Guía de procedementos e servizos

MT807A

Inscrición nas probas para obter a primeira licenza de caza.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Solicitar a inscrición nas probas para obter o certificado necesario para a expedición da primeira licenza de caza.

Cidadanía.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182299/ 981185905

Fax: 881881320

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294514/ 982294538

Fax: 982294539

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

Rúa do Paseo, nº 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386852/ 988386377

Fax: 988386420

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805459/ 986805253

Fax: 886206610

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Para realizar o exame será necesario inscribirse previamente mediante solicitude (Anexo II), cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data da realización do exame.

Para poder presentarse ás probas do exame do cazador é necesario ter cumprido os 16 anos.

As probas realizaranse:

  • Os primeiros luns dos meses de febreiro, abril, xuño e setembro nos departamentos territoriais da consellería competente en materia de caza de A Coruña e Ourense.

  • Os primeiros luns dos meses de marzo, maio, outubro e decembro nos departamentos territoriais da consellería competente en materia de caza de Lugo e Pontevedra.

Si coinciden en días inhábiles, realizaranse as probas o primeiro día hábil seguinte.

Así mesmo, as probas realizaranse nos lugares e hora sinalados polos correspondentes servizos provinciais de Patrimonio Natural dos departamentos territoriais da consellería competente en materia de caza.

  • Inscrición para a realización do exame de cazador e maila expedición do certificado, de ser o caso ( 30.15.04)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar de xeito presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

As persoas interesadas na realización das probas, deberán presentar a solicitude ( Anexo II)  xunto con:

  • Copia do DNI ou NIE do solicitante, só no caso de opoñerse a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa representante, só no caso de opoñerse a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

  • Xustificante de pagamento da taxa (Código 30.15.04) agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice a través da sede electrónica.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, cando algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

    • Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2001).

    • Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 4 do 8 de xaneiro de 2014).

    • Corrección de erros. Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (DOG nº 37 do 24 de febreiro de 2014).

    • Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 111 do 11 de xuño de 2007).

    • Orde do 1 de abril de 2025 pola que se modifica a Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame de cazador na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 78 do 24 de abril de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano