Guía de procedementos e servizos

MT814B

Axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, nos Parques Naturais e nas Reservas da Biosfera de Galicia, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 12/02/2026 00:00 - 11/03/2026 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

A concesión de axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural da Rede Natura 2000, dos Parques Naturais e das Reservas da Biosfera de Galicia

Inclúense dúas liñas diferenciadas:

1. Liña 1. Destinada á execución de actuacións en reservas da biosfera de Galicia. Poderán ser beneficiarias das axudas para esta liña:

a) As administracións públicas que sexan órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia e que desenvolvan a actuación en zonas rurais situadas en calquera das reservas, dentro do ámbito territorial da comunidade autónoma galega.

b) As entidades asociativas que sexan órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia, e que desenvolvan a actuación en zonas rurais situadas en calquera das reservas, dentro do ámbito territorial da comunidade autónoma galega.

2. Liña 2. Destinada á execución de actuacións na Rede Natura 2000 e nos parques naturais de Galicia. Poderán ser beneficiarias das axudas para esta liña:

a) Os concellos e as entidades locais menores incluídas total ou parcialmente nalgún dos parques naturais ou na Rede Natura 2000, que leven a cabo actuacións nestes espazos protexidos ou en zonas limítrofes fóra destes, pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente nun parque natural ou na Rede Natura 2000.

b) As asociacións ambientais sen ánimo de lucro, incluídas aquelas que teñan asinadas acordos de custodia do territorio con persoas físicas ou xurídicas, e as comunidades de montes veciñais en man común, que leven a cabo actuacións nos seguintes espazos:

1º. En terreos incluídos nun parque natural;

2º. Na Rede Natura 2000 ou en zonas limítrofes fóra desta, pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura 2000.

c) As persoas físicas que leven a cabo actuacións nos seguintes espazos:

1º. En terreos incluídos nun parque natural;

2º. Na Rede Natura 2000 ou en zonas limítrofes fóra desta, pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente na Rede Natura 2000.

d) As empresas que teñan o seu domicilio fiscal nalgún dos municipios galegos nos cales se sitúe un parque natural, constituídas con anterioridade á publicación da convocatoria de axudas, que leven a cabo actuacións no parque ou en zonas limítrofes fóra deste, pero localizadas en parroquias incluídas parcialmente no parque natural. Priorizaranse aquelas con domicilio fiscal dentro do parque natural e que sexan propietarias ou arrendatarias das terras para as cales se solicita a axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Espazos Naturais

San Lázaro s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547217

Email: axudasespazosnaturais.medioambiente@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Mª Victoria Moreno, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097/ 986805469

Fax: 986805436

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

R/ Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386569

Fax: 988386420

Email: servizo.conservacion.natureza.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184838

Fax: 981184836

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393/ 982294989

Fax: 982294539

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

12/02/2026 00:00 - 11/03/2026 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas á Subdirección Xeral de Espazos Naturais da DXPN da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

1. As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

b) Posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar e non estar inhabilitadas para a obtención de subvención ou axuda pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou outros entes públicos.

c) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) No caso das empresas, non ter a consideración de empresas en crise, segundo a definición establecida nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, atoparse en proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario, ser declarada insolvente en calquera procedemento ou acharse declarada en concurso.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

De acordo co artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ao abeiro deste procedemento establécese a obriga tamén para as persoas físicas de relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, dado que as actuacións elixibles nesta convocatoria implican unha capacidade técnica suficiente por parte do promotor delas.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas á Subdirección Xeral de Espazos Naturais da DXPN da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Para estes efectos, entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Documentación complementaria

1. As persoas ou as entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude, por calquera dos medios sinalados no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 32 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e de funcionamento do sector público por medios electrónicos.

b) Memoria técnica das actuacións xustificativa das accións de acordo co establecido no anexo III e asinada por persoal técnico competente, que deberá conter, como mínimo:

1º. Descrición de traballos ou de actividades indicando o espazo en que se vai traballar.

2º. Superficie de actuación e os obxectivos ambientais aos cales contribuirá a actuación.

3º. Planos de localización e de detalle.

4º. Orzamento detallado e co IVE desagregado.

5º. Calendario e prazo aproximado de execución.

6º. Relación das autorizacións e permisos necesarios para levar a cabo a actuación.

c) Arquivo SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.

d) Autorizacións ou permisos necesarios para levar a cabo a actuación ou, cando menos, a súa solicitude. No caso de ser precisa unha autorización do órgano de conca da demarcación hidrográfica correspondente, autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ou autorización do organismo competente en dominio público marítimo-terrestre, a persoa ou entidade solicitante deberá contar con ela no momento da solicitude da axuda. O feito de non contar coas citadas autorizacións no caso de que sexan de aplicación, sería motivo suficiente para a exclusión do expediente.

2. Deberán presentar, ademais, a seguinte documentación segundo lle sexa de aplicación:

a) No caso de prever actuacións sobre bens inmobles ou terreos de titularidade da persoa solicitante, título de propiedade. Os concellos poderán presentar unha certificación expedida pola persoa titular da secretaría do Concello relativa á titularidade municipal do ben.

b) No caso de que a persoa solicitante non sexa titular da propiedade onde se teñan previsto executar as actuacións, unha certificación da persoa titular ou os titulares da súa dispoñibilidade e, no seu defecto, unha declaración responsable de conformidade e dispoñibilidade dos terreos (anexo VII). No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todas elas e a representación da persoa solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

c) No caso de persoas arrendadoras, documento que acredite esa condición.

d) No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse, como mínimo, ademais dos datos indicados no anexo III, a seguinte documentación:

1º. Orzamento completo do proxecto de obra, que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto. O custo horario da man de obra calcularase con base no custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras coas cales vai executar a obra.

Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa correspondente imputación dos custos da súa amortización.

2º. Informe elaborado polo/a técnico/a redactor/a do proxecto no cal se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipo...), diferenciando se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:

i. Cando a man de obra participe en todo o proxecto, deberase achegar un documento do proxecto denominado «Xustificación de prezos» no cal se totalice o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e unidades de material empregadas.

ii. Cando a achega en especie se produza en unidades de obra concretas, o persoal técnico redactor terá que especificar en cada unha das unidades o número de horas da achega e as unidades de material empregadas.

e) No caso de actuacións que non teñan natureza de investimento como as campañas de concienciación ambiental, as actividades de información e/ou de sensibilización para a conservación do patrimonio natural, a declaración responsable (anexo VIII) recollida no artigo 6.3 destas bases que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.

f) Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase acreditar a moderación de custos de acordo co establecido no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro.

Para iso deberán presentar tres ofertas de provedores ou provedoras diferentes e orzar a execución daquelas unidades de obra que se prevexa executar mediante contratación. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

1º. Os prezos das unidades deben axustarse ao valor de mercado.

2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou a razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e de instalacións, a relación pormenorizada, cuantificada e desagregada das unidades de obra, que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o seu modelo, así como as características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

3º. Deberán incluír os mesmos conceptos para ser comparables entre elas desde un punto de vista técnico-económico.

4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou a subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

5º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

6º. Deberán presentarse debidamente seladas e/ou asinadas pola empresa ou representante da empresa ofertante.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características, non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun/dunha taxador/a, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

g) No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional como hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, alvarizas, muíños, etc. deberá achegarse un informe favorable/autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no cal se acredite que non se trata dun ben de interese cultural ou catalogado.

h) No caso de concellos, a certificación expedida pola persoa titular de secretaría relativa á resolución adoptada polo órgano local competente na cal dispón solicitar a subvención regulada nestas bases e da dispoñibilidade dos terreos.

i) No caso de titulares de explotación integrada en produción ecolóxica, certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).

j) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da Asemblea Xeral conforme se autoriza á Xunta Reitora para solicitar axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, e figurará a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados, e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da devandita lei.

k) No caso de entidades ou asociacións ambientais e de custodia do territorio, o acordo da Xunta de Goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

l) No caso de empresas ou autónomos:

1º. Certificado do Concello conforme realiza a súa actividade no parque natural correspondente, no caso de non estar de alta no IAE.

2º. Acreditación de posuír a sede social nalgún municipio do parque natural correspondente.

3º. Acreditación de ser propietarios/as ou arrendatarios/as das terras para as cales se solicita a axuda.

4º. Plan de Igualdade aprobado (depositado no Rexistro e Depósito de Convenios Colectivos, Acordos Colectivos de Traballo e Plans de Igualdade, Regcon).

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola interesada ante calquera Administración. Neste caso, a interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán demandados de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante a consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da interesada. De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente a súa achega.

4. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. As persoas e as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Datos de residencia coa data da última variación no padrón.

f) Certificación da titularidade do inmoble ou parcela.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

i) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

j) Consulta de concesións ampliado.

k) Consulta de axudas do Estado.

l) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

m) Imposto de actividades económicas (IAE).

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle son de aplicación as seguintes circunstancias que acredita o documento correspondente:

a) No caso das comunidades de montes, o certificado da persoa secretaria da entidade que acredite a posesión dos estatutos en regra, figurando a composición da xunta reitora actualizada.

b) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, a inscrición no Rexistro de Asociacións.

c) No caso de explotacións agrícolas, a súa inscrición no Reaga.

d) No caso de explotacións gandeiras, a súa inscrición no Rega.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022

    • Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da Política Agrícola Común e outras materias conexas (BOE nº 308 do 24 de decembro de 2022)

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 28 do 11 de febreiro de 2026).

    • Extracto da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, á recuperación e á rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nas reservas da biosfera de Galicia, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 28 do 11 de febreiro de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113B

Autorización para cortas en zona de servidume de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano