Guía de procedementos e servizos

MT804C

Axudas para a conservación, protección e mellora das arbores e formacións incluídas no catálogo galego de árbores senlleiras.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2026 - Prazo aberto: 02/12/2025 00:00 - 02/01/2026 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

A concesión das axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo.

1. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.

2. Só se admitirá unha única solicitude por persoa solicitante. Cando unha mesma persoa solicitante sexa propietaria de máis dunha árbore e/ou formación senlleira, deberá presentar unha única solicitude que abranguerá todas as árbores e/ou formacións para as que se solicita a axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas

Servizo de Conservación da Biodiversidade

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547213/ 981547211/ 981957893

Email: biodiversidade.medioambiente@xunta.gal

https://medioambiente.xunta.gal/seccion-tema/c/CMAOT_Conservacion?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=axudas.html&sub=Arbores_senlleiras/

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra

Servizo de Patrimonio Natural de Pontevedra

R/ Mª Victoria Moreno, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805097/ 986805469

Fax: 986805436

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184539

Fax: 881881320

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

R/ Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386511

Fax: 988386929

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393

Fax: 982294539

Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

02/12/2025 00:00 - 02/01/2026 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde.

1. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica que teñan sancións firmes en vía administrativa pendentes de pagamento por infraccións tipificadas na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que se corresponde co anexo I.

A presentación electrónica será obrigatoria para:

  •  As persoas xurídicas

  •  As entidades sen personalidade xurídica

  •  As persoas representantes dunha das anteriores.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. 

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

4. A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (código de procedemento MT804C), inclúe as seguintes declaracións da persoa ou entidade solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración de que todos os datos incluídos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

d) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

e) Declaración de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Declaración de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía administrativa pendentes de pagamento por infraccións tipificadas na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

5. A solicitude para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda e Administración Pública, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na alínea d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria:

a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera dos medios sinalados no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 32 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos.

b) Acreditación da titularidade dos predios ou certificación da persoa ou entidade titular para a súa dispoñibilidade.

No suposto de que a árbore e/ou formación obxecto da actividade sexa propiedade de varias persoas ou entidades copropietarias, deberase presentar, segundo corresponda:

i) Acreditación da titularidade de cada persoa ou entidade propietaria.

ii) Documento que acredite o consentimento de todas as persoas ou entidades propietarias.

iii) Representación da persoa ou entidade solicitante para realizar a actividade obxecto da subvención, de acordo co previsto na alínea a) deste artigo.

c) Memoria explicativa das actividades que se pretenden realizar e para as cales se solicita a axuda, coa correspondente previsión de gastos e unha descrición das actividades proxectadas, segundo o anexo II desta orde.

d) Memoria ou proxecto asinado por persoal técnico cualificado para as actuacións subvencionables descritas no artigo 2, nas alíneas a), b) e c).

e) Factura pro forma ou oferta económica correspondentes á previsión de gastos das actividades que se pretenden realizar.

f) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza a xunta reitora para solicitar estas axudas.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

f) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Non ter sancións firmes en vía administrativa pendentes de pagamento por infraccións tipificadas na Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia de Galicia.

h) Concesións de subvencións e axudas.

i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) No caso de comunidades de montes veciñais en man común, certificado da Sección Territorial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común de posuír os estatutos en regra, en que figure a composición da xunta reitora actualizada consonte os parámetros establecidos pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da antedita lei.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 (DOG nº 232 do 01 de decembro de 2025).

    • Extracto da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2026 (DOG nº 232 do 01 de decembro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano