Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR605C
Silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Procedemento para a solicitude de concesión de axudas para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, en réxime de concorrencia competitiva, e se convocan para o ano 2026.
Nas citadas axúdas inclúense as seguintes intervencións contidas no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC) e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader):
a) Intervención 6883-Investimentos forestais produtivos.
• Subintervención 6883_02-Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de silvicultura produtiva de coníferas (liña I).
b) Intervención 6881.4-Investimentos forestais non produtivos en actuacións silvícolas con obxectivos ambientais.
• Subintervención 68814_05-Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos, que financia actuacións non produtivas de silvicultura de frondosas (liña II).
• Subintervención 68814_06-Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos + uso público, que financia actuacións de rehabilitación de soutos de castiñeiros (liña III).
Na liña I (Subintervención 6883_02-Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de silvicultura produtiva de coníferas) poderán ser persoas beneficiarias as agrupación forestais de xestión conxunta AFXC) que estean inscritas no correspondente rexistro antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes de axuda, así como aquelas que teñan presentada a solicitude de inscrición dentro dese mesmo prazo. Neste segundo caso, deberán figurar inscritas no devandito rexistro antes do pagamento da axuda.
Así mesmo, na liña I tamén poderán ser persoas beneficiarias :
As persoas silvicultoras activas que estean inscritas no correspondente rexistro de silvicultor/a activo/a antes de que finalice o prazo de presentación das solicitudes de axuda, así como aquelas que teñan presentada a solicitude de inscrición dentro dese mesmo prazo. Neste segundo caso, deberán figurar inscritas no devandito rexistro antes do pagamento da axuda correspondente á execución das actuacións do módulo de silvicultura produtiva de coníferas.
Na liña II (Subintervención 68814_05-Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos, que financia actuacións non produtivas de silvicultura de frondosas) e na liña III (Silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos, que financia actuacións de rehabilitación de soutos de castiñeiros) serán persoas beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Email: montes.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Rúa Villaamil e Castro, s/n
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. de María Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
12/01/2026 00:00 - 20/02/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
1. Non terán a condición de persoas beneficiarias as peticións individuais nos seguintes casos:
a) As solicitudes como persoa física correspondentes ás superficies incluídas dentro do perímetro dun monte de varas, abertal, de voces, de vocerío ou de fabeo que figuren como tal no sistema rexistral forestal de Galicia.
b) As solicitudes como persoa física correspondentes ás superficies incluídas no perímetro de terreos que no seu día foron clasificados como montes veciñais en man común e que, mediante sentenza xudicial, perderon a súa condición de propiedade xermánica mantendo o seu carácter de propiedade colectiva pertencente aos veciños dun lugar.
c) As solicitudes presentadas por persoas físicas titulares de terreos que se atopen enclavados dentro do perímetro dunha agrupación forestal de xestión conxunta (AFXC) inscrita no correspondente rexistro, e que non formen parte dela.
2. Non poderán ser persoas beneficiarias as empresas en crise ou as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
3. As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4. As comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) para poder acceder a estas axudas deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
5. Os monte de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, de 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de monte de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
6. As agrupacións forestais de xestión conxunta (AFXC) deberán estar inscritas no correspondente rexistro, de acordo co establecido na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa. Non obstante, de acordo co previsto no artigo 3.1 desta orde, tamén poderán acollerse á presente liña aquelas agrupacións que teñan presentada a solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes de axuda. Neste segundo caso, deberán figurar inscritas no devandito rexistro antes do pagamento da axuda.
7. A persoa silvicultora activa deberá estar inscrita no correspondente rexistro, de acordo co establecido na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C). Non obstante, de acordo co previsto no artigo 3.1 desta orde, tamén poderán acollerse á presente liña aquelas persoas que teñan presentada a solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes de axuda. Neste segundo caso, deberán figurar inscritas no devandito rexistro antes do pagamento da axuda.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende afectación segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal (Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago, afectación ribeira de Augas de Galicia etc.). Estas afectacións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos
3. A persoa interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida ao Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde radique o terreo obxecto de actuación, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 14 desta orde xunto cos anexos que fosen necesarios.
4. Para cada liña de axuda soamente se poderá presentar unha solicitude por persoa titular, ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos e, de ser o caso, para cada liña.
5. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
6.A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación xeral:
a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación coa que actúa a persoa que asina a solicitude.
a.2) Acreditación da dispoñibilidade dos terreos onde se van realizar os investimentos por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito ou, de ser o caso, copia do contrato de arrendamento ou de xestión para o caso de titulares non propietarios do terreo.
Para as CMVMC, montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo e as agrupacións forestais de xestión conxunta (incluído as Sofor): mediante declaración responsable da persoa representante da entidade solicitante e de acordos cos datos que consten no correspondente rexistro administrativo. No caso das AFXC que aínda non estean inscritas pero teñan presentada a solicitude de inscrición dentro do prazo establecido, a acreditación realizarase con base nos datos que figuren na devandita solicitude de inscrición.
a.3) Unha memoria descritiva das actuacións, asinada dixitalmente por unha persoa titulada en enxeñaría de montes ou enxeñaría técnica forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, que conterá, como mínimo:
a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros e accesos.
b) Descrición inicial da situación dos terreos obxecto de axuda e final tras a realización das actuacións do módulo: tipo e estado vexetación inicial, especies existentes, densidade inicial, descrición e planificación dos traballos que se van realizar, densidade final tras tratamento etc.
c) Indicación segundo o visor http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos se existe algunha afectación, de que afectación se trata e localización das parcelas afectadas.
d) Nomeamento do técnico responsable dos tratamentos silvícolas.
e) Xustificación do/dos modelo/s silvícola/s que se vai/vaian aplicar as masas arbóreas entre os indicados nos artigos 5, 6 ou 7 e indicar módulo de concesión e xustificación segundo o anexo VII.
a.4) Cartografía: planos sobre mapas oficiais. A planimetría presentarase xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29 N, con referencia ao datum ETRS89 (EPSG 25829), e terá que ser achegada en soporte dixital e vectorial (segundo o establecido no anexo XI), no formato shape (arquivos, dbf, shp, shx e prj), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000, e preferentemente 1:5.000. Indicarase, claramente, o ano do Sixpac respecto do cal se toman os datos. No caso de instrumento de ordenación, indicarase a planificación dividida por cuarteis e unidades de ordenación e o modelo de adhesión e, de existiren, os cantóns e mouteiras de ordenación. Ademais, tamén se presentarán os planos en formato pdf.
a.5) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, de ser o caso.
a.6) Número de expediente dixital da autorización ou da declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada (procedementos MR604N e MR604R) no caso de que a persoa solicitante estea obrigada segundo o Decreto 73/2020, do 24 de abril, e o teña tramitado dentro do prazo de presentación da solicitude.
Se a tramitación se realiza con posterioridade ao remate do prazo de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta convocatoria, o número de expediente deberá ser facilitado tan pronto como se dispoña del ou cando así sexa requirido. Do mesmo xeito, calquera modificación posterior deberá ser comunicada ao órgano de xestión en canto se produza.
a.7) Código do instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no rexistro correspondente, de ser o caso.
a.8) No caso de que a/as parcela/s para a/as que se solicita axuda estea/n dada/s de alta no Rexistro da Propiedade, a persoa solicitante debe presentar copia da documentación acreditativa e para os únicos efectos de aplicar os criterios de baremación.
a.9) Para a liña I (Subintervención 6883_02-Investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de silvicultura produtiva de coníferas) o número de inscrición no rexistro de silvicultor/a activo/a ou pola contra a solicitude de recoñecemento como silvicultor/a activo/a segundo o establecido na Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C).
b) Documentación sobre acordos:
b.1) As comunidade de bens, asociacións sen ánimo de lucro e entidades sen personalidade xurídica presentarán o anexo II (acordo de toma de razón).
b.2) As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluído as Sofor) presentarán o anexo III (toma de razón dos compromisos e obrigas establecidas na orde).
b.3) As entidades con personalidade xurídica (S.L., S.A., Cooperativas, SAT etc.) presentarán o anexo IV (certificación do acordo de solicitude de subvención).
c) Certificados, autorizacións e informes:
c.1) As CMVMC: certificado do acordo que autoriza o/a presidente/a da CMVMC a presentar a solicite da axuda, tomado en asemblea xeral e asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.
c.2) Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo: acordo que autoriza a persoa representante da xunta xestora ou da asemblea de copropietarios do monte a presentar a solicite da axuda, tomado en asemblea de copropietarios ou pola xunta xestora.
c.3) Cooperativas agrarias ou sociedades agrarias de transformación (SAT): certificado do responsable do rexistro conforme se atopa inscrita.
c.4) Autorización/informe, do órgano administrativo competente, para executar os traballos das actuacións obxecto de solicitude de axuda nos terreos con zonas con afectacións distintas da forestal segundo a lexislación sectorial aplicable e segundo os datos do visor http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos. Na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente, documentos que deberán ser entregados durante a tramitación ou segundo o disposto no artigo 19.1.
Non obstante, non será necesario presentar os informes sectoriais da administración autonómica se a persoa solicitante está obrigada, segundo o Decreto 73/2020, a presentar unha autorización ou declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante (de ser o caso).
d) DNI/NIE da persoa cesionaria (de ser o caso).
e) NIF da entidade cesionaria (de ser o caso).
f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (de ser o caso).
g) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Seguridade Social a persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa cesionaria.
h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria a persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa cesionaria.
i) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa cesionaria.
j) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.
k) Consulta de concesións ampliado.
l) Expediente dixital da autorización ou declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
m) Expediente do Rexistro de Montes Ordenados ou instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
n) Consulta de axudas do Estado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, V e VI (de ser o caso), e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de posterior
- Solicitude de pagamento da subvención (Anexo V)
- Execución
- Comunicación da cesión dos dereitos de cobramento (anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 19 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026(DOG nº 05 do 09 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (DOG nº 05 do 09 de xaneiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano