Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR709A
Premios ao desenvolvemento rural de Galicia
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
A concesión dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.
O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Poderán presentar iniciativas aos premios ao desenvolvemento rural de Galicia as persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan titulares das iniciativas que presenten.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Secretaría Xeral de AGADER
Lugar da Barcia, 56 - Laraño
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545858
Fax: 881997260
Email: secretaria.xeral.agader@xunta.gal
http://agader.xunta.gal/gl/linas-de-axuda
Cita previa no teléfono 981545858
Prazo de presentación: ABERTO
17/06/2026 00:00 - 16/07/2026 23:59
O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (a partir de agora, LPACAP), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Iniciativas que poden ser premiadas
1. Os premios ao desenvolvemento rural de Galicia están dirixidos ás iniciativas que contribúan de maneira singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria e non en fase de deseño ou execución.
2. Exclúense destes premios as iniciativas:
a) Promovidas e/ou presentadas por entidades que obtivesen algún premio nalgunha das anteriores edicións dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia, dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
b) Que se desenvolvan nos sectores da pesca e a acuicultura.
c) Que estean relacionadas coa exportación a terceiros países ou a Estados membros.
d) Que fosen presentadas por entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I) https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas, o estudantado universitario, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas.
De conformidade co artigo 68.4 da LPACAP, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
As persoas interesadas deben achegar a solicitude (anexo I) cos datos da persoa solicitante, así como a descrición da iniciativa, cun máximo de 3.000 caracteres, que poña de manifesto os aspectos máis relevantes, valiosos ou atractivos, tanto desde un punto de vista cuantitativo como cualitativo. Cubriranse as epígrafes do anexo, de xeito que permita unha valoración obxectiva da candidatura.
Ademais, presentarán a seguinte documentación:
a) Se a persoa que presenta a candidatura é unha persoa xurídica, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade documento que acredite a constitución da entidade: certificado expedido polo Rexistro Mercantil ou outros rexistros públicos que correspondan en función da personalidade xurídica de que se trate. De non achegar o devandito certificado, deberán presentar unha copia das correspondentes escrituras de constitución debidamente rexistradas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.
Se a persoa que presenta a candidatura é un empresario/a individual, documentación que xustifique a afiliación ao réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social.
b) Anexo II (en caso de autorizar a representación), asinado pola persoa solicitante e pola designada como representante para a realizar os trámites do procedemento de solicitude.
c) Calquera outra documentación que a persoa/entidade promotora da iniciativa considere interesante, tal como publicacións, fotografías, outros documentos gráficos e, en xeral, calquera outra que contribúa a fortalecer a iniciativa que se presenta (máximo 5 follas por ambos os lados).
De conformidade co artigo 28.3 da LPACAP, non será necesario presentar os documentos que a persoa interesada xa presentase anteriormente ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se presenten documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato que non admite a sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante, ou elaborados polas administracións públicas, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
h) Alta no imposto de actividades económicas.
i) Inhabilitacións para poder obter subvencións e axudas.
j) Consulta de subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo ao Carpeta cidadá da persoa interesada. As persoas interesadas que non estean obrigadas a presentar de forma electrónica as solicitudes tamén poderán realizar trámites de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 2 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo sétima edición (DOG nº 111 do 16 de xuño de 2026).
-
Extracto do 5 de xuño de 2026 da Resolución do 2 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios ao desenvolvemento rural de Galicia e se convoca a décimo sétima edición (DOG nº 111 do 16 de xuño de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano