Guía de procedementos e servizos

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede é un particular ou representante dunha persoa xurídica que desexa realizar algunha obra ou instalación na zona de dominio público hidráulico (leito do río), ou na chamada zona de policía (100 metros de largo medidos horizontalmente a partir do leito), debe solicitar da Xunta de Galicia a correspondente autorización.

A autorización está suxeita ó pagamento dun canon de ocupación.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Norte

Rúa Vicente Ferrer, nº 2 - 9ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182531/ 981182536

Fax: 981182532

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Centro

Rúa Tomiño, nº 16 baixo

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544726/ 981543959

Fax: 981545347

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Zona Hidrográfica de Galicia Sur

Rúa López de Neira, nº 3 - 4ª planta, local 403

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817159

Fax: 986817155

Augas de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Construcción en zonas de policía. ( 31.30.04)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Proxecto (no que se incluirá a memoria explicativa das obras ou traballos: planos de situación, de planta das obras ou traballos, perfís transversais indicando as distancias aos leitos).

  • Estudo sobre a avaliación dos efectos sobre o medio ambiente, a salubridade e os recursos pesqueiros (nos supostos de alteracións sensibles do relevo natural do terreo).

  • Xustificante do aboamento da Taxa administrativa (código da taxa: 31.30.04).

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321D. Recurso en materia de augas"

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de Augas (BOE nº 103 do 30 de abril de 1986).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 2001).

    • Corrección de erros do texto refundido da Lei de Augas, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 287, do 30 de novembro de 2001).

    • Real Decreto-Lei 4/2007, do 13 de abril, polo que se modifica o texto refundido da Lei de Augas, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo (BOE nº 90, do 14 de abril de 2007).

    • Real Decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os Plans Hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das Concas Mediterráneas Andaluzas, do Guadalete e Barbate e do Tinto, Odiel e Pedras (BOE nº 19, do 22 de xaneiro de 2016).

Outros procedementos relacionados

AU113B

Autorización para cortas en zona de servidume de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano