Guía de procedementos e servizos

MT982C

Autorización de utilización de códigos 99 para residuos a eliminar en vertedoiro.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

O obxecto desta orde é o establecemento dunha normativa técnica adecuada para as actividades de eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiros, desenvolvendo o disposto no Real decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.

Os vertedoiros clasificaranse nalgunha das categorías seguintes:

a) Vertedoiro para residuos inertes.

b) Vertedoiro para residuos non perigosos: inclúense dentro desta categoría os vertedoiros de residuos municipais e os de construción e demolición.

c) Vertedoiro para residuos perigosos.

Neste procedemento regulase os criterios de aplicación da codificación da Orde MAM/304/2002 para residuos destinados a vertedoiro.

Como regra xeral utilizaranse unicamente os códigos 19 para os residuos destinados a vertedoiro. Aos residuos valorizables procedentes das saídas das plantas de valorización asignaráselles o código determinado pola fonte que produciu o residuo orixinal tratado, codificándose unicamente co código 19 os rexeitamentos do proceso non recuperables.

A utilización de códigos 99 para os residuos destinados á vertedura, terá carácter excepcional para os seguintes supostos:

-Residuos mesturados procedentes de proceso e que non teñan previsto un código mestura na Orde MAM/304/2002.

-Residuos sen código asignado na citada orde.

-Residuos, procedentes do produtor, que conteñan elementos que os fagan non valorizables.

Na resolución de autorización determinarase:

-O produtor e o proceso produtivo que orixina o residuo.

-Código LER e descrición do residuo.

-O tempo máximo da autorización. Para determinar este prazo terase en conta o solicitado polo interesado; en ningún caso o prazo outorgado superará os 12 meses.

Tendo en conta o carácter excepcional da concesión, non se incluirán na inscrición que a empresa xestora posúa no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, sen prexuízo de establecer un sistema de control que permita reforzar información das circunstancias desta autorización.

En todo caso, a denegación será motivada e comunicada ao interesado.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541703

Fax: 981957375

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do DNI, NIE ou NIF da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Memoria xustificativa co contido do artigo 14 da Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Acreditación da representación con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no rexistro mercantil (só persoas xurídicas).

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

    • Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 168 do 27 de agosto de 2009).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MT404C

Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro, consideración como IBE

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT967C

Notificación previa del traslado de residuos peligrosos.

Aberto todo o ano

MT970A

Inscrición no rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría medio ambiental.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT975B

Autorización para o tratamento de residuos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano