Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT404C
Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro, consideración como IBE
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Regular o proceso de outorgamento e modificación da autorización de emisións de gases de efecto invernadoiro, a modificación dos plans de seguimento das emisións e a consideración como instalación de baixas emisións.
Están comprendidas no ámbito de aplicación deste procedemento todas as instalacións que, operando no espazo territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan algunha das actividades incluídas no anexo I da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.
Deberán solicitar a autorización de emisións de gases de efecto invernadoiro os titulares das instalacións afectadas polo ámbito de aplicación da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro. No caso de cumprir coas condicións establecidas na normativa poderán solicitar a condición de instalación de baixas emisións presentando un informe xustificativo.
Así mesmo, os titulares das instalación afectadas deberán informar sobre calquera proxecto de cambio no carácter, o funcionamento, o tamaño da instalación, ou daqueles que supoñan ampliación ou redución significativa da súa capacidade, así como de todo cambio que afecte a identidade, o domicilio do titular e presentar as actualizacións do plan de seguimento para a súa revisión.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
Subdirección Xeral de Cambio Climático e de Ordenación do Litoral
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999656/ 881999658
Fax: 981541706
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.
Outorgamento da autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro.
Proposta do plan de seguimento que cumpra os requisitos esixidos pola normativa comunitaria, e nacional vixentes en cada momento que inclúa:
Identificación e domicilio da instalación.
Descrición da instalación para a que se solicita autorización, así como das súas actividades, incluíndo a tecnoloxía utilizada.
As materias primas e auxiliares empregadas cuxo uso poida producir emisións de gases incluídos no anexo I da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime de comercio de dereitos de emisión.
As fontes de emisión de gases enumerados no anexo I da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime de comercio de dereitos de emisión, existentes na instalación.
Comprobantes do cumprimento dos límites de incerteza definidos no artigo 12.1.a do Regulamento (UE) n ° 601/2012 da Comisión, do 21 de xuño de 2012 , sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro (período 2013-2020).
Comprobantes do cumprimento dos límites de incerteza definidos no artigo 12.1.a do Regulamento de Execución (UE) 2018/2066 da Comisión do 19 de decembro de 2018 sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro (período 2021-2030).
Resultados dunha avaliación de risco que demostren que as actividades de control e os procedementos correspondentes propostos son proporcionais aos riscos inherentes e aos riscos para o control identificados.
Modificación da autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro
Comunicación de cambios no carácter, o funcionamento, o tamaño da instalación, ou daqueles que supoñan ampliación ou redución significativa da súa capacidade, así como de todo cambio que afecte á identidade ou ao domicilio do titular.
Modificación do plan de seguimento das emisións de gases de efecto invernadoiro
Nova versión do plan de seguimento que inclúa os cambios propostos.
Consideración como instalación de baixas emisións
Informe acreditativo do cumprimento dalgunha das condicións establecidas no artigo 47.2 do Regulamento (UE) n ° 601/2012 da Comisión, do 21 de xuño de 2012 , sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro (período 2013-2020).
Informe acreditativo do cumprimento dalgunha das condicións establecidas no artigo 47.2 do Regulamento de Execución (UE) 2018/2066 da Comisión do 19 de decembro de 2018 sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro (período 2021-2030).
Acreditación da titularidade da instalación aos efectos da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime de comercio de dereitos de emisión.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante
DNI/NIE da persoa representante
NIF da entidade representante
- Inicio
- Documento de solicitude
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 84 do 4 de maio de 2020).
-
Corrección de erros. Orde do 27 de abril de 2020 pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 88 do 8 de maio de 2020).
-
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
-
Orde do 3 de novembro de 2010 pola que se regula o outorgamento da autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro, a consideración como instalación de baixas emisións e a solicitude de exclusión de instalacións de pequeno tamaño para o período 2013-2020 (DOG nº 216 do 10 de novembro de 2010).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime do comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro. (BOE nº 59 do 10 de marzo de 2005).
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) nº 601/2012 da Comisión, do 21 de xuño de 2012, sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro en aplicación da Directiva 2003/87/CE do Parlamento Europeo e do Consello (DOUE nº 181 do 12 de xuño de 2012).
-
Regulamento de Execución (UE) 2018/2066 da Comisión, do 19 de decembro de 2018, sobre o seguimento e a notificación das emisións de gases de efecto invernadoiro en aplicación da Directiva 2003/87/CE do Parlamento Europeo e do Consello e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 601/2012 da Comisión (DOUE nº 334 do 31 de decembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición ou modificación no Rexistro de Cartografía de Galicia.
Aberto todo o ano
Concesión do distintivo "Bandeira Verde de Galicia".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 30/05/2025 23:59
Notificación previa del traslado de residuos peligrosos.
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría medio ambiental.
Aberto todo o ano