Guía de procedementos e servizos

IF321D

Recurso en materia de augas.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A presente orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos, en materia de infraestruturas, mobilidade e augas.

Os devanditos procedementos habilitaranse na Guía de procedementos e servizos dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia co seguinte código.

IF321D. Recurso en materia de augas (anexo IV).

As persoas físicas que así o desexen, pero tamén como unha obriga para as persoas xurídicas e outros colectivos segundo o establecido no seu artigo 12. Colectivo que o artigo 10 da Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, amplía aos traballadores autónomos e aos seus representantes.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544321/981544309

Email: sxreximexuridico.cim@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

De Camilo Díaz Baliño

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Email: augasdegalicia@xunta.gal

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Forma de presentación

Os recurso (IF321D)  presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, os titulares ou solicitantes das autorizacións e habilitacións reguladas na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, os traballadores autónomos para os trámites e actividades que realicen non exercicio da súa actividade profesional e as persoas representantes dunha das anteriores.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende mediante a súa presentación por medios electrónicos. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou recurso aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación de documentación relativa aos procedementos que regula esta orde poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes, as declaracións responsables e os recursos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora destes procedementos, antes descritos, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos

No procedemento IF321D Recurso en materia de augas, as persoas interesadas deberán achegar xunto co formulario contido no anexo  IV, a seguinte documentación:

a) Texto do recurso.

b) Acreditación da representación da persoa comparecente, de ser o caso, por algún dos seguintes medios:

1º. Poder notarial de representación. No suposto de suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración, o poder notarial deberá constar en documento electrónico ou en caso de carecer del, achegar recibo de presentación de poder notarial en soporte papel para a súa dixitalización nunha Oficina de atención á cidadanía e rexistro.

2º. Xustificante da presentación na Oficina de atención á cidadanía e rexistro do poder de representación para a súa dixitalización e presentación.

3º. Poder apud acta ou acreditación da súa inscrición no rexistro electrónico de apoderamentos da Administración pública competente.

c) Documento/s que acredite/n a lexitimación da persoa solicitante cando a posúa porque lla transmitiu outra por herdanza ou por calquera outro título.

d) Xustificante da presentación na Oficina de atención á cidadanía e rexistro doutra documentación cuxa presentación en sede electrónica non sexa posible (por exemplo: discos diagrama en formato papel).

e) Outra documentación que se considere conveniente.

 

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica das solicitudes, recursos e comunicacións. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da reclamación, recurso, solicitude ou comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos documentos elaborados polas administracións públicas, especialmente os documentos identificativos (DNI/NIE para persoas físicas e NIF para persoas xurídicas), tanto da persoa solicitante, recorrente ou declarante como das representantes.

2 No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

Trámites administrativos posteriores á presentación de reclamacións, recursos, solicitudes, declaracións responsables e comunicacións

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelle ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Despois de presentar

Prazo de resolución:

O prazo para resolver os recursos (IF321B, IF321C e IF321D) de alzada e revisión é de tres meses e o prazo para resolver o recurso de reposición é de un mes. Transcorridos estes prazos sen que se notificase a súa resolución, a persoa interesada poderá considerar desestimado o recurso para os efectos de formular un recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo do disposto no artigo 24.1 in fine da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas respecto dos efectos do dobre silencio no recurso de alzada, segundo os casos.

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

    • Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (BOE nº 236, de 2 de outubro de 2015).

    • Lei 9/2010, de 4 de novembro, de augas de Galicia (BOE nº 292 do 3 de decembro de 2010).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 2001).

    • Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de Augas (BOE nº 103 do 30 de abril de 1986).

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 8 de xaneiro de 2020 pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán en determinados procedementos en materia de mobilidade, infraestruturas e augas (DOG nº 32 do 17 de xaneiro de 2020).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano