Guía de procedementos e servizos

MT970A

Inscrición no rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría medio ambiental.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Decreto polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma Galega dun sistema voluntario de xestión e Auditoría Ambiental ten por obxecto o desenvolvemento dun marco normativo para a implantación en Galicia do sistema voluntario de xestión e auditoría medioambiental establecido polo Regulamento (CEE) nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Çonsejo do 25 de novembro de 2009 , co fin de promover a mellora continua en materia de medio ambiente, das actividades industriais a través dos mecanismos establecidos nel.

A competencia para tramitar as solicitudes corresponde á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Crea un Rexistro de centros adheridos ao sistema e regula o procedemento de incorporación ao mesmo. No rexistro deben figurar datos relativos á identificación da empresa. Igualmente establece o réxime de inscrición, cancelación e supervisión. Á solicitude tense que acompañar a declaración medioambiental validada por un verificador medioambiental.

Empresas.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

San Lázaro, s/n

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541720

Fax: 981541048

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 5 de xullo de 2016.

Que realicen actividades industriais recollidas nas seccións C, D da clasificación de actividades económicas na CE (NACE Rev. 1), recollida no Regulamento (CEE) núm. 3037/90 do Consello, e mailas que operen na produción de electricidade, gas, vapor e auga quente, e o reciclado, tratamento, destrución ou eliminación de residuos sólidos ou líquidos.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Anexo VI do Regulamento EMAS (información precisa para o rexistro).

  • Anexo VII do Regulamento EMAS (declaración do verificador).

  • Declaración ambiental validada pola empresa auditora.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

    • Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (DOG nº 126 do 2 de xullo de 1999).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (CE) nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Çonsejo do 25 de novembro de 2009 relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).

Outros procedementos relacionados

MT404C

Autorización de emisión de gases de efecto invernadoiro, consideración como IBE

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT967C

Notificación previa del traslado de residuos peligrosos.

Aberto todo o ano

MT971A

Concesión de etiqueta ecolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT975B

Autorización para o tratamento de residuos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano