tipo de axuda que se solicite: anexo III relativo ao formulario de investimento: anexo III.A de axudas para investimentos dirixidos á diminución do efecto da pesca; anexo III.B de axudas para investimentos que melloren as condicións laborais e de seguridade a bordo; anexo III.C de axudas para investimentos destinados a aumentar a eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático e/ou redución das emisións de CO2; anexo III.E de axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria.
– Anexo IV, declaración de non ter resolución desfavorable a un proceso de regularización.
– Anexo V.1, de pluralidade de persoas solicitantes, de ser o caso.
– Anexo V.2, de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidades de bens, se é o caso.
– Anexo VIII, nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude, se é o caso.
– Segundo o tipo de axuda, anexo de indicadores FEMPA que corresponda: anexo IX.A de axudas para investimentos dirixidas á diminución do efecto da pesca; anexo IX.B de axudas para investimentos que melloren as condicións laborais e de seguridade a bordo; anexo IX.C de axudas para investimentos en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático e/ou redución das emisións de CO2 e anexo IX.E de axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria.
– No caso de axudas para investimentos que melloren as condicións laborais e de seguridade a bordo (PE120B) e para investimentos que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria (PE120E), anexo X de declaración responsable da persoa solicitante da axuda con respecto á aplicación da normativa pertinente en materia de accesibilidade para as persoas con discapacidade.
2. A documentación complementaria está formada por:
I) Se o solicitante é unha persoa física:
a) Declaración da renda da persoa solicitante dos exercicios 2023 e 2024 en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
II) Se o solicitante é unha persoa xurídica:
a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
b) Poder suficiente do representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
c) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil das contas anuais individuais depositadas do exercicio económico 2024, incluíndo informe de auditoría do exercicio 2024, se é o caso.
d) Certificación actualizada do Rexistro Mercantil, ou do rexistro que corresponda, das contas anuais consolidadas do exercicio 2024, tanto se foron depositadas pola persoa solicitante como aquelas contas en que a persoa solicitante estea incluída, incluíndo o informe de auditoría do exercicio 2024, de ser o caso.
e) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
III) Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado, e, na súa falta, do que figure en primeiro termo. Para os efectos do ingreso da subvención, a conta bancaria sinalada no anexo I. A, anexo I. B, anexo I. C ou anexo I. E deberá estar a nome unicamente de todas as persoas solicitantes:
a) Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, se é o caso. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación e especificar a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros (anexo V.2).
b) No caso dunha comunidade de bens ou unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica que estea en réxime de atribución de rendas, deberán presentar o modelo 184 de declaración informativa de entidades en réxime de atribución de rendas, dos exercicios 2023 e 2024, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
c) Anexo V.1 de pluralidade de persoas solicitantes ou anexo V.2 de agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidade de bens.
d) Acordo de nomeamento de representante ou apoderado para os efectos da solicitude da axuda, asinado por todos.
e) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais desta entidade, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
f) Declaración da renda dos exercicios 2023 e 2024 de cada persoa solicitante, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación.
Outra documentación complementaria:
IV) As liquidacións trimestrais ou mensuais do IVE dispoñibles do exercicio 2025, en que conste o seu envío telemático ou a súa presentación por parte de cada persoa solicitante, se é o caso.
V) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias, de cada persoa solicitante.
VI) Cando o importe do gasto unitario iguale ou supere a contía de 40.000 euros, no caso de execución de obras, ou de 15.000 euros, no caso de subministración de bens ou prestación de servizos, a persoa beneficiaria deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
VII) Facturas pro forma dos investimentos para os que se solicita subvención, con descrición detallada e pormenorizada de cada un dos investimentos, instalacións, equipamentos e sistemas que os integran, achegando, de ser o caso, os planos, esbozos ou vistas 3D necesarios para a súa correcta definición e, se é o caso, certificado de importación.
VIII) Certificación actualizada do Rexistro de Bens Mobles, sección de Buques, acreditativa da propiedade do buque e o estado de cargas ou gravames deste.
IX) Folla de asento actualizada (expedida nos 3 meses anteriores contados desde a data de publicación desta orde).
X) Seguro que garanta a cobertura de danos a terceiros.
XI) Se a realización do investimento require proxecto técnico ou planos, deberá achegarse e estar asinado por técnico competente e conterá os planos de antes e despois da realización do investimento que se solicita, se for preciso.
XII) Se a axuda é para investimentos dirixidos á diminución do efecto da pesca (PE120A): informe realizado por técnicos ou expertos independentes con competencias para a súa emisión, que demostre que os investimentos que reciben apoio teñen a capacidade de conseguir maior selectividade da arte de pesca, ou menor impacto, segundo o caso, respecto doutros equipamentos estándar en virtude da normativa da Unión.
XIII) Se a axuda é para investimentos que melloren as condicións laborais e de seguridade a bordo (PE120B) sen aumento de capacidade, para os investimentos que se relacionan nas letras da w) á aa) do artigo 10.1.B na epígrafe de seguridade: informe técnico que xustifique a actuación coa mellora da seguridade a bordo e que xustifique o non aumento de capacidade nin de habilidade para detectar peixe.
Se a axuda é para investimentos que melloren as condicións laborais e de seguridade a bordo (PE120B) con aumento de capacidade: GT adicionais que se utilizarán na obra indicando o buque de procedencia dos ditos GT.
XIV) Se as axudas son para mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático e/ou reducir as emisións de CO2 (PE120C) con aumento de capacidade: informe/auditoría enerxética de aforro de combustible por técnico especialista e GT adicionais que se utilizarán na obra indicando o buque de procedencia dos ditos GT.
XV) Se a axuda é para mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático e/ou reducir as emisións de CO2 (PE120C) sen aumento de capacidade:
i. Informe/auditoría enerxética de aforro de combustible emitido por un técnico especialista independente con competencia para a súa emisión, cando o investimento consista en estabilizadores ou quillas de balance ou flaps nas operacións que teñan como obxectivo mellorar a hidrodinámica do casco.
ii. Informe técnico que indique que a operación non incrementa a capacidade do buque, no caso das operacións que teñan como finalidade mellorar o sistema de propulsión dos buques.
iii. Auditoría enerxética de aforro de combustible emitida por un técnico ou experto independente con competencia para a súa emisión, no caso de novas tobeiras para mellorar o sistema de propulsión.
iv. Informe enerxético de aforro de combustible por un técnico ou experto independente con competencia para a súa emisión, no caso de modificación ou cambios de portas.
v. Informe de técnico ou experto independente, con competencia para a súa emisión, de que non se pon en perigo a selectividade desa arte de pesca, para as operacións que teñan por obxecto as artes de pesca, aparellos e utensilios de pesca.
vi. Informe/auditoría enerxética de aforro de combustible realizado por un técnico ou experto independente con competencia para a súa emisión, para as operacións que teñan por obxecto as artes de pesca, aparellos e utensilios de pesca.
XVI) Se a axuda é para mellorar a eficiencia enerxética e mitigar o cambio climático e/ou reducir as emisións de CO2 (PE120C) cambio de motor, deberán presentar, segundo corresponda:
i. Acreditación do fabricante do motor da redución do 20 % en emisións de CO2 ou unha redución na utilización de combustible do 20 %.
ii. Acreditación do fabricante do motor das características técnicas do novo motor.
iii. Acreditación de que o novo motor utiliza un tipo de combustible ou un sistema de propulsión do que se considera emite menos CO2 que o motor substituído. Ademais, estas medicións poderán ter en conta a norma ISO 8178.
XVII) Informe de riscos actualizado expedido pola Central de Información de Riscos do Banco de España, asinado electronicamente ou debidamente asinado e selado.
XVIII) Plan de financiamento do proxecto:
a) Informe en que se indique a forma en que se vai a financiar o proxecto, especificando o importe que se financiará con recursos propios, alleos ou con ambos os tipos de financiamento. Deberase especificar se se financia a través de conta corrente, de aforro, prazos, ampliación de capital, préstamo bancario, póliza de crédito, préstamo formalizado con socios, ou outro tipo de financiamento, indicándose tamén a entidade bancaria e o importe destinado a financiar o proxecto.
b) Documentación xustificativa do tipo de financiamento:
Recursos propios:
– Certificados bancarios actualizados, debidamente asinados e selados ou asinados electronicamente, das contas da persoa solicitante onde conste a titularidade, o tipo de conta (corrente, aforro, a prazos, etc.; as contas de crédito considéranse recursos alleos) e os fondos dispoñibles para realizar o investimento. No caso de que o tipo de conta non sexa unha conta corrente ou conta de aforro, deberá indicar a súa dispoñibilidade, ou, no caso contrario, o prazo de vencemento.
Non se admitirá a dispoñibilidade de fondos propios en contas bancarias en que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante.
– Ampliación de capital: escritura notarial de ampliación de capital en diñeiro, a súa correspondente inscrición no Rexistro Mercantil e o/os certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s deste/s.
Recursos alleos:
– Préstamos formalizados con entidades de crédito: póliza de préstamo vixente debidamente intervida ante notario.
– Pólizas de crédito formalizadas con entidades de crédito: póliza de crédito vixente (última renovación), debidamente intervida por notario, e certificado bancario actualizado debidamente asinado e selado ou asinados electronicamente, onde identifique o número da póliza de crédito a que fai referencia, o límite da póliza, o importe dispoñible e disposto.
– Préstamos formalizados con socios: contrato de préstamo entre socios, debidamente asinado por prestamista e prestameiro, certificado/s bancario/s do/dos desembolso/s daquel, e a liquidación definitiva do imposto correspondente no organismo competente, se é o caso.
Non se admitirán os recursos alleos en que figure como titular algunha persoa que non teña a condición de solicitante; tampouco se admitirán préstamos de entidades provedoras.
Noutros casos, achegarase a documentación financeira correspondente.
XIX) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro, suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, co fin de comprobar o requisito establecido no artigo 5.16) da presente orde, deberán presentar:
– Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
– Informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
XX) Factura da certificación ou do informe de procedementos acordados do auditor mencionado no punto anterior. Se o gasto unitario da factura iguala ou supera os 15.000 €, deberá achegar, como mínimo, dúas ofertas máis de diferentes provedores. A elección realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e a elección deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
XXI) Certificación bancaria acreditativa do pagamento correspondente á mencionada factura. O certificado bancario indicará a factura que soporta. O pagamento terase que realizar obrigatoriamente mediante transferencia bancaria.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante. Cando as pretensións correspondan a unha pluralidade de persoas físicas, DNI/NIE de todas elas.
b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante, nomeada para os efectos da presentación da solicitude.
c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica.
d) NIF da entidade solicitante ou agrupación sen personalidade xurídica ou da comunidade de bens, segundo corresponda.
e) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Certificación de que cada persoa solicitante está ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.
h) Consulta de que cada persoa solicitante está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións obtida da Consellería de Facenda e Administración Pública (Atriga).
i) Informe acreditativo de que non ten cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte a outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello, no marco de la PPC, emitidos pola unidade administrativa correspondente da Consellería do Mar.
j) Consulta de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia), obtida a través do Rexistro Público Concursal.
k) Informe acreditativo de non ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte a outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello, no marco de la PPC, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, no caso de persoas físicas ou de pluralidade de persoas. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, certificado de carecer de antecedentes penais dos seus integrantes. Os certificados deberán ser obtidos a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, e deberán conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue o certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
m) Consulta no Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA.
n) Consulta de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non estea ou estivese involucrada nos últimos 24 meses na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea segundo dispón o artigo 40, punto 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, ou dalgún buque que estea ou estivese nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes, segundo se establece no artigo 33 do citado regulamento.
ñ) Autorización da Consellería do Mar, ou solicitude desta autorización, para a realización do investimento previsto, no caso de que esta sexa necesaria.
o) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
p) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Os consentimentos esténdense desde a data de solicitude e ata os 5 anos posteriores ao pagamento final, para verificar o cumprimento de non atoparse en ningún dos supostos establecidos no punto 1, letras a), b), e no punto 3 do artigo 11 do RFEMPA.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto legislativo 1/1999, de 7 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de régimen financiero y presupuestario de Galicia (DOG nº 214 del 5 de noviembre de 1999).
-
Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 121 del 25 de junio de 2007).
-
Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 20 del 29 de enero de 2009).
-
Corrección de errores.-Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 61 del 30 de marzo de 2009).
-
Ley 1/2016, de 18 de enero, de transparencia y buen gobierno (DOG nº 30 del 15 de febrero de 2016).
-
Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e se convocan para o ano 2026 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e se convocan para o ano 2026 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2026).
-
-
Ámbito Europeo
-
Reglamento (UE) 2021/1060, del Parlamento Europeo y del Consejo, por el se establecen las disposiciones comunes relativas al Fondo Europeo de Desarrollo Regional, al Fondo Social Europeo Plus, al fondo de Cohesión, al fondo de transición Justa y al Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura, así como las normas financieras para dichos fondos y para el Fondo de Asoilo, Migración e Integración, el fondo de Seguridad Interior el Instrumento de Apoyo Financiero a la gestión de Fronteras y la Política de Visados (DOUE nº 231, de 30 de junio de 2021)
-
Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004.
-
Outros procedementos relacionados
Axudas para investimentos que melloren as condicións laborais e de seguridade a bordo
Prazo aberto: 22/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59
Axudas destinadas a aumentar a eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático e/ou reducción das emisións de CO2
Prazo aberto: 22/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59
Axudas para investimentos que aumenten o valor engadido, a economía circular e a seguridade alimentaria
Prazo aberto: 22/01/2026 00:00 - 23/02/2026 23:59
Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas.
Prazo aberto: 17/01/2026 00:00 - 16/02/2026 23:59